Expediente: IN407A 2026/086-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación do proxecto: Recuamento LMT rúa Manuel Ángel Terrón, s/n (Curtis).
Concello: Curtis.
Feitos:
1. O día 27.3.2026, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de executar o recuamento dunha liña aérea a solicitude do predio servinte.
Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado Recuamento LMT rúa Manuel Ángel Terrón, s/n (Curtis), asinado o día 18.3.2026 por Raúl Guillermo Naveira Dueñas, enxeñeiro técnico industrial, esp. Eléctrica, número de colexiado 1.905 da Coruña.
2. O proxecto non se someteu ao trámite de avaliación ambiental simplificada segundo os criterios dos anexos da Lei 21/2013 modificados polo Real decreto 445/2023 e a guía interpretativa da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade.
3. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ao Concello de Curtis como entidade afectada. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co informe emitido no prazo outorgado para ese efecto.
5. O día 20.7.2026 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
Segunda. Lexislación de aplicación:
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
– Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
Terceira. Características técnicas:
As instalacións obxecto deste expediente están situadas na rúa Manuel Ángel Terrón, no concello de Curtis, e as súas características técnicas son as seguintes:
– Recuamento dun tramo do circuíto CES-704 (Curtis 4) de 15 kV co obxecto de desviar o trazado actual da dita liña de media tensión aérea ao seu paso pola parcela con referencia catastral 9447522NH6794N0001AL. Con este fin, cómpre instalar tres novos apoios metálicos de celosía de tipo C-4500/18-H35 (denominado Pr.1) e dúas unidades de C-4500/14-H35 (denominados Pr.2 y Pr.3).
– Retensado e regulado dos vans existentes en condutor LA-110 mm2 entre o novo apoio proxectado C-4500/18-H35 (núm. Pr.1) e o apoio metálico existente de celosía de tipo Acacia-310/5TA-H35 (núm. ASI2631G//15), e do van existente en condutor LAC-80 entre o novo apoio proxectado C-4500/14-H35 (núm. Pr.3) e o apoio fin de liña existente de tipo HVH-4500/13-CR1 (núm. ASIKU52K//17).
– A liña aérea proxectada en condutor nu LA-110 mm2 terá o seu inicio no apoio proxectado C-4500/18-H35 (núm. Pr.1), finalizando no apoio proxectado C-4500/14-H35 (núm. Pr.3). A lonxitude total da liña de media tensión aérea proxectada é de 63 metros.
– Instalación de 24 metros de condutor subterráneo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al entre o PAS que se vai instalar sobre o apoio metálico proxectado de tipo C-4500/18-H35 (núm. Pr.1), ata os empalmes por realizar na arqueta de calzada existente próxima ao CT 15CLMP rúa Manuel Ángel Terrón.
– Instalación 24 metros de condutor subterráneo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al entre os empalmes por realizar na arqueta de calzada existente, ata o PAS por instalar sobre o apoio metálico proxectado de tipo C-4500/18-H35 (núm. Pr.1).
– Desmantelamento de 46 metros de condutor subterráneo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al entre os dous PAS sobre apoio de formigón existente HV-630/17-Bóveda (núm. ASIHUCXL//16) ata a arqueta de calzada existente nas proximidades do CT 15CLMP rúa Manuel Ángel Terrón.
– Desmantelamento de 50 metros de condutor aéreo de tipo LAC-80 entre os apoios de formigón existentes núm. ASIHUCXL//16 (por substituír) e núm. ASIKU52K//17 (existente).
Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
De acordo con todo o exposto,
RESOLVO:
A) Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.
B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:
– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
– Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
D) Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia á persoa interesada, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.
Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.
A Coruña, 28 de xullo de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
