Mediante a Resolución do 19 de decembro de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia núm. 241, do 21 de decembro), convocouse o concurso-oposición para o ingreso nas categorías do grupo técnico da función administrativa e do grupo de xestión da función administrativa.
Así mesmo, na Resolución do 15 de xuño de 2026, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm. 144, do 3 de agosto), publicouse a relación de persoas definitivamente seleccionadas e abriuse un prazo de dez días hábiles, desde o seguinte ao da súa publicación, para a selección telemática, a través do sistema de información Fides/expedient-e, dos destinos ofertados por orde de prelación.
O punto terceiro desa resolución, acorde coa base novena da convocatoria, dispón que as persoas aspirantes que, nese prazo e conforme o procedemento establecido, non seleccionen ningún destino ou non resulten adxudicatarias de ningún polo que optasen, non poderán ser nomeadas persoal estatutario fixo e quedarán sen efecto todas as súas actuacións neste proceso.
A base décima da resolución de convocatoria establece que, unha vez que se adxudiquen os destinos, se publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se declare finalizado o proceso selectivo, co nomeamento como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde e a asignación de destino daquelas persoas aspirantes seleccionadas que acrediten o cumprimento dos requisitos exixidos.
Ao abeiro das referidas resolucións, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,
RESOLVE:
Primeiro. Nomear persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde, nas categorías do grupo técnico da función administrativa e do grupo de xestión da función administrativa, as persoas aspirantes seleccionadas que se inclúen no anexo I desta resolución.
Así mesmo, adxudicarlles ás devanditas persoas aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza que se especifica no indicado anexo.
Segundo. Declarar finalizado o concurso-oposición para o ingreso nas categorías do grupo técnico da función administrativa e do grupo de xestión da función administrativa, sen prexuízo do previsto na base 10.3 da convocatoria do proceso selectivo.
Terceiro. As persoas aspirantes nomeadas disporán do prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada. Para estes efectos, a toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión ao cal pertenza esta.
A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable á persoa interesada e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo.
No entanto, en casos de forza maior, e por instancia da persoa interesada, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión. A incorporación ás prazas adxudicadas levará aparellado o cesamento do persoal temporal que, se é o caso, as ocupe, de acordo cos criterios de incorporación e cesamento vixentes no momento do cesamento.
Cuarto. Sen prexuízo da declaración de finalización do proceso selectivo realizado no punto segundo desta resolución, de conformidade coa base 10.3 da resolución de convocatoria, co fin de asegurar a cobertura das prazas convocadas, no suposto de situacións nas que as persoas seleccionadas por diversos motivos non continúen no proceso, cubrirase a baixa coa persoa aspirante incluída inmediatamente a continuación na relación de aprobadas, pola orde de prelación que resulte da lista definitiva con independencia da quenda de acceso.
Chamarase a seguinte persoa aspirante nos supostos de:
– Renunciar aos dereitos derivados do proceso selectivo.
– Non reunir os requisitos establecidos na convocatoria para o desempeño da praza.
– Non presentar a documentación requirida.
– Non realizar a elección da praza no tempo e na forma oportunos conforme o procedemento establecido.
– Non tomar posesión na praza adxudicada.
– Ser declarado en situación de excedencia sen dereito a reserva de praza con efectos desde o mesmo día da toma de posesión.
Nos supostos previstos no apartado anterior, non se modificará a elección de praza realizada con carácter previo ao nomeamento e adxudicaránselles ás novas persoas aspirantes as prazas resultantes das devanditas situacións.
Quinto. De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, as persoas aspirantes seleccionadas deberán realizar, con carácter obrigatorio e nun prazo non superior aos seis meses, que se contarán desde a data de publicación do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo no Diario Oficial de Galicia, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero que recolle o artigo 157 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.
Non terán que realizar esta actividade formativa as persoas aspirantes seleccionadas que a realizasen con anterioridade, conste rexistrada en Fides/expedient-e e fose debidamente validada.
Sexto. Contra esta resolución, que lle pon fin á vía administrativa, poderase interpor un recurso potestativo de reposición perante esta dirección no prazo dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2026
A directora xeral de Recursos Humanos
P.D. (Acordo do 31.7.2026)
Begoña Caamaño del Castillo
Subdirectora xeral de Xestión de Profesionais
ANEXO I
Relación definitiva de persoas nomeadas estatutarias fixas e destinos definitivos adxudicados
