DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 20 de agosto de 2026 Páx. 45904

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de xullo de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Fene (expediente IN407A 2026/111-1).

Expediente: IN407A 2026/111-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Proxecto: Regulamentación LMT do DC ASN701-ASN705 na avenida Marqués de Figueroa.

Concello: Fene.

Feitos:

1. O 7.5.2026, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de regulamentar un tramo da LMTA DC ASN701 e ASN705 no que ás distancias ao terreo se refire, mediante o seu soterramento.

Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, xunto coa relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada, presentan o proxecto que inclúe memoria, planos e presuposto e que comprende aos seguintes documentos:

1º. Proxecto de execución denominado Regulamentación LMT do DC ASN701-ASN705 na avenida Marqués de Figueroa, asinado por Antonio Javier Sabín Vázquez, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, número de colexiado 2.233, o 6.4.2026.

2º. Contestación ao requirimento, asinado por Antonio Javier Sabín Vázquez, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, número de colexiado 2.233, o 22.5.2026.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

– Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.

– DOG: 4.5.2026.

– BOP: 19.5.2026.

– Xornal La Voz de Galicia: 22.5.2026.

– Taboleiro de anuncios do concello: segundo certificado municipal do 20 de xullo de 2026.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitóuselles o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: AXI, Augas de Galicia e Concello de Fene. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.

5. O 21.7.2026 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primera. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

Segunda. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

Tercera. Características técnicas:

As instalacións obxecto deste expediente están situadas na avenida Marqués de Figueroa, no concello de Fene, e as súas características técnicas son as seguintes:

– Desmantelamento do dobre circuíto das liñas ASN701 e ASN705, en condutor de tipo LA-110 no seu tramo aéreo e RHZ1-240 no seu tramo soterrado, a 15 kV, entre o apoio existente de tipo C-9000-24 con matrícula ARRL0BBU e o CT Chancas (15CEL2) con expediente IN407A 2016/939-1.

– Desmantelamento do dobre circuíto das liñas EUM701 e EUM702, en condutor tipo RHZ1-240 no seu tramo soterrado e LAC-80 no seu tramo aéreo, a 15 kV, entre o apoio de tipo formigón con matrícula AQVDDDFM//D149 e o CT Chancas (15CEL2) expediente IN407A 2016/939-1.

– O apoio con matrícula AQVDDDFM//D149 de tipo formigón substitúse por un novo apoio de celosía metálica de tipo C-FL-16/4500-E30-CAIII.

– Dúas novas liñas subterráneas de 15 kV, con condutores de tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, coa orixe nos pasos de aéreo a subterráneo no apoio existente de tipo C-9000-24 con matrícula ARRL0BBU do dobre circuíto ASN701 e ASN705 e final en celas de liña existentes do CT Chancas (15CEL2), cuxa lonxitude de cada unha das liñas é de 325 metros.

– Dúas novas liñas subterráneas de 15 kV, condutores de tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al con orixe nos pasos de aéreo a subterráneo no novo apoio proxectado de tipo celosía metálica de tipo C-FL-16/4500-E30-CAIII do dobre circuíto das liñas EUM701 e EUM702 e final en celas de liña existentes do CT Chancas (15CEL2), cuxa lonxitude de cada unha das liñas é de 193 metros.

4. Do visto na visita realizada o 17.6.2026 non se atopa ningunha limitación das indicadas no artigo 161.1 do Real decreto 1955/200 para impor servidumes de paso.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da devandita instalación de distribución eléctrica.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar perante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia á persoa interesada, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da devandita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 27 de xullo de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados. Termo municipal de Fene

Núm.

parcela

Lugar

Referencia catastral

Cultivo

Titular

Afección de solo
en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso
de enerxía eléctrica

Apoio núm.

m2

ml aér.

ml sot.

m2 aér.

m2 sot.

2

Rúa Baixa

7033510NJ6163S0001LZ

Urbana

Seco Vázquez, Roberto e irmán

D149

2,0

1,0

4,0

3

Rúa Baixa

7033561NJ6163S0001ZZ

Urbana

Seco Vázquez, Roberto e irmán

2,0

5,0

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

ml sot.: lonxitude da servidume soterrada en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

m2 sot.: superficie de servidume soterrada.