DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Luns, 31 de agosto de 2026 Páx. 47208

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 10 de agosto de 2026 pola que se nomean e se lles adxudica destino definitivo como persoal funcionario de carreira no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de facultativos, especialidade de medicina, ás persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 244, do 26 de decembro, e Diario Oficial de Galicia número 245, do 27 de decembro) e do 22 de xaneiro de 2024 (Diario Oficial de Galicia, número 20, do 29 de xaneiro), e pola que se lle adxudica destino definitivo ao persoal funcionario que superou o proceso selectivo convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 212, do 7 de novembro).

Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 154, do 17 de agosto de 2026, e en virtude do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 44805, onde di: «Non obstante, o prazo posesorio para o persoal aspirante que superou algún dos procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público e que foron convocados pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro) será de quince días naturais a partir do 1 de outubro de 2026, de acordo coa Resolución do 6 de xullo de 2026 (DOG núm. 128, do 10 de xullo) pola que se declara a urxencia e se reducen os prazos nos procesos selectivos convocados pola Consellería de Facenda e Administración Pública nos cales a súa elección de destino se convoque ou resolva en período estival (meses de xullo, agosto e setembro)».

Debe dicir: «Non obstante, o prazo posesorio para o persoal aspirante que superou algún dos procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, e que foi convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro, e DOG núm. 245, do 27 de decembro), ou o proceso selectivo convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), será de quince días naturais a partir do 1 de outubro de 2026, de acordo coa Resolución do 6 de xullo de 2026 (DOG núm. 128, do 10 de xullo) pola que se declara a urxencia e se reducen os prazos nos procesos selectivos convocados pola Consellería de Facenda e Administración Pública nos cales a elección de destino se convoque ou resolva no período estival (meses de xullo, agosto e setembro)».