De conformidade co establecido no punto 4 da Resolución do 29 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se lle dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2026 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia, esta dirección xeral
ACORDA:
Primeiro. Aprobar as listaxes provisionais das solicitudes admitidas e excluídas.
Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, a persoa interesada accederá á información relativa á admisión ou exclusión provisional da súa solicitude a través da OPAX, co seu certificado dixital recoñecido ou co usuario e contrasinal.
Segundo. As persoas interesadas terán un prazo de dez días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para formular as reclamacións que consideren oportunas e emendar os defectos da exclusión provisional.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa publicación ou ben un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante este centro directivo.
Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2026
José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza
