DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Martes, 1 de setembro de 2026 Páx. 47527

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2026 pola que se convoca o proceso selectivo mediante o sistema de oposición para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinaria.

Mediante o Decreto 109/2025, do 1 de decembro (DOG núm. 235, do 4 de decembro), apróbase a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.

Mediante o Decreto 35/2026, do 27 de abril (DOG núm. 85, do 8 de maio), apróbase a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.

A disposición adicional primeira.1 do Decreto 35/2026, do 27 de abril, pola que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, establece que se poderán convocar nun único proceso selectivo as prazas correspondentes á oferta de emprego público dos anos 2024 e 2025 que están pendentes de convocar.

En desenvolvemento do disposto nos artigos 12 e 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, establécese a obrigatoriedade do uso de medios electrónicos na inscrición das solicitudes de participación neste proceso selectivo.

De conformidade co establecido no Decreto 35/2026, do 27 de abril, esta consellería, no uso das competencias que lle atribúe a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia,

DISPÓN:

Convocar o proceso selectivo para o ingreso, mediante o sistema de oposición, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinaria.

I. Normas xerais.

I.1. O obxecto do proceso selectivo é a cobertura de oitenta e seis (86) prazas do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinaria, correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2025, á cal se acumulan as derivadas da oferta de 2025 segundo se detalla:

– Oferta de emprego público do exercicio 2025, aprobada polo Decreto 109/2025, do 1 de decembro (DOG núm. 235, do 4 de decembro): dezaseis (16) prazas.

– Oferta de emprego público do exercicio 2026, aprobada polo Decreto 35/2026, do 27 de abril (DOG núm. 85, do 8 de maio): setenta (70) prazas.

Resérvanse doce (12) prazas para seren cubertas pola quenda de discapacidade.

Resérvanse vinte e dúas (22) prazas para seren cubertas pola quenda de promoción interna. As prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás de acceso libre.

O sistema selectivo será o de oposición.

I.1.1. De conformidade co Decreto 109/2025, do 1 de decembro, do total de prazas convocadas reservaranse doce (12) prazas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade cun grao igual ou superior ao 33 %.

Se as praza reservadas para as persoas con discapacidade quedan desertas, acumularanse ás de acceso xeral.

Se algunha persoa aspirante con discapacidade que se presenta pola cota de reserva de persoas con discapacidade supera os exercicios, pero non obtén praza, e a súa puntuación é superior á obtida por outras persoas aspirantes do sistema de acceso xeral, será incluída pola súa orde de puntuación neste sistema.

De conformidade co disposto no Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, durante os procesos selectivos darase un tratamento diferenciado ás persoas aspirantes pola cota de discapacidade, no que se refire ás relacións de persoas admitidas e excluídas, aos chamamentos aos exercicios e á relación de persoas aprobadas. Non obstante, ao finalizar cada exercicio e o proceso elaborarase unha relación única na cal se incluirán todas as persoas aspirantes que o superasen, ordenadas pola puntuación total obtida, con independencia do tipo de praza pola cal optasen.

I.1.2. As persoas que, cumprindo os requisitos establecidos na base I.1.1, opten ás prazas reservadas para persoas con discapacidade deberán indicalo expresamente na solicitude. De non o indicaren, entenderase que non optan por esta reserva.

As persoas aspirantes só poderán participar nunha das opcións referidas.

I.1.3. De ser o caso, as aclaracións ou as correccións deberán realizarse no prazo de alegacións ás listaxes provisionais de persoas admitidas.

I.1.4. A este proceso selectivo seranlle aplicables o Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público (en diante, TRLEBEP); a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público; a Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, o Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e demais normas concordantes, así como o disposto nesta convocatoria.

I.2. Requisitos das persoas aspirantes.

Para seren admitidas aos procesos selectivos, as persoas aspirantes deberán posuír no día de finalización da presentación de solicitudes de participación e manter ata o momento da toma de posesión como persoal funcionario de carreira os seguintes requisitos:

I.2.1. Promoción interna.

I.2.1.1. Idade: non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

I.2.1.2. Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título de licenciatura ou grao en Veterinaria.

As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, se é o caso, a homologación do título. Este requisito non será de aplicación ás persoas aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións do dereito da Unión Europea.

A acreditación da titulación requirida deberá tramitarse con anterioridade á finalización do prazo de presentación de solicitudes a través da aplicación Fides (https://fides.xunta.gal). A titulación académica ou certificación académica que acredite ter realizado todos os estudos para a súa obtención incluirase na epígrafe «Expediente-e»:«Formación-Formación académica/profesional». Esta acreditación realizarase de conformidade co establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública.

As persoas aspirantes que teñan validada a titulación requirida no expediente persoal electrónico do empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia quedan exentas desta acreditación.

I.2.1.3. Pertencer como persoal funcionario de carreira a algún dos seguintes corpos ou escalas:

– Aos integrados no subgrupo A1 da Administración xeral (corpo superior) ou de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpo facultativo superior).

– Aos integrados no subgrupo A2 da Administración xeral (corpo de xestión) ou de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpo facultativo de grao medio).

Queda expresamente excluído o persoal laboral indefinido non fixo.

I.2.1.4. Ter prestado servizos efectivos, durante polo menos dous anos, como persoal funcionario nalgún dos corpos ou das escalas integrados no subgrupo A1 da Administración xeral ou de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpo superior ou corpo facultativo superior) ou no subgrupo A2 da Administración xeral ou de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpo de xestión ou facultativo de grao medio).

Quedarán exentas do cumprimento deste requisito as persoas aspirantes que adquirisen a condición de persoal funcionario de carreira do corpo superior ou do corpo facultativo superior (subgrupo A1) ou do corpo de xestión ou do corpo facultativo de grao medio (subgrupo A2) como consecuencia da superación dalgúns dos procesos de funcionarización ou promoción específica convocados ao abeiro do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, polo que se establece o procedemento para a adquisición da condición de persoal funcionario de carreira polo persoal laboral fixo do Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, sempre que conten cunha antigüidade mínima de dous anos na categoría profesional desde a cal participaron no proceso de funcionarización.

Para estes efectos, consideraranse servizos efectivos os prestados na situación de servizos especiais (artigo 168 da Lei 2/2015, do 29 de abril), na situación de excedencia por coidado de familiares (artigo 176 da Lei 2/2015, do 29 de abril), na situación de excedencia por razón de violencia de xénero (artigo 177 da Lei 2/2015, do 29 de abril) e na situación de excedencia por razón de violencia terrorista (artigo 177.bis da Lei 2/2015, do 29 de abril).

I.2.1.5. Capacidade funcional: posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.

I.2.1.6. Habilitación: non ter sido separada/o nin despedida/o, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin encontrarse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.

No suposto de ser nacional doutro Estado, non encontrarse inhabilitada/o ou en situación equivalente, nin ter sido sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no Estado de procedencia, o acceso ao emprego público nos termos anteriores.

I.2.1.7. Non poderá participar no proceso selectivo o persoal funcionario de carreira que xa pertence á especialidade obxecto desta convocatoria.

I.2.2. Acceso libre.

I.2.2.1. Idade: ter dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

I.2.2.2. Nacionalidade:

a) Ter a nacionalidade española.

b) Ser nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea.

c) Ser nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa aplicable a libre circulación de persoas traballadoras.

d) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito. Nas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e as/os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.

I.2.2.3. Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título de licenciatura ou grao en Veterinaria.

As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, se é o caso, a homologación do título. Este requisito non será de aplicación ás persoas aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións do dereito da Unión Europea.

A acreditación da titulación requirida deberá tramitarse con anterioridade á finalización do prazo de presentación de solicitudes a través da aplicación Fides (https://fides.xunta.gal). A titulación académica ou certificación académica que acredite ter realizado todos os estudos para a súa obtención incluirase na epígrafe «Expediente-e»: «Formación-Formación académica/profesional». Esta acreditación realizarase de conformidade co establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública.

As persoas aspirantes que teñan validada a titulación requirida no expediente persoal electrónico do empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia quedan exentas desta acreditación.

I.2.2.4. Capacidade funcional: posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.

I.2.2.5. Habilitación: non ter sido separada/o nin despedida/o, mediante expediente disciplinario, do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin encontrarse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.

No suposto de ser nacional doutro Estado, non encontrarse inhabilitada/o ou en situación equivalente, nin ter sido sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no Estado de procedencia, o acceso ao emprego público nos termos anteriores.

I.2.2.6. Ademais dos requisitos anteriores, as persoas aspirantes que se presenten pola cota de reserva de discapacidade terán que ter recoñecida a condición legal de persoa con discapacidade cun grao igual ou superior ao 33 % con anterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

I.2.2.7. Non poderá participar no proceso selectivo o persoal funcionario de carreira que xa pertence á especialidade obxecto desta convocatoria a que pretende optar.

I.3. Solicitudes.

I.3.1. As solicitudes presentaranse por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible no portal web corporativo https://xunta.gal/funcion-publica, seguindo a ruta «Procesos selectivos»–«Xeración e presentación de solicitudes de procesos selectivos». Para a presentación electrónica das solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), e deberán pagar a taxa que estea vixente no momento de presentala que exixe a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co procedemento que se sinala nos seguintes parágrafos.

Despois de premer a modalidade de solicitude elixida, as persoas aspirantes deberán rexistrar os seus datos de identidade e contacto que se empregarán para as súas solicitudes.

Unha vez completados os datos da persoa solicitante, poderase iniciar o proceso de inscrición.

As persoas aspirantes deberán indicar na súa solicitude, na epígrafe «Idioma do exame», se o texto do cuestionario do exercicio se deberá entregar en idioma galego ou en idioma castelán. Unha vez realizada a opción e presentada a súa solicitude, a persoa aspirante non poderá modificar esta opción elixida.

As persoas aspirantes deberán declarar as circunstancias particulares en que se encontren, relativas ao pagamento de taxas.

As persoas aspirantes con discapacidade poderán solicitar as posibles adaptacións de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria.

Se a solicitude deriva dunha circunstancia sobrevida, deberán solicitar a adaptación necesaria no prazo dun mes desde que se producise o feito causante e, en calquera caso, nas 24 horas seguintes á publicación da convocatoria para a realización do exercicio en que proceda a súa aplicación.

As persoas aspirantes das adaptacións sinaladas poderán indicar na mesma epígrafe da solicitude a presenza, durante a realización do exercicio, de atención médica especializada. Neste suposto, deberán acreditar e presentar, antes do remate do prazo fixado, o orixinal ou a copia auténtica do informe médico que acredite a necesidade da dita medida.

I.3.2. O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

I.3.3. As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude de participación e a través da aplicación informática a seguinte documentación:

a) No suposto de non ter a nacionalidade española, documentación acreditativa de cumprir calquera das condicións previstas no artigo 52.1 da Lei 2/2015, do 29 de abril, no cal se regula o acceso ao emprego público de persoas nacionais doutros Estados.

b) Xustificante da condición de persoa con discapacidade no caso de estar expedido por outra comunidade autónoma.

c) Xustificante da condición de familia numerosa no caso de estar expedida por outra comunidade autónoma.

d) Os datos relativos á exención da taxa consultaranse automaticamente a non ser que as persoas interesadas se opoñan á consulta da documentación; para iso deberán indicalo no recadro correspondente e achegar a seguinte documentación:

– Persoas con discapacidade: certificado de discapacidade.

– Vítimas de terrorismo: resolución administrativa pola cal se recoñeza tal condición.

– Familia numerosa xeral ou especial: certificado de familia numerosa de carácter xeral ou especial, ou carné familiar en que conste o dito carácter.

– Demandantes de emprego:

1º. Certificación expedida pola oficina de emprego, na cal conste que a persoa aspirante figura como demandante de emprego desde, polo menos, seis meses anteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.

2º. Certificación do Servizo Público de Emprego Estatal, na cal conste que na data de presentación da solicitude de participación no proceso selectivo non está a percibir a prestación ou o subsidio por desemprego.

Para a remisión electrónica, empregará as epígrafes habilitadas para os efectos. Se non dispón de copias auténticas, deberá xerar o anexo de documentación e achegar, coa súa solicitude, orixinal ou copia debidamente compulsada dos documentos xustificativos segundo os supostos en que se encontren.

De acordo co sinalado no artigo 23.5 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, estarán exentas do pagamento:

Do importe total da taxa:

– As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Do 50 % do importe:

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.

– As persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas en que soliciten a súa participación e que non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

– As vítimas do terrorismo, entendendo por tales, para os efectos regulados nesta epígrafe, as persoas que sufrisen danos físicos ou psíquicos como consecuencia da actividade terrorista e así o acreditasen mediante sentenza xudicial firme ou resolución administrativa pola cal se recoñeza tal condición, o seu cónxuxe ou persoa que convivise con análoga relación de afectividade, e os fillos dos feridos e falecidos.

I.3.4. Para o pagamento da taxa deberá actuar do seguinte xeito:

Pagamento electrónico: deberá introducir os datos da tarxeta, de crédito ou débito, ou bizum, na opción de pagamento electrónico, e nese momento obterá o xustificante correspondente.

Se ademais se emprega o certificado dixital, poderá realizarse o pagamento con cargo á conta da persoa titular do certificado das entidades que ofrecen esa posibilidade.

Pagamento presencial: deberá seleccionar esta opción na pantalla, imprimir o documento de pagamento e realizar o ingreso do importe da taxa en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia, onde se lle facilitará un exemplar selado como xustificante. Unha vez feito o pagamento presencial na entidade financeira, deberase acceder á solicitude pendente e continuar a inscrición. Introduciranse os datos relativos á data de ingreso e o NRC (número de rexistro completo) correspondente. Unha vez completados os datos, validarase o NRC premendo no botón «Validar NRC».

A Administración devolveralles o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aquelas persoas aspirantes excluídas de maneira definitiva, ou ben que non figuren en ningunha das listaxes, que así o soliciten no prazo de dous (2) meses a partir do día seguinte ao da publicación no DOG da resolución pola cal se anuncia a publicación das listas definitivas de persoas admitidas e excluídas.

Para iso será necesario que a persoa interesada presente un escrito, dirixido ao Servizo de Selección da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, en que solicite a devolución do importe ingresado en concepto de dereitos de exame, que introduza completo o seu número de conta bancaria na aplicación Fides, na epígrafe «expediente > datos persoais», e que achegue o certificado expedido pola entidade financeira no cal figuren os datos asociados a esa conta. A presentación, fóra do prazo indicado, deste escrito ou do certificado, ou a non introdución en prazo dos datos bancarios en Fides, suporá a perda do dereito á devolución do importe ingresado.

Non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso das persoas aspirantes admitidas provisional ou definitivamente.

I.3.5. Finalizado correctamente o proceso de pagamento, poderase presentar a solicitude.

Non se poderá presentar máis dunha solicitude de participación para a mesma escala. No caso de presentar varias solicitudes, soamente se terá en conta a última presentada.

O estado das solicitudes poderá ser consultado en calquera momento, accedendo ao sistema en Inscricións en procesos selectivos, onde disporá dunha listaxe de todas as solicitudes presentadas pola persoa aspirante.

Para calquera aclaración ou información sobre os procedementos anteriores, as persoas aspirantes disporán de axudas e formas de contacto específicas en cada pantalla.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Unha vez expirado o prazo de presentación de solicitudes, a persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal aprobará a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas a través dunha resolución que será publicada no DOG. As listaxes coas persoas aspirantes, con indicación dos seus apelidos, nome e catro cifras numéricas aleatorias do documento nacional de identidade, e das causas das exclusións que procedan, publicaranse no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica. Estas listaxes indicarán a relación de persoas aspirantes que están exentas de realizar a proba de acreditación do coñecemento da lingua galega referida na base II.1.1.4.

I.4.2. As persoas aspirantes excluídas, ou aquelas que non figuren nin como admitidas nin como excluídas, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da dita publicación da resolución no DOG, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión. Igualmente, no mesmo prazo poderán alegar respecto da falta de exención da proba de acreditación do coñecemento da lingua galega.

As alegacións contra as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas deberán presentarse a través da aplicación Fides (http://fides.xunta.gal).

As persoas aspirantes afectadas poderán acceder á solicitude correspondente e completar os documentos solicitados.

A estimación ou desestimación das ditas peticións de correccións entenderase implícita nunha nova resolución da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal pola que se aprobará a relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas, que será publicada no DOG. As listaxes definitivas coas persoas aspirantes, con indicación dos seus apelidos, nome e catro cifras numéricas aleatorias do documento nacional de identidade e das causas das exclusións que procedan publicaranse no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica

O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participar no proceso selectivo. Cando da documentación que deben presentar tras superar o proceso selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas aspirantes decaerán en todos os dereitos que poidan derivar da súa participación.

II. Proceso selectivo.

II.1. Oposición.

O programa que rexerá as probas selectivas é o que figura como anexo I desta resolución.

Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que, con data límite da data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior.

II.1.1. Exercicios.

As probas da oposición consistirán na superación dos seguintes exercicios, todos eles eliminatorios e obrigatorios.

O primeiro e segundo exercicio, descritos a continuación, realizaranse de modo simultáneo na mesma sesión. O tempo máximo de duración conxunta de ambos os dous exercicios será de douscentos corenta (240) minutos.

II.1.1.1. Primeiro exercicio.

Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de contido teórico de cento corenta (140) preguntas tipo test, das cales corenta (40) corresponderán á parte xeral do programa e cen (100) á parte específica do programa que figura no anexo I.

O dito exercicio disporá de oito (8) preguntas de reserva, das cales dúas (2) corresponderán á parte xeral do programa e seis (6) á parte específica, e que substituirán as preguntas anuladas de cada parte pola súa orde.

As persoas aspirantes da quenda de promoción interna estarán exentas de contestar as preguntas da parte xeral do programa, polo que contestarán unicamente as cen (100) preguntas da parte específica e as correspondentes preguntas de reserva.

As preguntas terán catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das cales só unha será a correcta.

Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta. As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación. As preguntas adicionais de reserva serán valoradas só no caso de que se anule algunha das preguntas do exercicio.

O tribunal procurará que o número de preguntas garde a debida proporción co número e contido dos temas que integran o programa.

Na quenda de promoción interna, superarán este exercicio as persoas aspirantes que teñan o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Na quenda libre, superarán este exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por cinco (5) o número de prazas convocadas, sempre que acaden o mínimo do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Ao remate da proba cada aspirante poderá levar unha copia do seu cadro de respostas.

O exercicio cualificarase de 0 a 36 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de dezaoito (18) puntos.

II.1.1.2. Segundo exercicio.

As persoas aspirantes deberán resolver un cuestionario tipo test de corenta (40) preguntas sobre dous supostos de carácter práctico relacionados coa parte específica do programa (anexo I), con vinte (20) preguntas cada un dos supostos.

Cada suposto do exercicio disporá de dúas (2) preguntas de reserva, que substituirán as preguntas anuladas pola súa orde.

As preguntas terán catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das cales só unha será a correcta.

Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta. As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación. As preguntas adicionais de reserva serán valoradas só no caso de que se anule algunha das preguntas do exercicio.

Na quenda de promoción interna, superarán este exercicio as persoas aspirantes que teñan un mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Na quenda libre, superarán este exercicio as persoas aspirantes que acaden o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Ao remate da proba cada persoa aspirante poderá obter copia das súas respostas.

A corrección deste segundo exercicio unicamente se realizará no caso de superaren as persoas aspirantes o primeiro exercicio. De non ser así, as persoas aspirantes serán consideradas non avaliables.

A cualificación do segundo exercicio será de 0 a 14 puntos e será necesario obter un mínimo de sete (7) puntos para a súa superación.

No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes á realización do primeiro e segundo exercicio publicaranse os contidos dos cuestionarios, así como as respostas correctas, no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica

A data de realización do primeiro e segundo exercicio non terá lugar antes dos seis (6) meses posteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.

II.1.1.3. Terceiro exercicio.

O terceiro exercicio consistirá no desenvolvemento por escrito de dous (2) temas, que se elixirán entre cinco (5) obtidos mediante sorteo polo tribunal de entre os que figuran na parte específica do programa que consta como anexo I desta resolución.

O tempo máximo de duración deste exercicio será de douscentos corenta (240) minutos.

Este exercicio cualificarase de 0 a 50 puntos e, para superalo, será necesario obter un mínimo de vinte e cinco (25) puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar esta puntuación mínima.

O tribunal cualificará este exercicio valorando, entre outros, os coñecementos, a claridade, a orde de ideas e a calidade da expresión escrita.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de dous (2) días hábiles desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.1.1.4. Proba de acreditación do coñecemento da lingua galega.

De conformidade co disposto no artigo 51 de Lei 2/2015, do 29 de abril, as persoas aspirantes deberán realizar este exercicio, que constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización do exercicio será de sesenta (60) minutos.

Este exercicio valorarase como apto ou non apto e será necesario para superalo obter o resultado de apto. Corresponderalle ao tribunal determinar o coñecemento da lingua galega de acordo co nivel do Celga 4 requirido no proceso selectivo. Non poderán superar o proceso selectivo as persoas aspirantes declaradas non aptas.

Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten a posesión, no día da finalización do prazo de presentación de instancias neste proceso, do Celga 4 ou do título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

A súa acreditación deberá tramitarse con anterioridade á finalización do prazo de presentación de solicitudes a través da aplicación Fides (https://fides.xunta.gal) na epígrafe «Expediente-e»: «Idiomas-galego». Esta acreditación realizarase de conformidade co establecido na Resolución do 5 de decembro de 2023, da Dirección Xeral da Función Pública.

As persoas aspirantes que teñan validada a acreditación do nivel requirido (ou superior) de coñecemento da lingua galega no expediente persoal electrónico do empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia quedan exoneradas desta acreditación.

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal publicará, xunto coa lista provisional de admitidos e excluídos, a relación das persoas aspirantes exentas de realizar a proba de acreditación do coñecemento do idioma galego.

O tribunal fixará a data de realización desta proba de acreditación na mesma resolución pola cal se convocan as persoas aspirantes para a realización do primeiro exercicio.

II.1.2. Desenvolvemento dos exercicios.

II.1.2.1. A orde de actuación das persoas aspirantes será por orde alfabética e iniciarase por aqueles cuxo primeiro apelido comence pola letra F, de conformidade co establecido na Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 21 de xaneiro de 2025 (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), pola que se fai público o resultado do sorteo realizado, en cumprimento do establecido na Resolución da mesma consellería do 16 de xaneiro de 2025 (DOG núm. 12, do 20 de xaneiro).

II.1.2.2. As persoas aspirantes deberán presentarse a cada exercicio provistas de NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou outro documento fidedigno que, ao xuízo do tribunal, acredite a súa identidade.

II.1.2.3. Os exercicios realizaranse a porta pechada sen outra asistencia que a das persoas aspirantes, os membros do tribunal e as persoas designadas pola Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal como colaboradoras.

II.1.2.4. En calquera momento as persoas aspirantes poderán ser requiridas polo tribunal coa finalidade de acreditar a súa identidade.

II.1.2.5. O chamamento para cada exercicio será único, de xeito que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas.

Non obstante, as mulleres embarazadas que prevexan a coincidencia do parto coas datas de realización de calquera dos exercicios polas circunstancias derivadas do seu avanzado estado de xestación, ou eventualmente nos primeiros días do puerperio, poderano pór en coñecemento do tribunal xuntando á comunicación o correspondente informe médico oficial. A comunicación deberá realizarse dentro das corenta e oito (48) horas seguintes ao anuncio da data do exame.

O tribunal acordará se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo, aprazala ou adoptar ambas as medidas conxuntamente. Contra tal acordo non caberá recurso, sen prexuízo de que as razóns da impugnación se inclúan en calquera outro recurso admisible de acordo coas regras xerais do proceso selectivo.

II.1.2.6. O anuncio de realización dos exercicios publicarase no DOG e no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica con corenta e oito (48) horas, polo menos, de anticipación á sinalada para o seu inicio.

II.1.2.7. Se o tribunal, de oficio ou con base nas reclamacións que as persoas aspirantes poden presentar nos tres (3) días hábiles seguintes ao da realización do exercicio, anula algunha ou algunhas das súas preguntas ou modifica o modelo de corrección de respostas, publicará a correspondente resolución no DOG. As alegacións das persoas aspirantes deberán presentarse a través da aplicación Fides (http://fides.xunta.gal).

II.1.2.8. A resolución pola cal se acorda a publicación dos resultados dos exercicios publicarase no DOG. A listaxe coas persoas aspirantes, con indicación dos seus apelidos, nome e catro cifras numéricas aleatorias do documento nacional de identidade publicaranse no portal web corporativo da Xunta de Galicia xunta.gal/funcion-publica

As persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que xulguen oportunas ás puntuacións do exercicio no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación no DOG da resolución do tribunal referida no parágrafo anterior.

A tramitación destas alegacións deberán presentarse a través da aplicación Fides (http://fides.xunta.gal).

II.1.2.9. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal ten coñecemento ou dúbidas fundadas de que algunha persoa aspirante non cumpre algún dos requisitos exixidos nesta convocatoria, comunicarallo á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para que esta lle requira os documentos acreditativos do seu cumprimento.

No caso de que a persoa aspirante non acredite o cumprimento dos requisitos, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal proporalle a súa exclusión do proceso selectivo ao órgano convocante, que publicará a resolución que corresponda.

II.1.2.10. Para respectar os principios de publicidade, transparencia, obxectividade e seguridade xurídica que deben rexer no acceso ao emprego público, o tribunal establecerá e informará as persoas aspirantes, con anterioridade á realización dos exercicios, dos criterios de corrección, valoración e superación que non estean expresamente establecidos nas bases desta convocatoria.

No caso de que o tribunal acorde parámetros para a cualificación do exercicio, en desenvolvemento dos criterios de valoración previstos nesta convocatoria, aqueles difundiranse con anterioridade á realización do exercicio.

II.1.2.11. A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma da puntuación dos exercicios da oposición. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior ao de prazas convocadas.

Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, de se produciren renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación as propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deduza que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poden ser nomeadas persoal funcionario de carreira.

III. Tribunal.

III.1. O tribunal cualificador do proceso será nomeado por resolución da consellería competente en materia de emprego público, e a súa composición será a determinada polo previsto no artigo 59 da Lei 2/2015, do 29 de abril, artigo 60 do TRLEBEP, artigo 152 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia, e o Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

III.2. As persoas que formen parte do tribunal deberán absterse de intervir cando concorran nelas circunstancias das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, no artigo 59.2 da Lei 2/2015, do 29 de abril, ou nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección, aprobadas pola Resolución do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 11 de abril de 2007, e no Acordo adoptado no Consello da Xunta do 8 de abril de 2010. A concorrencia de calquera das ditas causas deberá serlle comunicada á Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal.

A Presidencia deberá solicitarlles ás restantes persoas que formen parte do tribunal e, de ser o caso, ao persoal asesor previsto na base III.9 e ao persoal auxiliar que incorpore aos seus traballos unha declaración expresa de non encontrarse incursos en ningunha das circunstancias reflectidas no parágrafo anterior.

En todo caso, as persoas aspirantes poderán recusar as integrantes do tribunal cando concorran nelas algunha das circunstancias referidas no parágrafo, primeiro consonte o establecido no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro.

III.3. A autoridade convocante publicará no DOG a resolución correspondente pola cal se nomeen as novas persoas integrantes do tribunal cualificador que substituirán as que perderon a súa condición por calquera das causas previstas na normativa aplicable.

III.4. A sesión de constitución deberá realizarse nun prazo máximo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do nomeamento do tribunal no DOG. Na dita sesión, o tribunal adoptará todas as decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento do proceso selectivo.

III.5. A partir da sesión de constitución, a actuación válida do tribunal requirirá a concorrencia da metade, polo menos, dos seus membros, con presenza en todo caso das persoas que ocupen a presidencia e a secretaría, ou de quen as substitúa.

III.6. O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ao disposto nestas bases, na Lei 40/2015, do 1 de outubro, nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección e no resto do ordenamento xurídico.

III.7. Por cada sesión do tribunal levantarase unha acta que, lida ao principio da sesión seguinte e feitas, de ser o caso, as rectificacións que procedan, será autorizada coa sinatura da persoa que ocupe a secretaría e o visto e prace da persoa que ocupe a presidencia, ou quen as substitúa.

III.8. A Presidencia do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios do proceso selectivo sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade das persoas aspirantes, e utilizará para iso os impresos adecuados.

O tribunal excluirá aquelas persoas aspirantes en cuxos exercicios figuren marcas ou signos que permitan coñecer a súa identidade.

As decisións e os acordos que afecten a cualificación e valoración das probas (determinación do número de preguntas correctas para acadar a puntuación mínima, fixación de criterios de valoración, etc.) deberán adoptarse sen coñecer a identidade das persoas aspirantes ás cales lles corresponden os resultados obtidos.

III.9. O tribunal poderá propor a incorporación aos seus traballos de persoal asesor para as valoracións que coide pertinentes, quen se deberá limitar a colaborar nas súas especialidades técnicas e terá voz pero non voto. O seu nomeamento corresponderalle á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal.

III.10. O tribunal adoptará as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario para que as persoas aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para realizar os exercicios que as restantes participantes. Para tal fin, estableceranse para as persoas con discapacidades que o soliciten na forma prevista na base I.3 as adaptacións de tempo e/ou medios que sexan necesarias.

Se, durante a realización do proceso selectivo, o tribunal ten dúbidas sobre a capacidade da persoa aspirante para o desempeño das funcións propias do corpo ou escala a que opta, poderá solicitar o ditame do órgano competente.

III.11. O tribunal terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia. Para os efectos do previsto no dito decreto, entenderase que a designación do tribunal cualificador realizada segundo o disposto na base III.1 implicará a autorización da orde de servizo para que os seus membros se poidan desprazar ao lugar acordado para cada unha das sesións convocadas dentro do número máximo autorizado.

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal determinará o dito número máximo de sesións autorizado ao tribunal e poderá amplialo baseándose en causas xustificadas.

III.12. O tribunal non poderá propor o acceso ao emprego público dun número superior de persoas aprobadas ao de prazas convocadas. Calquera proposta de persoas aprobadas que contraveña o establecido será nula de pleno dereito, tendo en conta o previsto na base II.1.2.11.

III.13. Os acordos adoptados polo tribunal do proceso poderán ser obxecto de recurso de alzada, ante a persoa titular da consellería competente en materia de emprego público nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

III.14. As comunicacións que lle formulen as persoas aspirantes ao tribunal dirixiranse electronicamente á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela).

IV. Listaxe de persoas aprobadas, presentación de documentación e nomeamento de persoal funcionario de carreira.

IV.1. A cualificación do proceso virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nos exercicios da oposición.

No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes, acudirase, por orde, aos seguintes criterios ata que se resolva:

– De se acreditar infrarrepresentación do xénero feminino no mesmo grupo, escala e, de ser o caso, especialidade, o desempate dirimirase a prol da muller.

– Puntuación obtida nos exercicios pola súa orde de realización.

– Orde alfabética recollida na base II.1.2.1.

– En último lugar, o empate dirimirase por sorteo entre as persoas implicadas.

IV.2. Unha vez rematado o proceso selectivo, o tribunal publicará no DOG a resolución pola que se declaran as persoas aspirantes que superaron o dito proceso; as listaxes coas persoas aspirantes que superaron o proceso, con indicación dos seus apelidos, nome e catro cifras numéricas aleatorias do documento nacional de identidade ou equivalente, ordenadas polas puntuacións acadadas, publicaranse no portal web corporativo xunta.gal/funcion-publica. Na mesma resolución proporá o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

A partir do día seguinte ao da publicación no DOG da referida resolución, estas disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles para a presentación dos seguintes documentos:

a) Declaración, baixo a súa responsabilidade, de non ter sido separada/o nin despedida/o mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin encontrarse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo do cal foi separada/o ou inhabilitada/o, nin pertencer ao mesmo corpo ou escala, segundo o modelo que figura como anexo II a esta convocatoria.

No suposto de ser nacional doutro Estado, declaración xurada ou promesa de non encontrarse inhabilitada/o ou en situación equivalente, nin ter sido sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no Estado de procedencia, o acceso ao emprego público nos mesmos termos, segundo o modelo que figura como anexo III a esta convocatoria.

b) Un certificado ou un informe médico sobre o estado de saúde que acredite que a persoa aspirante non padece enfermidade nin está afectada por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións. Os certificados ou informes non poderán ter unha data de emisión anterior aos tres (3) meses da súa presentación.

c) As persoas aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % que superen o proceso selectivo deberán, ademais, acreditar tal condición mediante certificación dos órganos competentes da Consellería de Política Social e Igualdade e, de ser o caso, da Administración correspondente.

A consellería competente en materia de emprego público solicitaralle ao órgano competente a documentación que acredite que as persoas aspirantes que accedan por esta cota de reserva reúnen os requisitos de compatibilidade co desempeño das correspondentes funcións.

As persoas aspirantes poderán autorizar a Administración para a dita consulta mediante solicitude expresa remitida xunto co resto da documentación.

Non obstante o anterior, as persoas aspirantes pensionistas da Seguridade Social que acrediten a súa discapacidade mediante o recoñecemento dunha pensión de incapacidade permanente no grao de total, absoluta ou grande invalidez, así como as persoas aspirantes pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade, deberán acreditar a compatibilidade da súa discapacidade co desempeño das funcións propias do corpo, escala e, de ser o caso, especialidade profesional ou categoría deste proceso selectivo.

IV.3. As persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación ou do exame dela se deduza que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2 non poderán ser nomeadas persoal funcionario de carreira e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

IV.4. Unha vez acreditada a posesión dos requisitos exixidos, as persoas aspirantes serán nomeadas persoal funcionario de carreira mediante resolución da consellería competente en materia de emprego público, que se publicará no DOG e indicará o destino adxudicado.

IV.5. A adxudicación das prazas ás persoas aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación sinalada na base IV.1.

Non obstante, ás persoas aspirantes que superen este proceso selectivo pola quenda de promoción interna adxudicaráselles destino no mesmo posto que viñesen desempeñando con carácter definitivo, sempre que figure na relación de postos de traballo aberto ao corpo, escala e especialidade á cal acceden.

IV.6. A toma de posesión das persoas aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do seu nomeamento no DOG, de conformidade co artigo 60.e) da Lei 2/2015, do 29 de abril.

V. Disposición derradeira.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da consellería competente en materia de emprego público, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderán impugnala directamente, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2026

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO I

Programa que rexerá as probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinaria

a) Parte xeral.

Tema 1. A Constitución española de 1978: título preliminar, título I (artigos 10, 14, 23, capítulo IV e capítulo V) e título VIII.

Tema 2. Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía para Galicia: título I, título II e título III.

Tema 3. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: título III, título IV (capítulo I e capítulo IV) e título V.

Tema 4. Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia: título preliminar, título I, capítulo I.

Tema 5. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público: título preliminar, capítulos III e IV.

Tema 6. Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico: título preliminar, título I.

Tema 7. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: título III, título VI (capítulos III e IV) e título VIII.

Tema 8. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: título I, título II, título III e título VIII.

Tema 9. Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia: títulos preliminar, I, II (capítulos I, II e XI), VI, VII e VIII. Título I da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.

Tema 10. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar e títulos I e II.

Tema 11. Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar e título I.

Tema 12. Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Tema 13. Lei 9/2017, de contratos do sector público, libros I e II.

b) Parte específica.

Tema 1. A Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade. Título preliminar: dereito á protección da saúde. Título I, capítulo II (actuacións sanitarias do sistema de saúde), capítulo V (intervención pública en relación coa saúde individual colectiva) e capítulo VI (infraccións e sancións). Título II Competencia das administracións públicas.

Tema 2. A Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición. Capítulo preliminar, disposicións xerais. Capítulo I, medidas de prevención e seguridade dos alimentos e pensos. Capítulo III, control oficial e coordinación administrativa. Capítulo IV, instrumentos de seguridade alimentaria. Capítulo VI, laboratorios. Capítulo VIII, publicidade de alimentos. Capítulo IX, potestade sancionadora. lnfraccións e sancións.

Tema 3. A Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia. Título preliminar: obxecto, alcance e definicións. Artigo 33: concepto de autoridade sanitaria. Artigo 34: intervencións públicas sobre actividades, centros e bens. Artigo 37: a inspección sanitaria. Artigo 38: medidas preventivas en materia de saúde pública.

A Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde pública. Título preliminar: disposicións xerais e a política de saúde pública. Título I: dereitos, deberes e obrigas en saúde pública.

Tema 4. O Regulamento (CE) nº 178/2002 polo que se establecen os principios e os requisitos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria. O Regulamento (UE) nº 931/2011, relativo aos requisitos en materia de rastrexabilidade establecidos polo Regulamento (CE) nº 178/2002.

Tema 5. O Regulamento (CE) nº 852/2004, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (agás capítulo V e disposicións derradeiras).

Comunicación da Comisión sobre a aplicación de sistemas de xestión da seguridade alimentaria que teñen en conta boas prácticas de hixiene e procedementos baseados nos principios da análise de perigos e puntos de control crítico (APPCC), especialmente a facilitación/flexibilidade respecto da súa aplicación en determinadas empresas alimentarias (2022/C 355/01) (agás anexos).

Tema 6. Real decreto 1021/2022 polo que se regulan determinados requisitos en materia de hixiene da produción e comercialización dos produtos alimenticios nos establecementos de comercio polo miúdo.

Tema 7. Real decreto 1086/2020, do 9 de decembro, polo que se regulan e flexibilizan determinadas condicións de aplicación das disposicións da Unión Europea en materia de hixiene da produción e comercialización dos produtos alimenticios e se regulan actividades excluídas do seu ámbito de aplicación.

Tema 8. O Regulamento (CE) nº 853/2004 polo que se establecen normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal (agás capítulo IV, disposicións derradeiras e anexo III).

Regulamento de execución (UE) 2019/627 polo que se establecen disposicións prácticas uniformes para a realización de controis oficiais dos produtos de orixe animal destinados a consumo humano. Título I: obxecto, ámbito de aplicación e definicións. Título II: requisitos específicos para a realización de controis oficiais e frecuencia mínima uniforme de tales controis dos produtos de orixe animal.

Tema 9. Sector cárnico. Regulamento (CE) nº 853/2004 polo que se establecen normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal: anexo III, sección I (carne de ungulados domésticos), sección II (carne de aves de curral e lagomorfos) e sección III (carne de caza de cría).

Tema 10. Sector cárnico. Regulamento (CE) nº 853/2004 polo que se establecen normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal: anexo III, sección IV (carne de caza silvestre), sección V (carne picada, preparados de carne e carne separada mecanicamente) e sección VI (produtos cárnicos).

Tema 11. Sector cárnico. Regulamento de execución (UE) 2019/627 polo que se establecen disposicións prácticas uniformes para a realización de controis oficiais dos produtos de orixe animal destinados a consumo humano: título III (requisitos específicos para a realización dos controis oficiais e frecuencia mínima uniforme de tales controis de carne fresca) e anexo II (modalidades prácticas de marcación sanitaria).

Tema 12. Moluscos bivalvos vivos. Regulamento (CE) nº 853/2004 polo que se establecen normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal: sección VII do anexo III (moluscos bivalvos vivos).

Regulamento de execución (UE) 2019/627 polo que se establecen disposicións prácticas uniformes para a realización de controis oficiais dos produtos de orixe animal destinados a consumo humano: título V (requisitos específicos relativos aos controis oficiais de moluscos bivalvos vivos procedentes de zonas de produción e reinstalación clasificadas) e anexo IV (método de referencia para a análise de E. Coli en moluscos bivalvos vivos para a clasificación das zonas de produción e reinstalación).

Orde do 15 de xaneiro de 2002 pola que se regula a extracción e comercialización de vieira (Pecten maximus).

Tema 13. Produtos da pesca. O Regulamento (CE) nº 853/2004 polo que se establecen normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal: sección VIII do anexo III (produtos da pesca).

Regulamento de execución (UE) 2019/627 polo que se establecen disposicións prácticas uniformes para a realización de controis oficiais dos produtos de orixe animal destinados a consumo humano: título VI (requisitos específicos e frecuencia mínima uniforme dos controis oficiais dos produtos da pesca) e anexo VI (modalidades prácticas dos controis oficiais dos produtos da pesca).

Tema 14. Leite e produtos lácteos. Regulamento (CE) nº 853/2004 polo que se establecen normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal: sección IX do anexo III (leite cru e produtos lácteos).

Regulamento de execución (UE) 2019/627 polo que se establecen disposicións prácticas uniformes para a realización de controis oficiais dos produtos de orixe animal destinados a consumo humano: título IV (requisitos específicos e frecuencia mínima uniforme dos controis oficiais de leite cru, costro, produtos lácteos e produtos a base de costro, necesarios para facer fronte aos perigos e riscos uniformes recoñecidos) e anexo III (métodos de análise do leite cru e o leite de vaca tratado termicamente).

Tema 15. Ovos e ovoprodutos. Regulamento (CE) nº 853/2004 polo que se establecen normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal: sección X do anexo III (ovos e ovoprodutos).

Regulamento delegado (UE) nº 2023/2465 da Comisión, do 17 de agosto de 2023, polo que se completa o Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire ás normas de comercialización dos ovos e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 589/2008 da Comisión: artigos 1 a 26 e anexo II (requisitos mínimos para os sistemas de produción de cría de galiñas poñedoras).

Real decreto 1027/2024, do 8 de outubro, polo que se regulan as condicións de aplicación da normativa da Unión Europea de comercialización de ovos.

Tema 16. Regulamento (UE) 2017/625, relativo aos controis e outras actividades oficiais realizadas para garantir a aplicación da lexislación sobre alimentos e pensos e das normas sobre saúde e benestar dos animais, sanidade vexetal e produtos fitosanitarios: título I (obxecto, ámbito de aplicación e definicións), título II (controis oficiais e outras actividades oficiais nos Estados membros).

Tema 17. Regulamento (UE) 2017/625, relativo aos controis e outras actividades oficiais realizadas para garantir a aplicación da lexislación sobre alimentos e pensos e das normas sobre saúde e benestar dos animais, sanidade vexetal e produtos fitosanitarios: título III (laboratorios e centros de referencia), título IV (asistencia e cooperación administrativas), título V (planificación e informes) e anexo III (caracterización dos métodos de análise).

Tema 18. O Real decreto 562/2025, do 1 de xullo, relativo aos controis e outras actividades oficiais realizados sobre a cadea agroalimentaria e operacións relacionadas.

Tema 19. Regulamento (CE) nº 2073/2005, relativo aos criterios microbiolóxicos aplicables aos produtos alimenticios: artigos 1 a 11. Interpretación dos resultados das probas establecidos no capítulo I (criterios de seguridade alimentaria) e no capítulo II (criterios de hixiene dos procesos) do anexo I.

O Regulamento de execución (UE) 2015/1375, do 10 de agosto de 2015, polo que se establecen normas específicas para os controis oficiais da presenza de triquinas na carne. Capítulo I (disposición xeral) e capítulo II (obrigas das autoridades competentes e dos operadores de empresas alimentarias).

Tema 20. O Regulamento (UE) 2023/915, relativo aos límites máximos de determinados contaminantes nos alimentos, agás os anexos.

Regulamento de execución (UE) 2023/2782 da Comisión, do 14 de decembro de 2023, polo que se establecen os métodos de mostraxe e análise para o control do contido de micotoxinas nos alimentos (artigos 1 e 2 e parte I do anexo I).

Regulamento (CE) 1882/2006 polo que se establecen os métodos de mostraxe e de análise para o control oficial do contido de nitratos en certos produtos alimenticios (artigos 1 e 2 e partes A e B do anexo –agás os cadros recollidos na epígrafe B2–).

Regulamento (CE) 333/2007 polo que se establecen os métodos de mostraxe e análise para o control oficial dos niveis de chumbo, cadmio, mercurio, estaño inorgánico, 3-MCPD e benzo(a)pireno nos produtos alimenticios (artigos 1 a 3 e partes A e B do anexo –agás os cadros recollidos na epígrafe B2–).

Regulamento (UE) 2017/644 polo que se establecen métodos de mostraxe e de análise para o control dos niveis de dioxinas, PCB similares ás dioxinas e PCB non similares ás dioxinas en determinados produtos alimenticios (artigos 1 a 6 e partes I e II do anexo II).

Tema 21. Real decreto 191/2011, sobre Rexistro xeral sanitario de empresas alimentarias e alimentos.

Decreto 74/2025, polo que se regula o Rexistro galego sanitario de empresas e establecementos alimentarios e se establecen requisitos de hixiene na produción e comercialización para determinados establecementos.

Tema 22. O Regulamento (CE) 1333/2008, sobre aditivos alimentarios (artigos 1 a 35 e anexo I).

Regulamento (CE) 1935/2004 sobre os materiais e obxectos destinados a entrar en contacto con alimentos (artigos 1 a 28 e anexos I e II).

Tema 23. Real decreto 3/2023 polo que se establecen os criterios técnico-sanitarios da calidade da auga de consumo, o seu control e subministración (capítulos I, II, III e VI).

Real decreto 1798/2010 polo que se regula a explotación e comercialización de augas minerais naturais e augas de manancial envasadas para consumo humano, agás os anexos.

Real decreto 1799/2010 polo que se regula o proceso de elaboración e comercialización de augas preparadas envasadas para o consumo humano, agás os anexos.

Tema 24. Regulamento (UE) 1169/2011 sobre a información alimentaria facilitada ao consumidor, agás os anexos IV e do XIII ao XV.

Real decreto 1808/1991 polo que se regulan as mencións ou marcas que permiten identificar o lote a que pertence un produto alimenticio.

Tema 25. Regulamento (UE) 1924/2006, relativo ás declaracións nutricionais e de propiedades saudables dos alimentos.

Tema 26. Norma xeral relativa á información alimentaria dos alimentos que se presentan sen envasar para a venda ao consumidor final e ás colectividades, dos envasados nos lugares de venda por petición do comprador e dos envasados polos titulares do comercio polo miúdo, aprobada polo Real decreto 126/2015, do 27 de febreiro.

Tema 27. A Lei 8/2003, do 24 de abril, de sanidade animal: título I (disposicións xerais), capítulo I do título II (prevención das enfermidades dos animais), capítulo III do título II (loita, control e erradicación de enfermidades dos animais), capítulo V do título II (laboratorios), capítulo IV do título III (ordenación sanitaria do mercado dos animais) e título V (inspeccións, infraccións e sancións).

Tema 28. Regulamento (UE) 2016/429, relativo ás enfermidades transmisibles dos animais: capítulo 1 (obxecto, finalidade, ámbito de aplicación e definicións), capítulo 2 (enfermidades da lista, enfermidades emerxentes e especies da lista) e capítulo 3 (responsabilidade en materia de sanidade animal) da parte I; capítulo 1 (notificación das enfermidades e envío de informes) e capítulo 2 (vixilancia) da parte II; e título II (medidas de control de enfermidades) da parte III.

O Regulamento de execución 2020/688 polo que se completa o Regulamento (UE) 2016/429 no referente aos requisitos zoosanitarios para os desprazamentos dentro da Unión de animais terrestres e de ovos para incubar: parte I (disposicións xerais) e capítulo 1 (requisitos xerais para os desprazamentos de animais terrestres en catividade e ovos para incubar dentro da Unión) e do capítulo 2 (sección 1 –bovinos– e sección 3 –porcinos–) da parte II.

Tema 29. Regulamento (UE) 2016/429, relativo as enfermidades transmisibles dos animais e polo que se modifican ou derrogan algúns actos en materia de sanidade animal (Lexislación sobre sanidade animal). Parte IV, título II: capítulo 1 (seccións 1, 2 e 4 agás artigos 189 e 190).

Regulamento delegado (UE) 2020/691 polo que se completa o Regulamento (UE) 2016/429 do Parlamento Europeo e do Consello no referente ás normas para os establecementos de acuicultura e os transportistas de animais acuáticos. Artigos 2, 3 e 4.

Tema 30. Regulamento (UE) 2016/429, relativo ás enfermidades transmisibles dos animais e polo que se modifican ou derrogan algúns actos en materia de sanidade animal (Lexislación sobre sanidade animal). Parte IV, título II: capítulo 2 (sección 1, sección 5 agás artigos 211, 213, 214 e 218, e sección 6 agás artigo 221).

Regulamento delegado (UE) 2020/990, referente aos requisitos zoosanitarios e de certificación para os desprazamentos dentro da Unión de animais acuáticos e produtos de orixe animal procedentes de animais acuáticos. Parte I: obxecto, ámbito de aplicación e definicións. Parte II: capítulo 1 (requisitos xerais dos operadores aplicables ao transporte dos animais acuáticos), e capítulo 3, sección 3 (normas sobre a responsabilidade da autoridade competente no que respecta á certificación zoosanitaria).

Regulamento de execución (UE) 2018/1882, relativo á aplicación de determinadas normas de prevención e control a categorías de enfermidades enumeradas na lista e polo que se establece unha lista de especies e grupos de especies que supoñen un risco considerable para a propagación das ditas enfermidades da lista. Artigos 1, 2, 3 e anexo no referente a enfermidades da lista correspondentes a peixes, moluscos e crustáceos.

Regulamento de execución (UE) 2020/2236 polo que se establecen normas para a aplicación dos regulamentos (UE) 2016/429 e (UE) 2017/625 do Parlamento Europeo e do Consello polo que respecta aos modelos de certificados zoosanitarios para a entrada na Unión e os desprazamentos dentro da Unión das partidas de animais acuáticos e de determinados produtos de orixe animal procedentes de animais acuáticos, así como a certificación oficial relativa aos ditos certificados, e se derroga o Regulamento (CE) 1251/2008, agás os anexos.

Tema 31. O Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega).

O Real decreto 728/2007, do 13 de xuño, polo que se establece e regula o Rexistro Xeral de Movementos de Gando (Remo) e o Rexistro Xeral de Identificación Individual dos Animais (Riia).

Tema 32. O Real decreto 1053/2022, do 27 de decembro, polo que se establecen normas básicas de ordenación das granxas bovinas: capítulo I (disposicións xerais), capítulo II (requisitos mínimos xerais das explotacións e do seu funcionamento –agás artigos 9 e 10–), capítulo III (identificación e movemento de animais) e capítulo IV (autorización e rexistro de explotacións) e anexos I (valores de equivalencia para o cálculo de UGM), VI (movementos autorizados entre explotacións de gando bovino) e VII (contido mínimo do libro de rexistro).

Tema 33. O Real decreto 306/2020, do 11 de febreiro, polo que se establecen normas básicas de ordenación das granxas porcinas intensivas: capítulo I (disposicións xerais), capítulo II (condicións mínimas de funcionamento –agás artigos 9, 10 e 11–) e capítulo III (identificación dos animais e rexistro das explotacións de gando porcino) e os anexos V (distancias mínimas entre explotacións e entre explotacións e outros establecementos ou instalacións) e VI (movementos entre explotacións de gando porcino).

Tema 34. O Real decreto 637/2021, do 27 de xullo, polo que se establecen as normas básicas de ordenación das granxas avícolas: capítulo I (disposicións xerais), capítulo II (requisitos mínimos xerais das explotacións e do seu funcionamento –agás artigos 11, 12 e 13–), capítulo III (movemento e identificación de animais) e capítulo IV (autorización e rexistro de explotacións) e o anexo VI (movementos entre explotacións gandeiras).

Tema 35. O Real decreto 1547/2004, do 25 de xuño, polo que se establecen normas de ordenación das explotacións cunícolas.

O Real decreto 209/2002, do 22 de febreiro, polo que se establecen normas de ordenación das explotacións apícolas.

Tema 36. O Real decreto 804/2011, do 10 de xuño, polo que se regula a ordenación zootécnica, sanitaria e de benestar animal das explotacións equinas e se establece o plan sanitario equino.

Tema 37. O Real decreto 787/2023, do 17 de outubro, polo que se ditan disposicións para regular o sistema de rastrexabilidade, identificación e rexistro de determinadas especies de animais terrestres en catividade: capítulo I (disposicións xerais), capítulo II (medios e prazos de identificación -artigos 5 a 8, 15 e 16-), capítulo III (documentos de identificación), capítulo IV (documentos que acompañan o movemento), capítulo V (libro de rexistro de explotación) e capítulo VI (bases de datos informatizadas) e os anexos I (epígrafes A a Ñ) e II (números 1 a 5, 7 e 10).

Tema 38. O Real decreto 2611/1996, do 20 de decembro, polo que se regulan os programas nacionais de erradicación de enfermidades dos animais.

Tema 39. O Real decreto 1940/2004, do 27 de setembro, sobre a vixilancia das zoonoses e os axentes zoonóticos: capítulo I (disposicións xerais). Capítulo I (vixilancia das zoonoses e dos axentes zoonóticos), capítulo III (resistencia aos antimicrobianos), capítulo IV (gromos de zoonoses) e anexo I (sobre a zoonoses e axentes zoonóticos que deben ser obxecto de vixilancia).

O Regulamento (CE) 2160/2003 sobre o control da salmonela e outros axentes zoonóticos específicos transmitidos polos alimentos: capítulo I (disposicións introdutorias), capítulo II (obxectivos comunitarios), capítulo III (programas de control), anexo I (zoonoses e axentes zoonóticos con respecto aos cales se fixarán obxectivos comunitarios de redución da prevalencia) e anexo II (control das zoonoses e dos axentes zoonóticos).

Tema 40. O Regulamento (CE) 999/2001 polo que se establecen disposicións para a prevención, o control e a erradicación de determinadas encefalopatías esponxiformes transmisibles: capítulo I (disposicións xerais), capítulo II (determinación da cualificación sanitaria respecto da EEB), capítulo III (prevención das EET) e capítulo IV (control e erradicación das EET).

Tema 41. O Real decreto 599/2011, do 29 de abril, polo que se establecen as bases do plan de vixilancia sanitaria do gando porcino.

O Real decreto 360/2009, do 23 de marzo, polo que se establecen as bases do programa coordinado de loita, control e erradicación da enfermidade de Aujeszky.

Tema 42. O Regulamento (UE) 2019/6, sobre medicamentos veterinarios: capítulo I (obxecto, ámbito de aplicación e definicións) e capítulo VII (subministración e uso).

O Real decreto 666/2023, do 18 de xullo, polo que se regula a distribución, prescrición, dispensación e uso de medicamentos veterinarios.

Tema 43. O Real decreto 2178/2004, do 12 de novembro, polo que se prohibe utilizar determinadas substancias de efecto hormonal e tireostático e substancias beta-agonistas de uso na cría do gando.

O Regulamento delegado (UE) 2019/2090, que complementa o Regulamento (UE) 2017/625 no que respecta aos casos de sospeita ou constatación de incumprimento das normas da Unión aplicables ao uso de substancias farmacoloxicamente activas autorizadas ou os seus residuos en medicamentos veterinarios ou como aditivos de pensos, ou das normas da Unión aplicables ao uso de substancias farmacoloxicamente activas non autorizadas ou prohibidas, ou os seus residuos.

Tema 44. O Regulamento (CE) 1069/2009 polo que se establecen as normas sanitarias aplicables aos subprodutos animais e produtos derivados non destinados ao consumo humano: título I (disposicións comúns) e capítulo I (obrigas xerais) do título II.

Tema 45. O Regulamento (UE) 142/2011 polo que se establecen as disposicións de aplicación do Regulamento (CE) nº 1069/2009 do Parlamento Europeo e do Consello polo que se establecen as normas sanitarias aplicables aos subprodutos animais e aos produtos derivados non destinados ao consumo humano, e a Directiva 97/78/CE do Consello en canto a determinadas mostras e unidades exentas dos controis veterinarios na fronteira en virtude dela: capítulo V (recollida, transporte, identificación e rastrexabilidade) e anexo X (materias primas para alimentación animal).

O Real decreto 1528/2012, do 8 de novembro, polo que se establecen as normas aplicables aos subprodutos animais e dos produtos derivados non destinados ao consumo humano: artigo 17 (recollida, transporte e identificación), artigo 18 (documento comercial e certificado sanitario) e artigo 20 (rexistro e autorización).

Tema 46. O Regulamento (CE) 183/2005 polo que se fixan requisitos en materia de hixiene dos pensos.

O Real decreto 629/2019, do 31 de outubro, polo que se regula o Rexistro xeral de establecementos no sector da alimentación animal, as condicións de autorización ou rexistro dos ditos establecementos e dos puntos de entrada nacionais, a actividade dos operadores de pensos, e a Comisión nacional de coordinación en materia de alimentación animal: artigos 1 a 15 e anexo I (establecementos de pensos que teñen que figurar nos rexistros xestionados polas autoridades competentes), anexo II (datos mínimos do establecemento e do operador de pensos responsable do establecemento, que deben figurar no Rexistro Xeral) e anexo III (datos mínimos da lista e número de identificación dos establecementos de pensos sometidos a autorización).

Tema 47. O Regulamento (CE) 767/2009 sobre a comercialización e a utilización dos pensos: capítulo 1 (disposicións preliminares), capítulo 2 (requisitos xerais), capítulo 3 (comercialización de tipos específicos de pensos), capítulo 4 (etiquetaxe, presentación e envasado), capítulo 5 (catálogo comunitario de materias primas para pensos e códigos comunitarios de boas prácticas de etiquetaxe) e anexo III (lista de materias primas cuxa comercialización ou utilización para a alimentación animal está prohibida ou restrinxida).

Tema 48. O Regulamento (UE) 2019/4, relativo á fabricación, á comercialización e ao uso de pensos medicamentosos: capítulo 1 (obxecto, ámbito de aplicación e definicións), capítulo 2 (fabricación, almacenamento, transporte e comercialización), capítulo 3 (autorización de establecementos), capítulo 4 (prescrición e uso) e anexo I (requisitos específicos para os explotadores de empresas de pensos), anexo III (requisitos de etiquetaxes específicas) e anexo V (información que se debe incluír na prescrición veterinaria para o penso medicamentoso).

O Regulamento (CE) 1831/2003, sobre os aditivos na alimentación animal: capítulo I (ámbito de aplicación e definicións), capítulo III (etiquetaxe e envasado) e anexo I (grupo de aditivos).

Tema 49. O Real decreto 989/2022, do 29 de novembro, polo que se establecen normas básicas para o rexistro dos axentes do sector lácteo, movementos do leite e o control no ámbito da produción primaria e ata a primeira descarga.

Tema 50. O Real decreto 663/2023, do 18 de xullo, polo que se regula o control do rendemento leiteiro para a avaliación xenética nas especies bovina, ovina e cabrúa, se establecen as bases reguladoras das subvencións ao control de rendemento leiteiro e se modifican diversos reais decretos en materia agraria: capítulo I (disposicións xerais), capítulo II (requisitos de autorización e funcións das entidades de control leiteiro), capítulo III (normas para o desenvolvemento do control do rendemento leiteiro), capítulo IV (estruturas e ferramentas de coordinación e apoio do control leiteiro) e capítulo V (supervisión do control do rendemento leiteiro).

Tema 51. O Real decreto 429/2022, do 7 de xuño, polo que se establecen normas para a comercialización dos produtos reprodutivos das especies gandeiras no ámbito nacional e se regulan medidas para a aplicación da normativa europea aplicable aos desprazamentos dentro da Unión Europea de produtos reprodutivos das especies gandeiras: capítulo I (disposicións xerais), capítulo II (requisitos zootécnicos, sanitarios e de rastrexabilidade para a comercialización de produtos reprodutivos de bovinos, porcinos, ovinos, cabrúns e équidos no ámbito intracomunitario), capítulo III (requisitos zootécnicos, sanitarios e de rastrexabilidade para a comercialización de produtos reprodutivos no ámbito nacional), capítulo IV (distribuidores de produtos reprodutivos no ámbito nacional), capítulo V (Rexistro xeral de establecementos e distribuidores de produtos reprodutivos e Rexistro Nacional de Bancos de Xermoplasma).

Tema 52. O Real decreto 45/2019, do 8 de febreiro, polo que se establecen as normas zootécnicas aplicables aos animais reprodutores de raza pura, porcinos reprodutores híbridos e o seu material reprodutivo, se actualiza o Programa nacional de conservación, mellora e fomento das razas gandeiras, e se modifican os reais decretos 558/2001, do 25 de maio; 1316/1992, do 30 de outubro; 1438/1992, do 27 de novembro, e 1625/2011, do 14 de novembro: capítulo I (disposicións xerais) e capítulo II (programa nacional de conservación, mellora e fomento das razas gandeiras).

Tema 53. A Lei 32/2007, do 7 de novembro, para o coidado dos animais na súa explotación, transporte, experimentación e sacrificio.

Tema 54. O Real decreto 348/2000, do 10 de marzo, polo que se incorpora ao ordenamento xurídico a Directiva 98/58/CE, relativa á protección dos animais nas explotacións gandeiras.

O Real decreto 1047/1994, do 20 de maio, relativo ás normas mínimas para a protección de tenreiros.

Tema 55. O Real decreto 1135/2002, do 31 de outubro, relativo ás normas mínimas para a protección de porcos.

Tema 56. O Real decreto 3/2002, do 11 de xaneiro, polo que se establecen as normas mínimas de protección das galiñas poñedoras, agás o anexo V (contido mínimo do plan de adaptación).

O Real decreto 692/2010, do 20 de maio, polo que se establecen as normas mínimas para a protección dos polos destinados á produción de carne e se modifica o Real decreto 1047/1994, do 20 de maio, relativo ás normas mínimas para a protección de tenreiros.

Tema 57. O Regulamento (CE) 1/2005, relativo á protección dos animais durante o transporte e as operacións conexas: capítulo I (ámbito de aplicación, definicións e condicións xerais aplicables ao transporte de animais), capítulo II (organizadores, transportistas, posuidores e centros de concentración), capítulo III (deberes e obrigas das autoridades competentes), capítulo I do anexo I (aptitude para o transporte), capítulo II do anexo I (medios de transporte), capítulo III do anexo I (prácticas de transporte), capítulo V do anexo I (intervalos de subministración de auga, de alimentación e tempo de viaxe e de descanso), capítulo VI do anexo I (disposicións complementarias para as viaxes longas de équidos domésticos e animais domésticos das especies bovina, ovina, cabrúa e porcina) e o anexo II (caderno de a bordo ou folla de ruta, agás as seccións).

Tema 58. O Regulamento (CE) 1099/2009, relativo á protección dos animais no momento da matanza: capítulo I (obxecto, ámbito de aplicación e definicións), capítulo II (requisitos xerais), capítulo III (requisitos adicionais aplicables aos matadoiros), capítulo IV (baleirado sanitario e matanza de emerxencia), capítulo I co anexo I (métodos), anexo II (deseño, construción e equipamentos dos matadoiros) e anexo III (normas de funcionamento dos matadoiros).

Tema 59. Lei 4/2017, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia: título preliminar e títulos I a VII.

Tema 60. A Lei 50/1999, sobre o réxime xurídico da tenza de animais potencialmente perigosos.

O Real decreto 287/2002, do 22 de marzo, polo que se desenvolve a Lei 50/1999, do 23 de decembro.

O Rexistro galego de identificación de animais de compañía (Regiac).

Tema 61. A Lei 31/2003, do 27 de outubro, de conservación da fauna silvestre nos parques zoolóxicos.

Tema 62. O Regulamento (UE) 1380/2013, sobre a política pesqueira común: parte I (disposicións xerais), título I da parte III (medidas de conservación), título II da parte III (medidas específicas), parte VII (acuicultura) e parte IX (control e execución).

Orde do 27 de xullo de 2012 pola que se regulan os tamaños mínimos de diversos produtos pesqueiros na Comunidade Autónoma de Galicia, agás os anexos.

Tema 63. O Regulamento (CE) nº 1224/2009 polo que se establece un réxime comunitario de control para garantir o cumprimento das normas da política pesqueira común. Título I: disposicións xerais, título II: principios xerais, e título V, capítulo I: disposicións xerais do control na cadea de subministración.

Tema 64. A Lei 11/2008, de pesca de Galicia: título II (da conservación e a xestión dos recursos pesqueiros e marisqueiros), título VIII (da comercialización, a transformación e a promoción dos produtos da pesca, o marisqueo e a acuicultura) e do título XIV (do réxime sancionador) o capítulo I (disposicións xerais), os artigos 134, 135, 139, 140, 141 e 151, e o capítulo IV (procedemento sancionador).

Tema 65. O Regulamento (UE) nº 1379/2013 polo que se establece a organización común de mercados no sector dos produtos da pesca e da acuicultura: capítulo I (disposicións xerais), capítulo III (normas comúns de comercialización) e capítulo IV (información do consumidor).

Tema 66. Real decreto 418/2015, do 29 de maio, polo que se regula a primeira venda dos produtos pesqueiros.

ANEXO II

(Nome e apelidos do/da aspirante) ..., con domicilio en ..., con NIF/NIE/pasaporte ..., declara, para os efectos de ser nomeado/a persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinaria, que non foi despedida/o nin separada/o mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública ou órgano constitucional ou estatutario das comunidades autónomas, nin se encontra en situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial para o acceso ao dito corpo ou escala.

..., ... de ... de 202...

ANEXO III

(Nome e apelidos do/da aspirante) ..., con domicilio en ..., con NIF/NIE/pasaporte ..., declara, para os efectos de ser nomeada/o persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de veterinaria, que non se encontra inhabilitada/o ou en situación equivalente nin foi sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no Estado de ..., nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

(País e localidade) ..., ... de ... de 202...