DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 20 de agosto de 2026 Páx. 45432

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 28 de xullo de 2026 pola que se convocan, para o ano 2026, as axudas destinadas á creación e consolidación das organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros, con ámbito de actuación na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) (código de procedemento PE155D).

O Regulamento (UE) 1380/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2013, sobre a política pesqueira común (PPC), polo que se modifican os regulamentos (CE) nº 1954/2003 e (CE) nº 1224/2009 do Consello, e se derrogan os regulamentos (CE) nº 2371/2002 e (CE) nº 639/2004 do Consello e a Decisión 2004/585/CE do Consello, establece no seu artigo 35 a creación dunha organización común de mercados (OCM), de xeito que as actividades da produción pesqueira e acuícola, incluída a transformación e a comercialización, sexan economicamente viables e competitivas, e neste ámbito ás organizacións profesionais encoméndaselles un importante labor para acadar os obxectivos da política pesqueira común.

A organización común de mercados regúlase no Regulamento (UE) nº 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2013, polo que se establece a organización común de mercados no sector dos produtos da pesca e da acuicultura, se modifican os regulamentos (CE) nº 1184/2006 e (CE) nº 1224/2009 do Consello, e se derroga o Regulamento (CE) nº 104/2000 do Consello, que foi desenvolto parcialmente polo Regulamento de execución (UE) nº 1419/2013 da Comisión, do 17 de decembro, no relativo ao recoñecemento das organizacións de produtores e das organización interprofesionais, á aplicación extensiva das normas das organizacións de produtores e cas organizacións interprofesionais e á publicación dos prezos de activación, de acordo co Regulamento (UE) nº 1379/2013.

Dado este marco normativo europeo, as organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e da acuicultura recollidas na OCM establecéronse e reguláronse no plano interno español mediante o Real decreto 277/2016, do 24 de xuño, polo que se regulan as organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e da acuicultura, no que se especifica o seu funcionamento e as medidas que poden aplicar, modificado posteriormente polo Real decreto 664/2023, do 18 de xullo de 2023.

O Regulamento (UE) 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de xullo de 2021, polo que se establece o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura (FEMPA), dispón no seu artigo 26.1.b) o obxectivo específico de promover a comercialización, a calidade e o valor engadido dos produtos da pesca e da acuicultura, así como a transformación dos devanditos produtos, encadrado na prioridade número dous do FEMPA, Fomentar as actividades sustentables da acuicultura, así como a transformación e comercialización dos produtos da pesca e da acuicultura, contribuíndo así á seguridade alimentaria na Unión.

O Programa operativo para España do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura para o período de programación 2021-2027, aprobado pola Comisión Europea mediante a Decisión de execución do 29 de novembro de 2022, establece os instrumentos financeiros para a aplicación das medidas do FEMPA.

Dentro das múltiples cuestións reguladas, o fin último en relación coas organizacións profesionais de produtores pesqueiros (OPP) é fomentar actuacións para que sexan verdadeiros instrumentos de aplicación da política pesqueira común, cumprindo así o papel que lles dá a organización común de mercados da pesca e para o que hai fixado un cofinanciamento por parte dos fondos comunitarios do 70 %.

No caso particular do apoio á creación e consolidación das OPP, realizouse un exercicio de reflexión en canto a esta axuda para tratar de dirixila ao obxectivo para o cal foi concibida. Por isto, os fondos FEMPA para o período 2021-2027 decidiron reformular a anterior axuda «á creación de organizacións de produtores» do período FEMP 2014-2020, procurando agora que o financiamento sexa empregado para incentivalas a que se consoliden como entidades fortes e activas, de aí a nova denominación «axudas á consolidación de organizacións de produtores».

Neste contexto, a Comunidade Autónoma de Galicia, mediante a Orde do 26 de setembro de 2024, establece as bases reguladoras para a concesión das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e da acuicultura, no marco do Programa operativo do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura 2021-2027 (DOG núm. 193, do 7 de outubro). A Orde do 24 de xuño de 2025 pola que se convocan, para o ano 2025, as axudas destinadas á creación e consolidación das organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros, con ámbito de actuación na Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) (DOG núm. 130, do 9 de xullo), supuxo a primeira convocatoria destas axudas, no novo marco de cofinanciamento europeo, e é á que se pretende dar continuidade coa convocatoria deste ano.

En consecuencia co anterior, a esta orde recolle a convocatoria das axudas á consolidación das organizacións de produtores pesqueiros e das súas asociacións con ámbito de actuación exclusivo na Comunidade Autónoma de Galicia, correspondentes ao ano 2026.

Segundo o establecido no Decreto 50/2021, do 11 de marzo, polo que se aproba a estrutura orgánica da Consellería do Mar, correspóndelle á Subdirección Xeral de Valorización dos Produtos do Mar, Servizo de Mercados, «o fomento da creación e control da actividade das organizacións de produtores pesqueiros e doutras entidades representativas do sector, recoñecidas no marco da organización común de mercados».

En consecuencia, no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa de aplicación,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto

1. O obxecto desta orde é convocar, para o exercicio 2026, a concesión de axudas destinadas á consolidación de organizacións de produtores pesqueiros (OPP) e de asociacións de organizacións de produtores pesqueiros (AOP), recoñecidas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. As bases reguladoras destas axudas foron establecidas mediante a Orde do 26 de setembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de diferentes liñas de axudas ás organizacións de produtores do sector pesqueiro e da acuicultura no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia no marco do Fondo Europeo Marítimo ,de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) para o período 2021-2027 (DOG núm. 193, de 7 de outubro), e corrección de erros publicada no DOG núm. 121, do 26 de xuño de 2025.

3. Estas axudas concederanse en réxime de concorrencia competitiva, de acordo cos principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade, non discriminación, eficacia e eficiencia, establecidos no artigo 5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. A información asociada ao procedemento está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) co código de procedemento PE155D-Axudas destinadas á creación e consolidación de organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros.

Artigo 2. Entidades beneficiarias

1. Poderán ser entidades beneficiarias desta axuda as organizacións de produtores pesqueiros e as súas asociacións recoñecidas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia a partir do 1 de xaneiro de 2014, que reúnan as seguintes condicións:

a) Que estean inscritas no Rexistro de Organizacións de Produtores Pesqueiros ou no Rexistro de Asociacións de Organizacións de Produtores Pesqueiros regulados no artigo 8 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño, modificado posteriormente polo Real decreto 664/2023, do 18 de xullo, polo que se regulan as organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e da acuicultura.

b) Que non teñan acumulado o máximo de cinco (5) anualidades de percepción destas axudas, destinadas tanto á creación coma á consolidación, durante o período comprendido entre o seu recoñecemento e a data actual.

2. A axuda limítase á consolidación de ditas OPP ou AOP para aquelas anualidades que lles correspondan, respectando en todo caso o límite máximo dos cinco (5) anos posteriores ao seu recoñecemento.

Artigo 3. Requisitos das entidades beneficiarias

Para acceder a estas axudas, as entidades beneficiarias deben cumprir os requisitos xerais e específicos que se dispoñen, respectivamente, nos artigos 3 e 35 das bases reguladoras.

Artigo 4. Crédito orzamentario

1. O período de elixibilidade do actual Programa operativo FEMPA 2021-2027 abarca desde o 1 de xaneiro de 2021 ata o 31 de decembro de 2027, como dispón o artigo 1 do Regulamento (UE) 2021/1139, do 7 de xullo de 2021, polo que se establece o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).

2. Estas axudas están cofinanciadas pola Unión Europea nun 70 % a través do FEMPA e pola Comunidade Autónoma de Galicia no 30 % restante, e faranse efectivas con cargo ao orzamento da Consellería do Mar, a través da aplicación orzamentaria que se detalla no cadro incluído neste artigo, correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.

A contía máxima total será de 200.000,00 euros e distribuirase do seguinte xeito:

Liña de axuda

Tipoloxía das entidades
beneficiarias

Aplicación orzamentaria

Contía (€)

Axudas á consolidación das organizacións de produtores pesqueiros

Organizacións sen ánimo de lucro

2026.16.02.723B.780.0

200.000,00

3. Sen prexuízo do importe fixado, poderase ampliar no caso de que exista crédito dispoñible derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, de remanentes doutras convocatorias ou en calquera dos casos e coas condicións que dispón o artigo 30.2 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia (Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro), sen que isto dea lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes, excepto indicación expresa do contrario.

En todo caso, o incremento queda condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia das circunstancias sinaladas e, se é o caso, despois da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

4. A concesión das axudas queda condicionada á efectiva existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución.

Artigo 5. Obrigas das entidades beneficiarias

1. No caso das OPP, deben ter presentados, desde a data do recoñecemento e ata a data da solicitude da axuda, os correspondentes plans de produción e comercialización (PPeC) e ter obtido a súa aprobación, tal e como establecen os números 3 e 5 do artigo 14 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño, modificado posteriormente polo Real decreto 664/2023, do 18 de xullo, así como os correspondente informes de actividades e execución dos PPeC.

2. Estar ao día no pagamento das obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e ao artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

3. Estar ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ser debedor da Xunta de Galicia por calquera outro ingreso de dereito público.

4. Comunicarlle á Consellería do Mar a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente, tanto público como privado.

Do mesmo xeito, deberán comunicar ao órgano outorgante calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución dos fins para os cales foi outorgada a axuda.

5. No marco do FEMP ou FEMPA, non ter sido declaradas culpables de cometer fraude, tal e como se define no artigo 3 da Directiva (UE) 2017/1371.

6. Non atoparse en ningún dos supostos establecidos no número 1, letras a) e b), do artigo 11 do Regulamento (UE) nº 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de xullo de 2021.

7. Non ter cometido infraccións graves conforme o artigo 42 do Regulamento (CE) nº 1005/2008 do Consello ou o artigo 90 do Regulamento (CE) nº 1224/2009, ou conforme outros actos lexislativos adoptados polo Parlamento Europeo e polo Consello no marco da PPC

8. Manter o cumprimento das condicións recollidas no artigo 11 do Regulamento (UE) 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de xullo de 2021, despois de presentar a solicitude, durante todo o período de execución da operación e durante os cinco (5) anos posteriores ao pagamento final que reciban as entidades beneficiarias.

9. Cumprir co disposto no artigo 65 do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño, en relación coa durabilidade das operacións subvencionadas.

10. Conservar, durante un prazo de cinco (5) anos contados a partir do 31 de decembro do ano en que se efectúe o derradeiro pagamento á entidade beneficiaria, os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control, conforme o disposto no artigo 82 do Regulamento (UE) 2021/1060 do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de xuño de 2021. Ademais, tamén deberá conservar os ditos documentos durante dous (2) anos a partir do 31 de decembro do ano seguinte á presentación das contas ás autoridades europeas, por parte da Administración, nas cales se inclúa a súa operación, e informar para tal efecto as entidades beneficiarias da axuda da dita data.

11. Cumprir coa información financeira e adicional que ten que conservar, comunicar e facilitar cando se lle requira, así como o mantemento e a dispoñibilidade da documentación.

12. Levar unha contabilidade separada ou dispor dun código contable adecuado ás transaccións relacionadas coas operacións obxecto de financiamento.

13. Someterse ás actuacións de comprobación e seguimento que efectúe o órgano instrutor, así como someterse a calquera outra actuación de comprobación ou de control financeiro que efectúen os órganos de control competentes, tanto autonómicos como nacionais ou comunitarios, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

En particular, o expediente poderá ser sometido a procedementos de verificación de cumprimento dos requisitos legais para a aplicación dos fondos europeos e debe someterse aos requirimentos e actuacións que se leven e cabo no marco destes procedementos e, no caso de determinarse a existencia de incidencias financeiras, proceder ao reintegro correspondente dos fondos indebidamente percibidos.

14. Dar unha axeitada publicidade ao carácter público da axuda, con expresa mención á participación do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura, nos termos establecidos no artigo 50 do Regulamento (UE) 2021/1060, e da Consellería do Mar.

15. Ademais de todas as obrigas anteriores, a entidade beneficiaria deberá cumprir, durante os cinco (5) anos seguintes ao pagamento final, coas condicións establecidas no artigo 18 das bases reguladoras.

Artigo 6. Cálculo e contía da axuda

1. As axudas que se concederán ás organizacións profesionais dos sectores da pesca e da acuicultura serán dun 75 % dos gastos de xestión dos cinco (5) anos civís seguintes á data do recoñecemento. Tamén serán subvencionables os gastos preparatorios para a constitución da entidade.

2. O importe final elixible da axuda, por organización profesional e ano, non poderá superar o 1 % da media do valor da produción comercializada pola organización profesional durante os tres (3) anos anteriores á solicitude da axuda, cun máximo de 100.000 euros.

O cálculo da produción obterase da suma do valor da produción comercializada por cada un dos membros que compoña a OPP. O resultado que declare a organización de produtores contrastarase cos datos estatísticos oficiais dispoñibles nas aplicacións, bases de datos e outras fontes oficiais. No caso de detectar discrepancias, terase en conta o disposto nestas últimas.

3. A axuda concederase para os cinco (5) anos seguintes á data do seu recoñecemento como organización profesional.

4. No suposto de que nunha anualidade a axuda outorgada non acadase o máximo anual que se poida percibir, na seguinte convocatoria poderase incrementar o límite máximo nun importe igual á diferenza entre o máximo anual que se poida percibir e a axuda outorgada, sempre e cando este importe que se incremente non supere o 30 % do límite anual establecido. Este incremento unicamente se poderá aplicar en relación co ano anterior e non poderá acumularse en anos sucesivos.

Artigo 7. Gastos subvencionables

1. Serán subvencionables os gastos de xestión efectivamente pagados pola organización profesional que correspondan aos seguintes conceptos:

a) Gastos xerados polos traballos preparatorios de constitución da organización e gastos de elaboración da acta constitutiva e dos seus estatutos se é necesario, para axeitarse á normativa que regula as OPP recollidas na OCM, así como os derivados da modificación destes e gastos administrativos asociados.

As facturas que xustifiquen este gasto deberán estar emitidas a nome da entidade beneficiaria e imputaranse á primeira anualidade cando correspondan a gastos efectuados antes da primeira das cinco anualidades subvencionables.

No caso de gastos anteriores á data de recoñecemento, só serán admisibles aqueles gastos xerados nos 12 meses inmediatamente anteriores á data do recoñecemento e deberá incluírse como gasto imputable á primeira anualidade das cinco subvencionables.

b) Gastos do persoal: salarios, gastos de formación, cotizacións sociais. Consideraranse os gastos do persoal non imputados ás medidas dos PPeC.

c) Honorarios polos servizos ou asesoría técnica contratada para o mellor funcionamento da OPP. Non se incluirán traballos relacionados coa execución e preparación do PPeC.

d) Gastos indirectos: aboarase a cantidade acreditada por medio da documentación xustificativa presentada nas seguintes categorías:

– Subministracións (luz, auga, teléfono, gas).

– Gastos de material de oficina e de amortización, ou derivados do arrendamento do equipamento das oficinas.

– Gastos xerados polos medios de que dispoñen as organizacións para o transporte do persoal.

– Gastos de alugamento ou, no caso de compra, gastos por xuros realmente aboados, e outros gastos derivados da ocupación dos edificios destinados ao funcionamento administrativo das organizacións de produtores.

– Gastos de seguro conexos ao transporte do persoal, aos locais administrativos e ao equipamento destes.

– Gastos relacionados coa obtención de avais necesarios para o financiamento externo de cara á realización dos PPeC.

2. O importe dos gastos de xestión definidos no número anterior deberá determinarse a partir de documentos comerciais e contables que teñan valor probatorio.

3. Para o cálculo e xustificación dos gastos do persoal procederase conforme o disposto no número 1.1 Gastos do persoal, que se recollen no artigo 29 das bases reguladoras, referido á clasificación e desagregación dos gastos subvencionables para as axudas á preparación e aplicación dos PPeC.

4. Aquelas entidades que sexan beneficiarias destas axudas non aplicarán custos indirectos nas medidas dos plans de produción e comercialización presentados durante os períodos en que sexan beneficiarias destas axudas.

Artigo 8. Presentación das solicitudes

1. Para esta convocatoria, o prazo de presentación das solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Enténdese como o último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, enténdese que o prazo expira o último día do mes. No caso de que o último día sexa inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia,
https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

3. Para a presentación de solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Artigo 9. Documentación complementaria

1. As entidades interesadas deberán presentar electronicamente a través do representante legal da entidade a seguinte documentación:

a) Anexo I, que é o formulario da solicitude e deberá ir debidamente cuberto cos datos solicitados. Ten especial relevancia a indicación de para cal/cales das cinco (5) anualidades a organización solicita a axuda, xunto coa indicación do período correspondente a cada unha das anualidades.

b) Anexo II. Gastos xerados polos traballos preparatorios e de constitución.

c) Anexo III.1. Gastos de persoal: relación de traballadores da entidade.

d) Anexo III.2. Gastos de persoal: custos de persoal subvencionables.

e) Anexo III.3. Gastos de persoal: custos por traballador.

f) Anexo IV. Gastos de honorarios por servizos ou asesoría técnica.

g) Anexo V.1. Gastos indirectos: subministracións.

h) Anexo V.2. Gastos indirectos: material de oficina e de amortización ou derivados do arrendamento do equipamento das oficinas.

i) Anexo V.3. Gastos indirectos: xerados polos medios de transporte para o persoal da OPP.

j) Anexo V.4. Gastos indirectos: xerados polo alugamento, xuros e outros gastos de ocupación dos edificios destinados ao funcionamento administrativo.

k) Anexo V.5. Gastos indirectos: seguros conexos ao transporte do persoal, aos locais administrativos e ao equipamento destes.

l) Anexo V.6. Gastos indirectos: relacionados coa obtención de avais necesarios para o financiamento externo de cara á realización do PPeC.

m) Anexo VI. Resumo dos gastos e cálculo da axuda.

2. Do mesmo xeito, segundo proceda, presentarase a seguinte documentación complementaria precisa para a tramitación do procedemento:

a) Poder suficiente da persoa representante no caso de que tal poder non figure nos estatutos.

b) Copia da escritura de constitución e estatutos da sociedade, así como das modificacións ulteriores debidamente inscritas no rexistro correspondente.

c) Certificado actualizado da declaración censual de alta en obrigas tributarias.

d) Resolución das axudas destinadas a subvencionar total ou parcialmente o proxecto para o cal se solicita a axuda, no caso de axudas doutras administracións distintas da Xunta de Galicia.

e) Para subvencións de importe superior a 30.000 euros, a documentación necesaria para acreditar o cumprimento do establecido no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

f) Memoria de persoal da entidade en que se especifique de forma específica para cada traballador o número de horas en que o traballador participou nas medidas do PPeC.

g) Certificado de antecedentes penais da persoa xurídica. Obterase a través do Rexistro Central de Penados do Ministerio de Xustiza e conterá a totalidade de antecedentes penais non cancelados, para os efectos de comprobar que non foi declarado culpable de cometer fraude no marco do FEP, FEMP ou FEMPA.

3. Para acreditar a realidade dos gastos que se inclúan nos anexos que acompañan a solicitude, as entidades solicitantes deberán achegar os xustificantes dos gastos subvencionables que consistirán, de forma xeral, nas facturas e demais xustificantes de valor probatorio equivalente, documentación contable debidamente dilixenciada, contratos e nóminas, detalladas ao máximo posible.

Con carácter xeral, a realización dun gasto poderá acreditarse mediante a correspondente factura e, de ser o caso, contrato.

Os gastos de amortización poderán acreditarse mediante a factura e o documento do pagamento do ben que se vai amortizar e a conta contable en que se está a realizar a amortización, correspondente a todos os anos en que o ben está sendo amortizado.

Os gastos de persoal subvencionable serán aqueles aos cales se refire o número 1.1 do artigo 29 das bases reguladoras, que determina a clasificación e desagregación dos gastos subvencionables, que non fosen imputadas ao PPeC no período para o cal se solicita a axuda.

Para determinar o número de horas subvencionables deberase restar ao máximo de 1.720 aquelas horas que fosen imputadas ás distintas medidas do PPeC no período para o cal se solicita a axuda.

Unha vez obtido o número de horas subvencionables, que en ningún caso poderá ser superior a 1720 por ano e traballador, aplicarase o custo unitario obtido de acordo co establecido no número 1.1 do artigo 29 das bases reguladoras que determina a clasificación e desagregación dos gastos subvencionables, que non fosen imputadas ao PPeC no período para o cal se solicita a axuda e co límite máximo por hora e grupo profesional, segundo a seguinte táboa:

Grupo profesional

Euros/hora

I. Titulado superior

26,62

II. Titulado grao medio

22,52

III. Especialistas e encargados/as

19,37

IV. Oficial 2ª administrativo e oficial de 2ª

16,10

V. Persoal subalterno e de servizos específicos non titulados

14,62

Para acreditar os gastos de persoal, a entidade presentará unha memoria comprensiva do persoal, que inclúa todo o persoal da entidade, así como as nóminas e os xustificantes do pagamento das nóminas e do pagamento das correspondentes cargas sociais e retencións fiscais. Para iso, comprobaranse os documentos RNT (relación nominal de traballadores), RLC (recibo de liquidación de cotizacións) e o modelo 111 (retencións e ingresos á conta do IRPF) e o modelo 190 (resumo anual), se procede.

4. Para acreditar a realidade do pagamento dos gastos subvencionables, as entidades solicitantes, con carácter xeral, deberán achegar xustificantes das transferencias bancarias ou outros medios de pagamento que permitan seguir a pista de auditoría. Os documentos deberán incluír os datos necesarios para identificalos e asocialos de forma fidedigna cos documentos que soportan o gasto que é obxecto de pagamento (factura, recibo de haberes etc.), o seu importe e a persoa beneficiaria (que deberá ser coincidente en ambos os documentos).

Os documentos emitidos por entidades bancarias deberán contar cunha sinatura electrónica verificable ou, no caso de certificación con sinatura manuscrita, copia autenticada na cal conste o selo da entidade bancaria.

5. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

6. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas beneficiarias responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

7. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa que actúa como representante.

c) Resolución da axuda outorgada para subvencionar total ou parcialmente o mesmo proxecto solicitado, no caso de axudas outorgadas pola Xunta de Galicia.

d) Informe acreditativo de non ter pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións emitido pola Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

e) Informe acreditativo de non ter sanción firme pendente de pagamento por infracción da normativa marítimo-pesqueira, emitido polo Servizo Técnico-Xurídico da Consellería do Mar.

f) Informe acreditativo de non estar en concurso de acredores (artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia) obtido a través do Rexistro Público Concursal do Ministerio de Xustiza.

g) Informe acreditativo de non ter cometido infracción grave na política pesqueira común (PPC), do Regulamento (CE) nº 1224/2009 do Consello, polo que se dispón un réxime comunitario de control, emitido polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.

h) Informe acreditativo de non estar nin ter estado involucrado na explotación, xestión ou propiedade dos buques incluídos na lista comunitaria dos buques INDNR e de países terceiros non cooperantes. Para tal efecto, serán obxecto de consulta as listas da UE dos buques que practican unha pesca ilegal, non declarada e non regulamentada.

i) Informe do Servizo Técnico-Xurídico da Consellería do Mar de non ter cometidos infraccións graves conforme o disposto no artigo 10.1.a) do Regulamento (UE) nº 508/2014, relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.

j) Certificación emitida polo organismo competente acreditativa de estar ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT).

k) Certificación emitida polo organismo competente acreditativa de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

l) Certificación emitida polo organismo competente acreditativa de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Tributaria de Galicia (Atriga).

m) Consulta ao organismo competente de non ter sido declarado culpable de cometer fraude, no marco do FEMP ou FEMPA.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 11. Comisión de Selección

1. Os expedientes que reúnan os requisitos para ser beneficiarios e teñan a documentación completa pasarán a unha comisión de selección constituída na Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica.

2. A Comisión de Selección está formada polos seguintes membros:

a) Presidencia: a persoa que ocupe a Subdirección Xeral de Valorización dos Produtos do Mar.

b) Secretaría: a persoa que ocupe a xefatura do Servizo de Mercados.

c) Vogais: dúas persoas funcionarias adscritas á Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, nomeadas pola presidencia.

3. No caso de imposibilidade de asistir a algunha das sesións, os membros do órgano colexiado poderán ser substituídos pola persoa que nomee a presidencia. O órgano colexiado precisará de, como mínimo, a maioría simple dos membros para a realización da selección.

4. As reunións da Comisión de Selección poderán realizarse tanto de forma presencial como a distancia, nos termos dispostos pola normativa vixente que sexa de aplicación.

5. A Comisión poderá propor que o órgano instrutor requira a documentación complementaria precisa para a correcta valoración da solicitude de que se trate.

6. A Comisión de Selección poderá traballar asistida dos asesores que xulgue conveniente, así como solicitar informes a expertos técnicos externos ou internos.

7. A Comisión de Selección reunirase nunha sesión única para a elaboración da proposta de concesión ao órgano outorgante, agás no caso en que a suma dos investimentos subvencionables dos expedientes propostos non supere o crédito existente para as axudas, caso en que poderá realizar cantas sesións considere precisas e emitir propostas parciais de concesión en cada unha das sesións.

8. Cando as solicitudes subvencionables superen as dispoñibilidades orzamentarias, o órgano instrutor proporá a asignación do orzamento dispoñible mediante rateo do importe global máximo destinado ás subvencións na respectiva convocatoria entre todas as solicitudes, segundo dispón o artigo 19.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

9. Os documentos, informes e certificados que sirvan para a avaliación das solicitudes formarán parte do expediente das axudas.

10. A Comisión de Selección emitirá un informe co resultado da selección das solicitudes propostas para a súa concesión, que será incorporado ao expediente.

11. Na proposta que formula a Comisión de Selección figurarán de xeito individualizado os solicitantes propostos para obter a subvención, así como o importe da subvención proposto para cada un deles.

12. A presidencia da Comisión de Selección elevará a proposta de resolución ao órgano outorgante, quen ditará as correspondentes resolucións de concesión.

Artigo 12. Criterios de valoración

Para a valoración das solicitudes empregaranse os seguintes criterios: xerais e horizontais ou específicos:

Criterios

Peso

1. Xerais

30 %

2.a. Horizontais ambientais e sociais

20 %

2.b. Específicos de viabilidade técnica e/ou económicos

20 %

2.c. Específicos de tipo de actividade

30 %

1. Os criterios xerais teñen por obxecto asegurar que as operacións subvencionables vaian dirixidas a acadar os obxectivos definidos no Programa operativo do FEMPA para España. Para isto valoraranse os seguintes subcriterios:

a) Contribución á estratexia, DAFO e tipos de actividade do programa: a puntuación máxima deste subcriterio será de seis (6) puntos, que se acadarán polo propio recoñecemento da organización por parte das autoridades competentes responsables da súa xestión e o mantemento deste, segundo o resultado dos controis periódicos previstos na normativa.

– Adecuación á estratexia: 0-2 puntos.

– Adecuación ao DAFO: 0-2 puntos.

– Adecuación ao tipo de actividade: 0-2 puntos.

b) Contribución aos indicadores de resultado: entidades que incrementan a sustentabilidade social.

A puntuación máxima deste subcriterio será de dous (2) puntos e non se pode obter unha puntuación de cero (0). Outorgarase un (1) punto se contribúe ao indicador afectado.

c) Contribución a plans e programas: avaliarase o grao de adecuación do proxecto a plans, políticas ou compromisos nacionais ou internacionais, así como a programas autonómicos ou rexionais.

A puntuación máxima será de dous (2) puntos. Outorgarase un (1) punto cando as operacións teñan correlación cun plan ou programa, dous (2) puntos cando as operacións teñan correlación con máis dun plan ou programa e poderán outorgarse tamén dous (2) puntos cando contribúa a un plan ou programa de ámbito social.

Unha vez valorados os criterios xerais, que suporán o 30 % da puntuación final, a puntuación máxima será de dez (10) puntos e a mínima de catro (4) puntos. A aplicación dos criterios xerais de valoración permitirá determinar se a operación é apta ou non apta para ser cofinanciada polo FEMPA. Será non apta se obtén unha puntuación igual ou menor a catro (4) puntos e entenderanse como non viables para a obtención dos fondos públicos.

2. Criterios de selección horizontais e específicos: unha vez aplicado o criterio xeral, a Comisión de Selección valorará de novo o proxecto segundo os seguintes criterios:

a) Criterios de selección horizontais, cunha puntuación máxima de catro (4) puntos, que inclúen os seguintes elementos:

– Aspectos ambientais, incluída a mitigación do cambio climático (0-2 puntos).

– Aspectos sociais (0-2 puntos). Valora a consideración do proxecto ao interese colectivo.

b) Criterios específicos de viabilidade técnica e económica. Terá unha puntuación máxima de seis (6) puntos, que se acadará polo propio recoñecemento da organización por parte das autoridades competentes responsables da súa xestión e o mantemento deste, segundo o resultado dos controis periódicos previstos na normativa.

c) Criterio específico de tipo de actividade. Terá unha puntuación máxima de tres (3) puntos, que se acadarán polo propio recoñecemento da organización por parte das autoridades competentes responsables da súa xestión e o mantemento deste, segundo os controis periódicos previstos na normativa.

3. Para calcular a puntuación final utilizarase a seguinte fórmula:

missing image file

4. No caso de empate, dirimirase o resultado en función do valor da produción comercializada no exercicio anterior á solicitude, e establécense a orde de menor a maior produción.

5. Ordenadas todas as solicitudes, atenderase o seu pagamento co crédito que se indica nesta convocatoria. No caso de que o orzamento non acade todas as peticións, ratearase o importe global máximo destinado entre as entidades beneficiarias atendendo á puntuación obtida na valoración dos criterios.

Artigo 13. Tramitación do procedemento

1. A tramitación desta axuda seguirá o disposto no título I das bases reguladoras, en particular o establecido nos capítulos I e III.

2. O órgano competente para a tramitación do procedemento a que se refire o artigo 7 das citadas bases reguladoras será, para esta convocatoria, o Servizo de Mercados da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica.

3. Unha vez recibidas as solicitudes, serán examinadas pola unidade tramitadora, que, de observar deficiencias, requirirá a súa emenda á entidade solicitante, concedéndolle un prazo de dez (10) días, consonte o artigo 68 da Lei 39/2015. Transcorrido este prazo sen que se produza a emenda do expediente, terase por desistido da súa petición, logo da súa resolución.

4. Unha vez rematada a revisión das solicitudes, o órgano instrutor emitirá o informe en que se concrete o resultado da tramitación efectuada.

5. Aqueles expedientes que, de acordo co informe do órgano instrutor, cumpran cos requisitos para seren beneficiarios das axudas, serán sometidos á Comisión de Avaliación a que se refire o artigo 11.

Artigo 14. Prazo máximo para resolver e notificar a resolución

1. O prazo máximo para ditar as resolucións dos mencionados procedementos e a súa correspondente notificación será de catro (4) meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Delégase na persoa titular da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica a facultade de ditar as resolucións de concesión de axudas recollidas nesta convocatoria.

2. Transcorrido o dito prazo sen que se ditase resolución expresa, poderase entender desestimada a solicitude da axuda por silencio administrativo.

3. Darase publicidade ás subvencións outorgadas a través da Base de datos nacional de subvencións (BDNS) e na páxina web da Consellería do Mar.

4. Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería do Mar (https://mar.xunta.gal) a relación de entidades beneficiarias e o importe das axudas concedidas.

Artigo 15. Recursos

1. Contra a resolución expresa que se dite, que pon fin á vía administrativa, cabe interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería do Mar, no prazo dun (1) mes a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

2. Se, transcorrido o prazo para resolver establecido no artigo 14, non é notificada a resolución ao interesado, entenderase desestimada por silencio administrativo e caberá interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería do Mar en calquera momento, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de seis (6) meses, contados, en ambos os dous casos, a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

3. Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas poderán exercer calquera outro recurso que consideren oportuno.

Artigo 16. Modificación de resolución

1. Unha vez ditada a resolución de concesión, toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención ou a obtención concorrente de subvencións e axudas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á súa modificación.

2. O acto polo cal se acorde a modificación da resolución de concesión ou, se é o caso, a súa denegación, será ditado polo órgano concedente, unha vez instruído o correspondente expediente, en que se dará audiencia ao interesado. Non obstante, poderase prescindir deste trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas pola persoa interesada.

Artigo 17. Pagamento

O pagamento da axuda poderá realizarse no mesmo acto administrativo que o da concesión da axuda, polo que a solicitude de pagamento e a documentación xustificativa se entenderá implícita e achegada na solicitude da subvención.

Para o pagamento da axuda é imprescindible que as entidades beneficiarias estean ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e que non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia. Igualmente, a entidade beneficiaria non terá pendente de pagamento ningunha obriga por reintegro de subvencións.

O pagamento das axudas efectuarase na conta bancaria que fose designada pola entidade beneficiaria.

Artigo 18. Responsabilidades

É responsabilidade das entidades beneficiarias o cumprimento de todos os requisitos e condicións dispostas nas bases reguladoras destas axudas e nesta convocatoria.

En particular, as entidades beneficiarias deberán actuar con boa fe, executar a totalidade das actuacións e cumprir coas finalidades para as cales se outorga a axuda, así como realizar a axeitada xustificación documental da totalidade das actividades realizadas nos termos establecidos.

Artigo 19. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 20. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderá, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez (10) días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 21. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á súa Carpeta cidadá, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 22. Publicidade

1. En aplicación do establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas, con expresión da convocatoria, programa e crédito orzamentario a que se imputan, a entidade beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención, coas excepcións previstas no dito artigo, de ser o caso.

2. A Consellería do Mar remitirá á Base de datos nacional de subvencións información sobre as convocatorias e resolucións de concesións ditadas, nos termos establecidos nos artigos 18 e 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, comunicaranse á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

4. Así mesmo, serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería do Mar (https://mar.xunta.gal) a relación de entidades beneficiarias e o importe das axudas concedidas.

Artigo 23. Eficacia

Esta orde producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación e do seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2026

Marta Villaverde Acuña
Conselleira do Mar

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file