DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 20 de agosto de 2026 Páx. 45920

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Boiro (expediente IN407A 2026/110-1)

Expediente: IN407A 2026/110-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación do proxecto: Nova LMTS entre CT 15CDWP e 15CGCT.

Concello: Boiro.

Feitos:

1. O 7.5.2026, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de crear un peche anelado entre os CT 15CDWP, 15CGCT e 15CHF4 alén de realizar o desmonte da liña aérea que alimenta a este último.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto que inclúe memoria, planos e orzamento, e que comprende os seguintes documentos:

• Proxecto de execución denominado Nova LMTS entre CT 15CDWP e 15CGCT, asinado por Fabián Fernández Martínez, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, núm. de colexiado 4.783 de Vigo, o 8.4.2026.

• Anexo I, asinado por Fabián Fernández Martínez, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, núm. de colexiado 4.783 de Vigo, o 10.7.2026.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitóuselles o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Deputación Provincial da Coruña e Concello de Boiro. Non consta no expediente, a día de hoxe, contestación do organismo á solicitude de condicionado.

4. O 20.7.2026 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de mayo).

Segunda. Lexislación de aplicación

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39 do 26 de febreiro).

Terceira. Características técnicas

As instalacións obxecto deste expediente están situadas nos lugares de Cariño, Xián e Esteiro, parroquia de Castro, no concello de Boiro, e as súas características técnicas son as seguintes:

• Desmantelamento dun tramo da liña aérea de MT BOI802 (expediente IN407A 2016/2129-1), que alimenta o CT Castro (15CHF4), cunha lonxitude de 906 m de condutor LA-56, 2 apoios de celosía metálica, 2 apoios de chapa metálica e 5 apoios de formigón, entre os que se atopa o apoio 9OFIH7C4//44, que se substituirá por un novo apoio C-3000/14 con protección mediante fusibles de expulsión (XS) para o CT existente 15AAI1.

• Retensado dos vans adxacentes ao apoio proxectado.

• Como continuación ao desmonte da LMTA, realizarase tamén o da LMTS que alimenta ao CT Castro 15CHF4, formado por 56 m de condutor RHV 1×150. Deixarase libre unha das celas do dito CT.

• Liña eléctrica de media tensión subterránea (actuación núm. 1), a 20 kV, cunha lonxitude de 43 m, coa orixe na cela libre do CT Castro (15CHF4), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm² Al, e o final nos empalmes para realizar na arqueta existente nas inmediacións do CT Escusa (15CBWD).

• Liña eléctrica de media tensión subterránea (actuación núm. 2), a 20 kV, cunha lonxitude de 589 m, coa orixe na cela libre do CT Esteiro (15CDWP), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm² Al, e o final nos empalmes a realizar na arqueta existente nas inmediacións do CT Mangas Agra (15CGCT).

• Deixarase sen servizo un tramo de 211 m de condutor RHV 1×240.

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.

B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos orzamentos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 28 de xullo de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña