DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 20 de agosto de 2026 Páx. 45504

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2026 pola que se modifica o Acordo do Consello de Dirección, do 17 de decembro de 2025, polo que se aproban as bases reguladoras das axudas para a execución de operacións en apoio de terceiras persoas que se tramiten ao abeiro da Intervención Leader, cofinanciadas co Feader no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC), e pola que se anuncia a convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento MR701L).

O Consello de Dirección da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, que tivo lugar o 17 de decembro de 2025, aprobou as bases reguladoras das axudas para a execución de operacións en apoio de terceiras persoas que se tramiten ao abeiro da Intervención Leader, cofinanciadas co Feader no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC) e anunciou a convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento MR701L). O dito acordo publicouse mediante a Resolución do 30 de decembro de 2026 (DOG núm. 21, do 2 de febreiro).

O artigo 5 das bases reguladoras, referido ao financiamento, forma e contía máxima das axudas, prevé unha distribución dos importes por anualidades e aplicacións contables.

A este respecto, cómpre sinalar que o artigo 28.1 das bases reguladoras dispón o seguinte: «Dentro das dispoñibilidades orzamentarias globais para cada un dos GDR que se establezan en cada convocatoria, correspóndelle a cada GDR solicitarlle á Axencia, en función do sinalado na convocatoria e na súa estratexia de desenvolvemento local, a aprobación do importe máximo dispoñible para cada unha das tipoloxías de proxectos que se indican no parágrafo primeiro do número 1 deste artigo. As solicitudes de cada un dos GDR deberán remitirse á Axencia durante os tres meses seguintes á data de finalización do prazo de presentación das solicitudes de axuda».

Tendo en conta que o 6 de abril de 2026 rematou o prazo de presentación de solicitudes para a convocatoria do ano 2026 das axudas para a execución de operacións en apoio de terceiras persoas que se tramiten ao abeiro da Intervención Leader, e que transcorreu o prazo de tres meses desde esa data, coa finalidade de cumprir co que dispón o artigo 28.1 das bases reguladoras, procede propoñer unha redistribución dos importes entre as diferentes aplicacións orzamentarias, que se corresponden coas tipoloxías de proxectos obxecto desta convocatoria, para lle dar cabida ao solicitado polos GDR.

De conformidade co exposto, no exercicio das competencias delegadas polo Acordo do Consello de Dirección da Axencia do 13 de xullo de 2013 (DOG núm. 148, do 5 de agosto),

RESOLVO:

Artigo único. Modificación do Acordo do Consello de Dirección, do 17 de decembro de 2025, polo que se aproban as bases reguladoras das axudas para a execución de operacións en apoio de terceiras persoas que se tramiten ao abeiro da Intervención Leader, cofinanciadas co Feader no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 (PEPAC), e polo que se anuncia a convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento MR701L), nos seguintes termos:

Primeiro. O artigo 5 queda redactado da seguinte maneira:

«Artigo 5. Financiamento, forma e contía máxima das axudas

Para o financiamento desta convocatoria está previsto un crédito de vinte e oito millóns setecentos cincuenta mil euros (28.750.000,00 €), con cargo ás aplicacións orzamentarias dos orzamentos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural para o ano 2026.

Aplicacións-proxectos para a anualidade 2026:

Aplicación Agader

Proxecto Agader

Orzamento redistribución Feader (euros)

Orzamento redistribución AXE (euros)

Orzamento redistribución Xunta (euros)

Orzamento redistribución GPT (euros)

15.A1.712A.760.00

2024-00008

454.033,92

90.806,78

22.701,69

567.542,39

15.A1.712A.770.00

2024-00008

1.623.781,10

324.756,22

81.189,06

2.029.726,38

15.A1.712A.781.00

2024-00008

222.184,98

44.437,00

11.109,25

277.731,23

Total

2.300.000,00

460.000,00

115.000,00

2.875.000,00

Aplicacións-proxectos para a anualidade 2027:

Aplicación Agader

Proxecto Agader

Orzamento redistribución Feader (euros)

Orzamento redistribución AXE (euros)

Orzamento redistribución Xunta (euros)

Orzamento redistribución GPT (euros)

15.A1.712A.760.00

2024-00008

1.816.137,23

363.227,44

90.806,86

2.270.171,53

15.A1.712A.770.00

2024-00008

6.495.122,78

1.299.024,56

324.756,14

8.118.903,48

15.A1.712A.781.00

2024-00008

888.739,99

177.748,00

44.437,00

1.110.924,99

Total

9.200.000,00

1.840.000,00

460.000,00

11.500.000,00

Aplicacións-proxectos para a anualidade 2028:

Aplicación Agader

Proxecto Agader

Orzamento redistribución Feader (euros)

Orzamento redistribución AXE (euros)

Orzamento redistribución Xunta (euros)

Orzamento redistribución GPT (euros)

15.A1.712A.760.00

2024-00008

2.270.171,57

454.034,31

113.508,58

2.837.714,46

15.A1.712A.770.00

2024-00008

8.118.903,48

1.623.780,70

405.945,17

10.148.629,35

15.A1.712A.781.00

2024-00008

1.110.924,95

222.184,99

55.546,25

1.388.656,19

Total

11.500.000,00

2.300.000,00

575.000,00

14.375.000,00

As axudas reguladas neste acordo están cofinanciadas con fondos Feader (o 80 %) e con fondos da Administración xeral do Estado (o 16 %) e da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (o 4 %).

O importe dispoñible para cada GDR sinálase no anexo I deste acordo.

2. As axudas concederanse en forma de subvención directa de capital non reembolsable e calcularanse sobre os custos subvencionables, tendo en conta a porcentaxe de axuda que resulte da aplicación ao proxecto dos criterios de selección establecidos por cada GDR, sempre e cando se cumpran as condicións e os requisitos de elixibilidade que sexan aplicables a cada proxecto e que este supere a puntuación mínima ou de corte que se estableza na estratexia de desenvolvemento local seleccionada.

3. A contía máxima de axuda será de 200.000,00 € por proxecto.

4. Exceptúanse do disposto no número 2 deste artigo, en canto ao cálculo da axuda, as axudas reguladas no artigo 15 deste acordo (Bono activa rural).

5. O crédito indicado poderá incrementarse en función das solicitudes presentadas, sempre que teña lugar unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito ou sempre que existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa, segundo prevén o artigo 31 da Lei de subvencións de Galicia, e o artigo 30 de Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da dita lei».

Segundo. As modificacións previstas neste acordo non afectan o prazo de presentación de solicitudes nin supoñen o inicio dun novo cómputo do prazo para resolver.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o Consello de Dirección da Axencia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado de Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, ao abeiro do artigo 10.1.a) da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da citada publicación no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Esta resolución será aplicable desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2026

Mª Paz Rodríguez Rivera
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO I

Aplicacións-proxectos para a anualidade 2026: distribución por GDR

Número e nome do GDR

15.A1.712A.760.00

15.A1.712A.770.00

15.A1.712A.781.00

GDR-01 Terras de Miranda

17.529,92

72.443,71

14.000,00

GDR-02 Terra Chá

26.271,95

105.585,96

3.717,21

GDR-03 Montes e Vales O.

33.694,41

104.768,10

7.253,39

GDR-04 Comarca de Lugo

13.338,42

74.217,29

26.624,73

GDR-05 Miño Ulla

37.488,00

93.030,34

7.500,00

GDR-06 Ribeira Sacra Courel

42.067,16

84.233,94

5.849,74

GDR-07 Valdeorras

5.000,00

119.509,59

4.000,00

GDR-08 Sil Bibei Navea

44.289,25

103.341,60

0

GDR-09 Monteval

25.767,85

98.185,83

27.101,45

GDR-10 A Limia Arnoia

23.662,91

87.890,83

23.662,91

GDR-11 Adercou

32.844,06

71.586,81

5.702,69

GDR-12 Carballiño Ribeiro

30.295,16

93.004,12

4.295,28

GDR-13 Condado Paradanta

17.561,62

90.943,13

17.561,62

GDR-14 Eu Rural

10.082,24

62.413,89

23.525,24

GDR-15 Pontevedra Morrazo

4.159,73

86.507,93

10.438,25

GDR-16 Pontevedra Norte

38.359,30

85.977,76

7.936,41

GDR-17 Salnés Ulla Umia

24.047,61

62.808,57

11.334,84

GDR-18 Deloa

27.881,76

64.725,52

6.970,44

GDR-19 Terras de Compostela

9.967,39

80.042,02

8.011,82

GDR-20 Ulla Tambre Mandeo

26.539,31

82.145,49

17.692,87

GDR-21 Comarca de Ordes

31.634,18

91.404,88

584,09

GDR-22 Costa da Morte

14.545,65

75.290,42

11.166,07

GDR-23 Mariñas Betanzos

15.000,00

69.661,43

13.954,09

GDR-24 Seitura 22

15.514,51

70.007,22

18.848,09

Importes totais

567.542,39

2.029.726,38

277.731,23

Aplicacións-proxectos para a anualidade 2027: distribución por GDR

Número e nome do GDR

15.A1.712A.760.00

15.A1.712A.770.00

15.A1.712A.781.00

GDR-01 Terras de Miranda

70.121,68

289.772,82

56.000,00

GDR-02 Terra Chá

105.087,78

422.343,82

14.868,87

GDR-03 Montes e Vales O.

134.777,65

419.072,41

29.013,52

GDR-04 Comarca de Lugo

53.353,68

296.869,14

106.498,93

GDR-05 Miño Ulla

149.952,01

372.121,34

30.000,00

GDR-06 Ribeira Sacra Courel

168.268,63

336.935,74

23.398,98

GDR-07 Valdeorras

20.000,00

478.038,36

16.000,00

GDR-08 Sil Bibei Navea

177.157,02

413.366,39

0

GDR-09 Monteval

103.071,38

392.743,35

108.405,80

GDR-10 A Limia Arnoia

94.651,66

351.563,30

94.651,66

GDR-11 Adercou

131.376,23

286.347,25

22.810,76

GDR-12 Carballiño Ribeiro

121.180,64

372.016,51

17.181,10

GDR-13 Condado Paradanta

70.246,46

363.772,56

70.246,46

GDR-14 Eu Rural

40.328,98

249.655,56

94.100,94

GDR-15 Pontevedra Morrazo

16.638,89

346.031,73

41.753,01

GDR-16 Pontevedra Norte

153.437,23

343.911,02

31.745,63

GDR-17 Salnés Ulla Umia

96.190,43

251.234,29

45.339,38

GDR-18 Deloa

111.527,04

258.902,07

27.881,76

GDR-19 Terras de Compostela

39.869,57

320.168,06

32.047,27

GDR-20 Ulla Tambre Mandeo

106.157,24

328.581,94

70.771,50

GDR-21 Comarca de Ordes

126.536,72

365.619,52

2.336,36

GDR-22 Costa da Morte

58.182,57

301.161,71

44.664,29

GDR-23 Mariñas Betanzos

60.000,00

278.645,71

55.816,38

GDR-24 Seitura 22

62.058,04

280.028,88

75.392,39

Importes totais

2.270.171,53

8.118.903,48

1.110.924,99

Aplicacións-proxectos para a anualidade 2028: distribución por GDR

Número e nome do GDR

15.A1.712A.760.00

15.A1.712A.770.00

15.A1.712A.781.00

GDR-01 Terras de Miranda

87.652,09

362.216,04

70.000,00

GDR-02 Terra Chá

131.359,73

527.929,77

18.586,09

GDR-03 Montes e Vales O.

168.472,07

523.840,52

36.266,89

GDR-04 Comarca de Lugo

66.692,11

371.086,41

133.123,66

GDR-05 Miño Ulla

187.440,01

465.151,68

37.500,00

GDR-06 Ribeira Sacra Courel

210.335,79

421.169,67

29.248,73

GDR-07 Valdeorras

25.000,00

597.547,95

20.000,00

GDR-08 Sil Bibei Navea

221.446,28

516.707,98

0

GDR-09 Monteval

128.839,23

490.929,18

135.507,26

GDR-10 A Limia Arnoia

118.314,57

439.454,13

118.314,57

GDR-11 Adercou

164.220,30

357.934,06

28.513,43

GDR-12 Carballiño Ribeiro

151.475,80

465.020,64

21.476,37

GDR-13 Condado Paradanta

87.808,08

454.715,69

87.808,08

GDR-14 Eu Rural

50.411,22

312.069,45

117.626,18

GDR-15 Pontevedra Morrazo

20.798,61

432.539,67

52.191,26

GDR-16 Pontevedra Norte

191.796,53

429.888,78

39.682,04

GDR-17 Salnés Ulla Umia

120.238,04

314.042,86

56.674,22

GDR-18 Deloa

139.408,81

323.627,58

34.852,20

GDR-19 Terras de Compostela

49.836,97

400.210,08

40.059,08

GDR-20 Ulla Tambre Mandeo

132.696,55

410.727,43

88.464,37

GDR-21 Comarca de Ordes

158.170,90

457.024,41

2.920,45

GDR-22 Costa da Morte

72.728,22

376.452,14

55.830,35

GDR-23 Mariñas Betanzos

75.000,00

348.307,14

69.770,47

GDR-24 Seitura 22

77.572,55

350.036,09

94.240,49

Importes totais

2.837.714,46

10.148.629,35

1.388.656,19