DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Venres, 21 de agosto de 2026 Páx. 46179

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 31 de xullo de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica nos concellos de Castroverde e Lugo (expediente IN407A 2026/35-2).

Expediente: IN407A 2026/35-2.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: Proxecto para LMTS e LMTA peche CRG805-CRG803 en Soutomerille (Castroverde e Lugo).

Concellos: Castroverde e Lugo.

1. Características técnicas:

• Novo tramo de liña de media tensión 20 kV soterrada de 987 m en condutor de tipo RHZ1-2 OL-12/20 kV 3 (1×240) mm² Al, que comezará no paso de aéreo a soterrado que se realizará no apoio núm. 77-65 existente tipo HVH 13/2500 da LMTA CRG805, e finalizará no paso de soterrado a aéreo que se realizará no apoio núm. BYDTXS73 existente de tipo C 16/2000 de la LMTA CRG803.

• Retensado do tramo de liña de media tensión 20 kV aérea de 324 m en condutor existente de tipo LA-56 mm² Al, que comezará no apoio núm. 137-35 existente de tipo C 16/1000 da LMTA CRG803 e finalizará no apoio núm. BYDTXS73 existente de tipo C 16/2000 da LMTA CRG803.

• Instalación dun reconectador telecontrolado sobre o apoio núm. 137-37 de tipo HV-S-AL-11/250-CB-CS; cómpre a súa substitución por un novo apoio de celosía metálica de tipo C-A-AL-14/2000-H35-CA.

• Cambio de conexión do interruptor telecontrolado con matrícula 27HFK6 situado no apoio núm. BYDTXS73 existente, de modo que actúe como fronteira entre as liñas CRG805 e CRG803.

2. Lexislación de aplicación:

• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

• Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo (rolda da Muralla, núm. 70, 2ª planta, 27071 Lugo), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto desta consellería: https://economia.xunta.gal/transparencia/instalacions-electricas/castroverde-e-lugo

Isto faise público para o coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, se é o caso, achegar as alegacións ou observacións que xulguen axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Lugo, 31 de xullo de 2026

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Relación dos bens e dereitos afectados polo proxecto para LMTS e
LMTA peche CRG805-CRG803 en Soutomerille (Castroverde e Lugo)

Concello: Castroverde.

Expediente: IN407A 2026/35-2.

Nº de predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Apoio nº

Apoio m2

Afeccións ml sub.

Afeccións m2 sub.

1

70

14

Castro

Monte alto

Espika Agraria, S.L.

2.0

6.0