De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nos artigos 26 e 27 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 13 de xullo de 2026 (DOG núm. 135, do 21 de xullo).
Segundo. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, á persoa que se relaciona no anexo desta orde.
Terceiro. O cesamento no actual destino da persoa que obtivo a praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.
Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun mes, de conformidade co establecido no artigo 8.1 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto.
O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se lles concedesen ás persoas designadas. No caso de incapacidade temporal, o prazo iniciarase a partir da data de alta.
Cuarto. A xefatura de persoal do centro en que cause baixa a persoa seleccionada, así como o/a daquel en que obteña destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión.
Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2026
Marta Villaverde Acuña
Conselleira do Mar
ANEXO
Apelidos e nome: García Varela, Julio César.
NRP: ******7724 A2067.
Subgrupo: A1.
Denominación do posto: subdirector/a xeral de Valorización dos Produtos do Mar.
Código: PE.C03.00.002.15770.001.
Nivel: 30.
Centro de destino: Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica.
Localidade: Santiago de Compostela.
* O NRP amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.
