DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Mércores, 16 de setembro de 2026 Páx. 48947

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 13 agosto de 2026 pola que se ordena a publicación do Acordo do Pleno, do 29 de xullo de 2026, polo que se aproba a política de uso da intelixencia artificial nesta entidade.

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no DOG número 157, do 20 de agosto, resulta necesario proceder á realización da corrección de erros, segundo se detalla a seguir:

– Primeiro erro: no título da disposición.

Na páxina 45511, onde di:

«RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2026 pola que se ordena a publicación do Acordo do Pleno, do 29 de xullo de 2026, polo que se aproba o proxecto de política de uso da intelixencia artificial nesta entidade».

Debe dicir:

«RESOLUCIÓN do 13 de agosto de 2026 pola que se ordena a publicación do Acordo do Pleno, do 29 de xullo de 2026, polo que se aproba a política de uso da intelixencia artificial nesta entidade».

– Segundo erro: no primeiro parágrafo do texto da disposición.

Na páxina 45511, onde di:

«En cumprimento do Acordo de 29 de xullo de 2026, do Pleno do Consello de Contas, polo que se aproba o proxecto de política de uso da intelixencia artificial no Consello de Contas de Galicia, resolvo publicar no Diario Oficial de Galicia o seu texto completo».

Debe dicir:

«En cumprimento do Acordo do 29 de xullo de 2026, do Pleno do Consello de Contas, polo que se aproba a política de uso da intelixencia artificial no Consello de Contas de Galicia, resolvo publicar no Diario Oficial de Galicia o seu texto completo».

– Terceiro erro: no título do ANEXO.

Na páxina 45511, onde di:

«Acordo do 29 de xullo de 2026, do Pleno do Consello de Contas de Galicia, polo que se aproba o proxecto de política de uso da intelixencia artificial no Consello de Contas de Galicia».

Debe dicir:

«Acordo do 29 de xullo de 2026, do Pleno do Consello de Contas de Galicia, polo que se aproba a política de uso da intelixencia artificial no Consello de Contas de Galicia».

– Cuarto erro: no noveno parágrafo do preámbulo.

Na páxina 45513, onde di:

«Para a elaboración da presente política, consideráronse de xeito moi salientable as iniciativas desenvolvidas en diferentes institucións de control externo. En concreto, tivéronse en conta documentos do Tribunal Europeo de Contas (Artificial Intelligence initial strategy and deployment roadmap 2024-206 e Artificial Intelligence strategy 2026-2023), así como as experiencias que están implantando nos ámbitos da formación e das aplicacións de carácter experimental á fiscalización o Tribunal de Contas e mais outros órganos autonómicos de control externo. En particular, cómpre salientar como un froito relevante da colaboración dos OCEX a aprobación dunha guía práctica de fiscalización para a aplicación da intelixencia artificial á auditoría no marco de Asocex».

Debe dicir:

«Para a elaboración da presente política, consideráronse de xeito moi salientable as iniciativas desenvolvidas en diferentes institucións de control externo. En concreto, tivéronse en conta documentos do Tribunal Europeo de Contas (Artificial Intelligence initial strategy and deployment roadmap 2024-2025 e Artificial Intelligence strategy 2026-2030), así como as experiencias que están implantando nos ámbitos da formación e das aplicacións de carácter experimental á fiscalización o Tribunal de Contas e mais outros órganos autonómicos de control externo. En particular, cómpre salientar como un froito relevante da colaboración dos OCEX a aprobación dunha guía práctica de fiscalización para a aplicación da intelixencia artificial á auditoría no marco de Asocex».