En sesión que tivo lugar o 27 de agosto de 2026, o tribunal nomeado pola Resolución do 7 de abril de 2026 (DOG núm. 67, do 13 de abril) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado mediante a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de outubro de 2025 (DOG núm. 208, do 28 de outubro), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar o día 12 de setembro de 2026, en chamamento único que se iniciará ás 9.00 horas, na aula 1 da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.
As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou dun documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e de bolígrafo de tinta azul.
Non se permitirá o acceso á aula con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poidan valer as persoas aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.
Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2026
Patricia Villajos Grande
Presidenta do tribunal
