Expediente: IN407A 2023/049-4.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: LMTA TIB801, CTI en Pedregal.
Concello: Caldas de Reis.
Feitos:
1. O 6 de febreiro de 2023, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A., solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMTA TIB801, CTI en Pedregal.
A solicitude inclúe o proxecto de execución asinado pola enxeñeira técnica industrial Herminia López Caamaño, colexiada 4.598 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Vigo, no que figura un orzamento total de 25.707,48 euros.
Logo de examinar o proxecto de execución, conclúese que ten como finalidade resolver as caídas de tensión no lugar de Pedregal, na parroquia de Santo André, no municipio de Caldas de Reis (Pontevedra). Para isto, están previstas as seguintes actuacións:
Instalación dun centro de transformación de intemperie (CTI) de 50 kVA/20 kV de potencia para instalar no apoio proxectado C-2000/12, que será frecuentado. O CTI é do tipo 50/24/20 B2 Intemperie e a potencia máxima admisible pola instalación será de 1x160 kVA.
Para alimentar o CTI proxectado tenderase un novo condutor do tipo AL-ACEIRO LA-56, cunha lonxitude de 58 metros, con inicio no apoio A3FTD6L0//22-15 e fin no apoio proxectado C-2000/12.
No apoio existente A3FTD6L0//22-15, instalarase unha nova cruceta recta para realizar a derivación do novo van cara ao apoio proxectado C-2000/12 e uns XS, que pasará a estar frecuentado.
2. Este departamento territorial solicitoulles o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Caldas de Reis, Augas de Galicia e a Sección de Minas de Pontevedra. A empresa promotora manifestou a súa conformidade co condicionado emitido polo Concello de Caldas de Reis.
A Sección de Minas de Pontevedra achegou a Resolución do 18.3.2025, do Departamento Territorial de Pontevedra da Consellería de Economía e Industria, de autorización de execución dos traballos de escavación do terreo durante as obras das instalacións eléctricas proxectadas, ditada ao abeiro do artigo 17 da Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación de augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.
Augas de Galicia non emitiu o condicionado técnico, polo que se entende a súa conformidade coa autorización de construción da devandita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.
3. Mediante escritos do 9.3.2023, este departamento territorial púxolles de manifesto o devandito procedemento ás persoas que figuran afectadas pola declaración de utilidade pública na relación de bens e dereitos achegada pola empresa promotora.
Como non foi posible notificar a todas as persoas afectadas, este departamento publicou os correspondentes anuncios no Diario Oficial de Galicia do 23.3.2023 e no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial do Estado do 27.3.2023, co fin de realizar a notificación por comparecencia.
4. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 9.3.2023, publicada nos seguintes medios:
• Diario Oficial de Galicia: 31.3.2023.
• Xornal Faro de Vigo: 29.3.2023.
• Taboleiro de anuncios do Concello de Caldas de Reis desde o 16.3.2023 ata o 29.4.2023, segundo un certificado emitido polo propio Concello.
• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
Durante este trámite, presentaron alegacións Fernando López Buceta, José Héctor Buceta Búa, Pablo Buceta Figueiras e Silvia Martínez Pampín. O contido das alegacións versa sobre erros na relación de bens e dereitos afectados que achegou a empresa promotora, coa solicitude do 6.2.2023.
5. As alegacións foron trasladadas á empresa promotora, que presentou unha nova relación de bens e dereitos afectados actualizada en función das alegacións que estimou fundadas.
6. Debido á actualización desa relación, este departamento concedeulle a Fernando López Buceta un período de trinta días para que presentase as alegacións que considerase oportunas.
Durante este trámite non se presentaron alegacións.
7. O 13 de febreiro de 2025, os servizos técnicos deste departamento territorial emitiron un informe favorable para a instalación eléctrica proxectada e o 19 de xuño de 2026 un informe sobre as alegacións presentadas.
Consideracións legais e técnicas:
1. O Departamento Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente, con fundamento no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).
2. A lexislación de aplicación ao presente expediente é a seguinte:
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.
• Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.
• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
• Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.
• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.
3. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:
• Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56, de 58 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente A3FTD6L0//22-15 da LMTA TIB801 e final no centro de transformación proxectado.
• Centro de transformación intemperie (no apoio proxectado C-2000/12) a 50 kVA, con R.T. 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36005A042009680000TH.
• A instalación está situada en Pedregal, na parroquia de Santo André, no municipio de Caldas de Reis (Pontevedra).
4. Con respecto ás alegacións presentadas, e logo de ver o contido destas, as respostas do promotor e os informes dos servizos técnicos deste departamento territorial, exponse que a relación de bens e dereitos afectados pola empresa foi actualizada pola empresa promotora, e recoñécese a Fernando López Buceta como propietario da parcela con referencia catastral 36005A042009950000TJ. As demais solicitudes de corrección non foron tidas en conta por non acreditar a titularidade da parcela afectada polas persoas que alegaron.
No caso de que persista algún erro na relación actualizada, este pode poñerse de manifesto unha vez iniciado o procedemento expropiatorio, momento no que as persoas afectadas serán informadas do trámite de levantamento de acta previa á ocupación. Nese momento, débese describir e delimitar o obxecto de expropiación e as afeccións concretas que comporta a expropiación.
Conforme ao indicado,
RESOLVO:
1. Outorgarlle á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada LMTA TIB801, CTI en Pedregal (expediente IN407A 2023/049-4).
2. Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada, e de acordo coas seguintes condicións:
1. As características da instalación axustaranse en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e aos condicionados técnicos impostos polas administracións públicas, organismos ou empresas que presten servizos públicos ou de interese económico xeral, no relativo aos bens e dereitos da súa propiedade que se atopen afectados pola instalación, en especial os relativos ás distancias de seguridade, cruzamentos e paralelismos prescritos pola normativa vixente.
2. A empresa promotora asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que se manteñan en todo momento as condicións regulamentarias de seguridade.
3. Deberanse cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, o establecido polo Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e polo Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
4. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a execución. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) 2019/1937 e se derroga o Regulamento (UE) 517/2014 (DOUE núm. 573, do 20 de febreiro) sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparamenta eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura.
5. Unha vez constituídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial, acompañada da seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou ao equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado de dirección final de obra no que se garanta que se cumpren as especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como as regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
• De ser o caso, a acreditación ou declaración de que a instalación non se atopa incursa nas prohibicións establecidas no artigo 13 do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro.
• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Pontevedra, 4 de agosto de 2026
Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados-Concello de Caldas de Reis
|
Núm. |
Lugar |
Terreo |
Referencia catastral |
Titular |
Afeccións |
|
|
Pleno dominio Apoio (m2) |
Servidume de paso m2 aer. |
|||||
|
1 |
Pedregal |
Rústico |
36005A042009740000TB |
Manuel Suárez Porto |
131,48 |
|
|
2 |
Pedregal |
Rústico |
36005A042009730000TA |
Descoñecido/a |
80,7 |
|
|
3 |
Pedregal |
Rústico |
36005A042009720000TW |
Descoñecido/a |
44,13 |
|
|
4 |
Pedregal |
Rústico |
36005A042009950000TJ |
Fernando López Buceta |
37,55 |
|
|
5 |
Pedregal |
Rústico |
36005A042009710000TH |
Jesús Vacariza |
27,91 |
|
|
6 |
Pedregal |
Rústico |
36005A042009700000TU |
José Buceta |
103,76 |
|
|
7 |
Pedregal |
Rústico |
36005A042009690000TW |
Manuela Tomás Casal |
40,37 |
|
|
8 |
Pedregal |
Rústico |
36005A042009680000TH |
Rita Suárez |
1,44 |
146,03 |
|
9 |
Nartallo |
Rústico |
36005A042009660000TZ |
Maruja |
18,79 |
|
|
10 |
Nartallo |
Rústico |
36005A042009670000TU |
Maruja |
33,82 |
|
|
11 |
Balteiri |
Rústico |
36005A044000100000TF |
Ramón Montero |
10,83 |
|
|
12 |
Balteiri |
Rústico |
36005A044000110000TM |
Ramón Montero |
17,36 |
|
|
13 |
Balteiri |
Rústico |
36005A044000120000TO |
Víctor Vecino Sánchez |
15,99 |
|
|
14 |
Balteiri |
Rústico |
36005A044000130000TK |
Víctor Vecino Sánchez |
11,10 |
|
|
15 |
Balteiri |
Rústico |
36005A044000140000TR |
José López e Josefa Sánchez |
42,10 |
|
|
16 |
Balteiri |
Rústico |
36005A044000160000TX |
José López e Josefa Sánchez |
20,77 |
|
|
17 |
Balteiri |
Rústico |
36005A044000180000TJ |
José López e Josefa Sánchez |
36,41 |
|
|
18 |
Balteiri |
Rústico |
36005A044000200000TI |
José López e Josefa Sánchez |
11,11 |
|
