De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación de acordo co previsto no artigo 42 da dita Lei 39/2015, do 1 de outubro, sen que se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, por medio deste anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), emprázase a persoa interesada para proceder á notificación do acto administrativo citado no anexo.
Así, para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE nas dependencias da Dirección Xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Servizo de Envellecemento Activo e Prevención da Dependencia, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, 8A, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, se ben a notificación quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Advírtese de que, de conformidade co sinalado no acordo de inicio referido, a persoa interesada dispón dun prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da súa notificación por comparecencia, para achegar cantas alegacións xulgue pertinentes. De non efectuar alegacións neste prazo sobre o contido do acordo de inicio, este poderá ser considerado proposta de resolución nos termos previstos polo artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2026
Antonio Acevedo Prado
Director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria
ANEXO
Expediente: 2026-08.
Persoa interesada. DNI/NIE/pasaporte: 34260359L.
Acto de notificación: Acordo do 6.7.2026 de inicio do procedemento sancionador de persoas usuarias dos servizos sociais de Galicia.
Preceptos presuntamente infrinxidos: artigo 95 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.
Sanción proposta: artigo 96.c) da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.
