DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Martes, 1 de setembro de 2026 Páx. 47567

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2026 pola que se contrata persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade química (espectroscopía IR-Raman/magnetosusceptibilidade e crioxenia), en virtude das probas selectivas convocadas pola Resolución do 25 de agosto de 2025.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas convocadas pola Resolución reitoral do 25 de agosto de 2025 (Diario Oficial de Galicia do 9 de setembro de 2025 e BOE do 1 de outubro de 2025) para cubrir con persoal laboral fixo unha praza da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade química (espectroscopía IR-Raman/magnetosusceptibilidade e crioxenia), grupo III, pola quenda de acceso libre, unha vez comprobado que a persoa seleccionada reúne os requisitos exixidos na base 2 da convocatoria e de conformidade co disposto no artigo 85.j) dos estatutos da USC,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta feita polo tribunal cualificador e contratar como persoal laboral fixo na categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade química (espectroscopía IR-Raman/ magnetosusceptibilidade e crioxenia), a persoa que superou o proceso selectivo e que se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo. A persoa seleccionada formalizará o seu contrato ante o Servizo de Xestión de Persoal, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

No caso de que a persoa aspirante se atope en situación de incapacidade temporal, o prazo para a sinatura do contrato comezará a partir do día hábil seguinte ao da data da alta médica, que deberá acreditar. Quedan exceptuadas do disposto neste parágrafo as situacións derivadas da maternidade ou paternidade, en que se poderá asinar o contrato durante esta situación.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer demanda no xulgado do social no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 69 da Lei 36/2011, reguladora da xurisdición social.

Non obstante, poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou, ao abeiro do artigo 123 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2026

Rosa María Crujeiras Casais
Reitora da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Número de orde

DNI

Apelidos e nome

1

***5644**

Muras González, Juan Andrés