A Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia na súa reunión do 29 de xullo aprobou as bases reguladoras para a concesión das axudas ao seu persoal encadradas dentro do Fondo de Acción Social para o exercicio 2026: axudas para a atención a discapacitados. As devanditas bases están expostas na intranet e no taboleiro de anuncios da institución, e o prazo de presentación de solicitudes quedan aberto a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante quince días hábiles.
As persoas interesadas deben presentar as súas solicitudes na sede electrónica do Consello de Contas de Galicia e escoller, dentro do catálogo de trámites para empregados e cargos públicos da institución, o correspondente ao ADM050509 Fondo de Acción Social-Atención a discapacitados.
Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2026
Juan Carlos Aladro Fernández
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia
