Expediente: IN407A 2024/021-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación do proxecto: ampliación de potencia de CT Cordobelas (15CU37) (Cedeira).
Concello: Cedeira.
Feitos:
1. O día 25.1.2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de dotar de subministración de enerxía eléctrica a unha estación de recarga de vehículos eléctricos.
Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado ampliación de potencia de CT Cordobelas (15CU37) (Cedeira), asinado o día 4.12.2023 por Susana Casais Pérez, enxeñeira técnica industrial con especialidade en electricidade, núm. colexiada Coeticor 2033.
2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Cedeira, Servizo de Infraestruturas Agrarias da Coruña da Consellería do Medio Rural e Servizo Provincial da Coruña da Axencia Galega de Infraestruturas. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos polas dúas últimas entidades no prazo outorgado para ese efecto. En canto ao informe emitido polo Concello de Cedeira (expediente municipal 2024/U004/000008), este resultou desfavorable. Nas súas consideracións consta que o uso solicitado non resulta admisible dentro dos permitidos na ordenanza de aplicación e conclúe informando de que a actuación non resulta conforme coa legalidade urbanística.
Consideracións legais e técnicas:
Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
Segunda. Lexislación de aplicación.
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
En relación coa aceptación de informes como modo de motivación das resolucións administrativas, o artigo 88.6 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, establece que «A aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á resolución cando se incorporen ao texto desta». Transcríbese a continuación o informe do Concello de Cedeira de data 8.2.2024:
Expediente: 2024/U004/000008.
Asunto: solicitude de informe por parte da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación expediente IN4074A 2024/021-1.
Ampliación potencia CT. Cordobelas (15CU37) Interesado/s: Xunta de Galicia-O: A12017391.
Data da solicitude: 26.1.2024 11.22.56.
Procedemento: solicitude información urbanística.
Informe técnico:
1. Finalidade e alcance informe.
Este informe refírese exclusivamente aos aspectos urbanísticos, comprensivo das determinacións urbanísticas de aplicación a unha parcela conforme ao Plan xeral de ordenación municipal, nos aspectos da competencia do técnico asinante e non a calquera outra cuestión, para os únicos efectos do solicitado, segundo os datos que se achegan, a información de que se pode dispoñer e consultados os arquivos existentes no servizo correspondente.
2. Consideracións.
Uso solicitado:
◦ Instalacións de subministración de enerxía.
O uso solicitado non resulta un uso admisible dentro dos permitidos na ordenanza de aplicación.
3. Conclusións.
A actuación solicitada infórmase no seguinte sentido:
Informe desfavorable coa seguinte motivación:
◦ Termos: A actuación non resulta conforme coa legalidade urbanística.
◦ Motivación: Apartado de Consideracións do presente informe técnico.
Considerando o anteriormente exposto, e para que así conste para os efectos oportunos e salvo mellor criterio, emítese o presente informe nas condicións expresadas, o cal poño no seu coñecemento para os efectos oportunos quen, non obstante, resolverá o que procede ao respecto.
Cedeira, asinado dixitalmente, polo arquitecto técnico municipal do Concello de Cedeira, Marcos Fernández Vieito.
Terceira. Características técnicas.
As instalacións obxecto deste expediente están situadas no lugar de Cordobelas, termo municipal de Cedeira, e as súas características técnicas son as seguintes:
Proxéctase a ampliación de potencia 160 a 250 kVA de potencia do CT Cordobelas (15CU37) (expediente IN407A 2017/163-1), instalándose un novo transformador de 250 kVA cunha relación de transformación 20.000/400 V.
De acordo con todo o exposto,
RESOLVO:
Denegar a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.
Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.
A Coruña, 27 de agosto de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
