DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Venres, 21 de agosto de 2026 Páx. 46198

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Narón

ANUNCIO da publicación das bases específicas e da convocatoria de dúas prazas de peón (unha pola quenda de discapacidade) incluídas na oferta pública de emprego para 2025 polo sistema de oposición.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 226, do 25 de novembro de 2025, foron publicadas as bases específicas e a convocatoria, polo sistema de oposición, de dúas prazas de peón (unha pola quenda de discapacidade) incluídas na oferta pública de emprego para 2025, modificadas no Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 53, do 20 de marzo de 2026.

Narón, 31 de xullo de 2026

Marián Ferreiro Díaz
Alcaldesa