DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 159 Luns, 24 de agosto de 2026 Páx. 46455

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO da aprobación definitiva do expediente 2026/PLANEAM/000004 (FG número 763).

O Pleno da Corporación, na sesión que tivo lugar o día 30 de xullo de 2026, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

– Aprobar definitivamente a modificación do estudo de detalle da parcela C do Plan parcial do sector SUD-5 Icaria IV (documento NRE 2026010534, do 14 de maio).

Contra este acordo, en aplicación do artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo o dito sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente.

O texto do documento aprobado definitivamente pode ser consultado na páxina web do concello www.oleiros.org na sección de Urbanismo → Ordenacións urbanísticas aprobadas.

Oleiros, 3 de agosto de 2026

Ángel García Seoane
Alcalde presidente