Advertidos erros na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 154, do 17 de agosto de 2026, e en virtude do establecido no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cómpre facer as seguintes correccións:
Na páxina 44821, onde di:
«Non obstante, o prazo posesorio para o persoal aspirante que superou algún dos procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público e que foron convocados pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro) será de quince (15) días naturais a partir do 1 de outubro de 2026, de acordo coa Resolución do 6 de xullo de 2026 (DOG núm. 128, do 10 de xullo) pola que se declara a urxencia e se reducen os prazos nos procesos selectivos convocados pola Consellería de Facenda e Administración Pública nos cales a súa elección de destino se convoque ou resolva en período estival (meses de xullo, agosto e setembro)».
Debe dicir:
«Non obstante, o prazo posesorio para o persoal aspirante que superou algún dos procesos de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público e que foron convocados pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro, e DOG núm. 245, do 27 de decembro) ou o proceso selectivo convocado pola Resolución do 22 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro) será de quince (15) días naturais a partir do 1 de outubro de 2026, de acordo coa Resolución do 6 de xullo de 2026 (DOG núm. 128, do 10 de xullo) pola que se declara a urxencia e se reducen os prazos nos procesos selectivos convocados pola Consellería de Facenda e Administración Pública nos cales a súa elección de destino se convoque ou resolva en período estival (meses de xullo, agosto e setembro)».
