DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 20 de agosto de 2026 Páx. 45955

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salceda de Caselas

ANUNCIO de notificación do requirimento de xestión da biomasa.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que non se pode determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa ou se ignora o lugar de notificación, as persoas titulares dos bens que se relacionan a seguir son descoñecidas e resulta imposible a súa notificación o esta resultou rexeitada, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, resolvo:

Primeiro. Requirir as persoas titulares dos terreos relacionados para que procedan á súa obriga de xestionar a biomasa vexetal por comprobarse na acta de inspección de referencia que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, polo que deben efectuar a xestión da biomasa no prazo de quince (15) días naturais desde a publicación deste decreto no BOE, e proceder á corta de eucaliptos, piñeiros, acacias e outras especies incluídas no anexo I da Lei 3/2007, así como á limpeza da maleza nos terreos da súa propiedade de Salceda de Caselas e que se relacionan a seguir:

Expediente

Data acta comprobación

Referencia catastral

Pol.

Parc.

Localización

Titular

0935/2026

7.5.2026

36049A041008670000KA

41

867

O Torreiro

Gándara Martínez, Argimiro

1018/2026

4.5.2026

36049A022004900000KK

22

490

A Porteliña

Pérez Cabaleiro, Mercedes

1018/2026

4.5.2026

36049A022004920000KD

22

492

A Porteliña

Fernández Cerqueira, César

1142/2026

19.5.2026

36049A044000660000KG

44

66

Sobredo

Álvarez Silva, José Manuel

1142/2026

19.5.2026

36049A044000610000KH

44

61

Sobredo

Rocha Pérez, Vicente

(herdeiros de)

1142/2026

19.5.2026

36049A044000680000KP

44

68

Sobredo

Silva Álvarez, José Mario (herdeiros de)

1142/2026

19.5.2026

36049A044000690000KL

44

69

Sobredo

Álvarez da Silva, Manuel

1142/2026

19.5.2026

36049A044000720000KL

44

72

Sobredo

Silva Álvarez, José Mario (herdeiros de)

1153/2026

25.5.2026

36049A038000680000KA

38

68

A Ascensión

Castro Diz, Clara

1357/2026

4.6.2026

36049A009004540000KL

9

454

A Portela

En investigación

1357/2026

4.6.2026

36049A009004550000KT

9

455

A Portela

En investigación

1357/2026

4.6.2026

36049A009004580000KO

9

458

A Portela

Rodríguez Rodríguez, Manuel

1357/2026

4.6.2026

36049A009004590000KK

9

459

A Portela

Fernández Fernández, Pelagio

1357/2026

4.6.2026

36049A009004510000KG

9

451

A Portela

Martínez Fernández, Alfonso

1357/2026

4.6.2026

36049A009007990000KY

9

799

A Portela

Pérez Rodríguez, Delia

Segundo. Requirir a persoa denunciada para que, unha vez limpa a parcela, dea conta ao Concello de Salceda de Caselas co fin de levar a cabo a inspección dos traballos realizados.

Terceiro. Faise constar que, no caso de persistencia no incumprimento transcorrido o dito prazo, se poderán impor multas coercitivas reiteradas cada tres (3) meses, cuxa contía será de 900,00 euros por hectáreas de superficie da parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área for inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben se poderá proceder á execución subsidiaria a través da realización por parte da Administración das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, o comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto. En todo caso, a contía mínima para impor por multa coercitiva será de 100,00 euros, con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da citada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión da biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen o consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

Cuarto. Advírtese de que, no caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias por parte da Administración se poderá verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. O Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obriga de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva, unha vez rematados os traballos, de ser o caso. A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria pola Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria, e seralle notificada á persoa responsable para o seu pagamento.

Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:

Expediente

Referencia catastral

ha afectadas pola execución subsidiaria

Custo do tratamento

Liquidación provisional

0935/2026

36049A041008670000KA

0,0278

3.545,82 €

649,28 €

1018/2026

36049A022004900000KK

0,0182

3.545,82 €

846,39 €

1018/2026

36049A022004920000KD

0,0592

3.545,82 €

500,00 €

1142/2026

36049A044000660000KG

0,0161

3.545,82 €

500,00 €

1142/2026

36049A044000610000KH

0,0117

3.545,82 €

500,00 €

1142/2026

36049A044000680000KP

0,0220

3.545,82 €

500,00 €

1142/2026

36049A044000690000KL

0,0187

3.545,82 €

500,00 €

1142/2026

36049A044000720000KL

0,0148

3.545,82 €

500,00 €

1153/2026

36049A038000680000KA

0,20314

3.545,82 €

500,00 €

1357/2026

36049A009004540000KL

0,0247

1.688,89 €

500,00 €

1357/2026

36049A009004550000KT

0,0596

1.688,89 €

720,30 €

1357/2026

36049A009004580000KO

0,0079

3.953,15 €

500,00 €

1357/2026

36049A009004590000KK

0,0076

3.953,15 €

500,00 €

1357/2026

36049A009004510000KG

0,0098

3.953,15 €

500,00 €

1357/2026

36049A009007990000KY

0,0024

3.545,82 €

500,00 €

Quinto. Advírtese de que a falta de cumprimento das obrigas indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no cal se poderán adoptar medidas de carácter provisional, consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais e o comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador, para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal, a persoa titular do departamento territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a. A persoa titular do departamento territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b. O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c. A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable será competencia do concello correspondente. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves ou moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter da referida Lei 3/2007.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se pode impor no caso de infracción leve: 1.000,00 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, con relación ao disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000,00 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

Sexto. Advertirlle novamente á persoa interesada que este concello está facultado para proceder á incoación do correspondente expediente de expropiación forzosa no suposto de incumprimento do disposto neste decreto ao tratarse de titulares descoñecidos, sempre e cando os custos da limpeza superen o valor catastral da parcela, tal e como establece a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e normativa complementaria.

Sétimo. Notificarlles este acordo ás persoas interesadas neste expediente administrativo a través da publicación no BOE e no DOG, segundo o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e no artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente:

a) Recurso de reposición potestativo, ante a alcaldesa deste concello, no prazo dun mes que comezará a contar desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

b) Interpor directamente un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses que comezarán a contar desde o día seguinte ao da recepción desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. De se optar por interpor o recurso potestativo de reposición, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio administrativo.

c) Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que considere máis conveniente ao seu dereito.

Salceda de Caselas, 30 de xullo de 2026

Alejandro Rodríguez Canosa
Alcalde accidental