De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que as persoas titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidas e que resulta imposible a súa notificación, notifícaselles ás persoas responsables a decisión da Alcaldía deste Concello de proceder á execución subsidiaria, coa conseguinte repercusión dos custos por incumprir as obrigas de xestión de biomasa e de retirada de especies arbóreas, consonte o que prevé a Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
As actas de inspección redactadas polo persoal do Concello de Soutomaior puxeron de manifesto o incumprimento, unha vez transcorridos os 15 días naturais concedidos ás persoas titulares ou propietarias descoñecidas por medio de notificación persoal ou por anuncios no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, das obrigas de xestión de biomasa e/ou de retirada de especies arbóreas nas seguintes parcelas:
|
Expediente |
Referencia catastral |
Lugar |
Superficie afectada |
Liquidación provisional |
Data de constatación de incumprimento |
Persoa responsable (NIF semioculto |
|
133/2026 |
36053A01400918 |
Alxán Soutomaior |
109 m2 |
199,36 € |
5.6.2026 |
Engracia Martínez Arias |
|
132/2026 |
36053A01400857 |
Alxán Soutomaior |
457 m2 |
356,94 € |
5.6.2026 |
Mercedes Monroy S-S |
|
1599/2025 |
36053A01400983 |
Alxán Soutomaior |
583 m2 |
415,36 € |
5.6.2026 |
***6927** |
|
1525/2025 |
36053A01400154 |
Negueirós Arcade |
2627,7 m2 |
2346,53 € |
25.6.2026 |
Descoñecido |
|
128/2026 |
36053A01400984 |
Alxán Soutomaior |
481 m² |
367,81 € |
16.6.2026 |
Manuel Troiteiro Movilla |
O artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión de biomasa vexetal e da retirada de especies arbóreas prohibidas, ou cando resulte infrutuosa a notificación da comunicación, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro do Concello, e conterá os datos catastrais da parcela.
O artigo 7.d), 22.4 e 22.10 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, faculta a este Concello para a execución subsidiaria no caso de que se incumpran os traballos de xestión de biomasa, e repercutiránselles os custos ás persoas responsables.
O Concello poderá liquidar o custo provisional de maneira anticipada desde o momento no que se verifique o incumprimento da obriga da xestión de biomasa nos prazos sinalados na Lei xeral tributaria, sen prexuízo da súa liquidación definitiva unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria.
Cando a identidade da persoa responsable non sexa coñecida no tempo de proceder á execución subsidiaria, a repercusión dos custos aprazarase ao punto no que, se é o caso, chegue a ser coñecida, sempre que non prescriban os correspondentes dereitos de cobramento a favor da Facenda pública.
O artigo 22.9 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables a lles facilitar os accesos necesarios aos suxeitos que acometan os traballos de xestión da biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas, sen que sexa preciso o consentimento da persoa titular, salvo naqueles supostos excepcionais nos que o acceso afecte, dentro da parcela, a espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.
Soutomaior, 30 de xullo de 2026
Manuel Antonio Lourenzo Sobral
Alcalde presidente
