De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que as persoas titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidas e resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e de retirada de especies arbóreas prohibidas nos parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
|
Expediente |
Data inspección |
Referencia catastral (Pol./Parcela) |
Lugar/Parroquia |
Persoa responsable |
|
1415/2026 |
25.6.2026 |
36012A063007480000ZG |
A Fontenova-Almofrei |
Descoñecida |
|
1417/2026 |
23.6.2026 |
36012A063007550000ZT |
A Fontenova-Almofrei |
Descoñecida |
|
1459/2026 |
25.6.2026 |
36012A063007610000ZO |
A Fontenova-Almofrei |
Descoñecida |
|
1523/2026 |
8.7.2026 |
36011A010001950000JI |
Bugarín-Castro |
Lino Fortes Peleteiro |
|
1651/2026 |
20.7.2026 |
36011A060002380000JW |
Lourido-Cerdedo |
Descoñecida |
|
1653/2026 |
20.7.2026 |
36011A060002780000JQ |
Lourido-Cerdedo |
Descoñecida |
|
1686/2026 |
22.7.2026 |
36012A004012380000ZS |
Outeiro-San Xusto |
Descoñecida |
|
1687/2026 |
22.7.2026 |
36012A004012390000ZZ |
Outeiro-San Xusto |
Descoñecida |
1. En virtude do anterior, comunícaselle que no expediente referenciado consta un informe municipal que constata que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario de xestión da biomasa na parcela citada, que comezará a contar ao día seguinte da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.
2. Comunicar a obriga de poñer en coñecemento do Concello o inicio e a realización dos traballos de xestión. En ausencia da indicada comunicación, a Administración poderá considerar os traballos como non realizados mentres non conste proba en contrario.
3. En caso de persistencia do incumprimento unha vez transcorrido o devandito prazo, o Concello poderá impoñer multas coercitivas reiteradas cada tres meses, cuxa contía será de 900 € por hectárea de superficie de parcela non xestionada ou a parte proporcional se a área fose inferior, mentres persista o incumprimento, ou ben proceder á execución subsidiaria a través da realización por parte da Administración das actuacións materiais necesarias, coa repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, o comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto.
En todo caso, a contía mínima que se vai impoñer por multa coercitiva será de 100 €, con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da referida Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.
As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión de biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen o consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais establecidos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, a espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.
No caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias pola Administración poderase verificar en calquera momento unha vez transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento.
4. De levarse a cabo a execución subsidiaria, o Concello efectuará a liquidación provisional dos custos aos que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de que persista o incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria pola Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria e notificaráselle á persoa responsable para o seu pagamento.
Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa establécese na seguinte cantidade:
|
Expediente |
Referencia catastral (Pol./Parcela) |
Superficie afectada |
Liquidación provisional |
|
1415/2026 |
36012A063007480000ZG |
Solo rústico 189,6 m2 |
132,23 € |
|
1415/2026 |
36012A063007480000ZG |
Solo rural 95,4 m2 |
116,22 € |
|
1417/2026 |
36012A063007550000ZT |
335 m2 |
156,95 € |
|
1459/2026 |
36012A063007610000ZO |
343 m2 |
158,31 € |
|
1523/2026 |
36011A010001950000JI |
514 m2 |
187,38 € |
|
1651/2026 |
36011A060002380000JW |
148 m2 |
125,16 € |
|
1653/2026 |
36011A060002780000JQ |
8,7 m2 |
101,48 € |
|
1686/2026 |
36012A004012380000ZS |
280 m2 |
147,60 € |
|
1687/2026 |
36012A004012390000ZZ |
258 m2 |
143,86 € |
5. En caso de persistencia no incumprimento, e unha vez transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007:
a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):
1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.
Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:
a. A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.
b. O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.
c. A persoa titular da consellaría que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.
A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, ao non haber ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.
Cualificación da infracción: infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.
Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impoñer no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de considerarse infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).
Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas, de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.
6. O texto íntegro da comunicación estará á disposición das persoas destinatarias na sede electrónica do Concello de Cerdedo Cotobade.
Cerdedo Cotobade, 31 de xullo de 2026
Jorge Cubela López
Alcalde
