DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Luns, 21 de setembro de 2026 Páx. 49668

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2026 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2026.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia, dentro dos vinte primeiros días dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios de colaboración subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) no segundo cuadrimestre do ano 2026, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2026

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no segundo cuadrimestre

do ano 2026

Título do convenio

Obxecto do convenio

Importe achegado

polo IGVS

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello da Merca para a aplicación do Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida.

Establecer os termos e condicións da colaboración entre o IGVS e o Concello da Merca para o desenvolvemento do Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida.

Sen achega

20.5.2026

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Arbo para a aplicación do Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida.

Establecer os termos e condicións da colaboración entre o IGVS e o Concello de Arbo para o desenvolvemento do Programa de oferta de solo de titularidade das entidades locais para a construción de vivenda protexida.

Sen achega

20.5.2026

Addenda IV ao Acordo nº 33 da Comisión Bilateral, do 11 de maio de 2023, relativo aos contornos residenciais delimitados no municipio de Vigo, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU na Comunidade Autónoma de Galicia. Contornos obxecto desta addenda: Núcleo Vello de Vigo, Bouzas, Coia, Casas de Santa Clara, Descontinua de Alcalde Lavadores Canicouva-Escolas Públicas.

Modificar o acordo sétimo do Acordo nº 33 da Comisión Bilateral, do 11 de maio de 2023, e engadir un novo acordo noveno en que se autoriza unha prórroga nos prazos establecidos para a execución e xustificación das actuacións.

Sen achega

28.5.2026

Addenda I ao Acordo nº 12 da Comisión Bilateral, do 11 de maio de 2023, relativo aos contornos residenciais de rehabilitación programada delimitados no municipio da Coruña, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU na Comunidade Autónoma de Galicia. Contornos obxecto deste acordo: Cidade Vella e Pescadería, Grupo de Vivendas María Pita-Labañou, Grupo Casas de Franco-Ventorrillo, Barrio das Flores.

Modificar o acordo sétimo do Acordo nº 12 da Comisión Bilateral, do 11 de maio de 2023, e engadir un novo acordo noveno en que se autoriza unha prórroga nos prazos establecidos para a execución e xustificación das actuacións.

Sen achega

28.5.2026

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Curtis para o acceso ao Fondo de Cooperación cos concellos para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.

Definir os termos da colaboración e os compromisos mutuos das partes asinantes, de cara ao financiamento con cargo ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. Obxecto: adquisición dun inmoble sito na avenida Doutor Martínez Pardo, 14, Teixeiro, para a súa posterior rehabilitación.

285.000,00 €

28.5.2026

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Curtis para o acceso ao Fondo de Cooperación cos concellos para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.

Definir os termos da colaboración e os compromisos mutuos das partes asinantes, de cara ao financiamento con cargo ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. Obxecto: adquisición dun inmoble sito na avenida Doutor Martínez Pardo, 12, Teixeiro, para a súa posterior rehabilitación.

45.000,00 €

28.5.2026

Convenio entre o IGVS e Cajamar Caja Rural, Sociedad Corporativa de Crédito, para a concesión de avais ao abeiro do Programa avais para adquisición de vivenda.

Establecer os termos e condicións da colaboración entre o IGVS e a entidade financeira para o desenvolvemento do programa de avais para a adquisición de vivenda.

5.000.000 €

29.5.2026

Addenda I ao Acordo nº 29 da Comisión Bilateral, do 11 de maio de 2023, relativo ao contorno residencial de rehabilitación programada de Descontinuo das Neves no municipio das Neves, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU na Comunidade Autónoma de Galicia.

Modificar o acordo sétimo do Acordo nº 29 da Comisión Bilateral, do 11 de maio de 2023, e engadir un novo acordo noveno en que se autoriza unha prórroga nos prazos establecidos para a execución e xustificación das actuacións.

Sen achega

1.6.2026

Addenda I ao Acordo nº 31 da Comisión Bilateral, do 11 de maio de 2023, relativo ao contorno residencial de rehabilitación programada de Zona Vella de Ponteareas, no municipio de Ponteareas, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU na Comunidade Autónoma de Galicia.

Modificar o acordo sétimo do Acordo nº 31 da Comisión Bilateral, do 11 de maio de 2023, e engadir un novo acordo noveno en que se autoriza unha prórroga nos prazos establecidos para a execución e xustificación das actuacións.

Sen achega

1.6.2026

Addenda I ao Acordo nº 30 da Comisión Bilateral, do 11 de maio de 2023, relativo ao contorno residencial de rehabilitación programada de Combarro, no municipio de Poio, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU na Comunidade Autónoma de Galicia.

Modificar o acordo sétimo do Acordo nº 30 da Comisión Bilateral, do 11 de maio de 2023, e engadir un novo acordo noveno en que se autoriza unha prórroga nos prazos establecidos para a execución e xustificación das actuacións.

Sen achega

1.6.2026

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Ares para o acceso ao Fondo de Cooperación cos concellos para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.

Definir os termos da colaboración e os compromisos mutuos das partes asinantes, de cara ao financiamento con cargo ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. Obxecto: proxecto básico e de execución de reforma de marquesiña de parada de autobús.

39.884,83 €

2.6.2026

Addenda I ao Acordo nº 13 da Comisión Bilateral, do 11 de maio de 2023, relativo ao contorno residencial de rehabilitación programada de Núcleo Histórico de Muros, no municipio de Muros, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU na Comunidade Autónoma de Galicia.

Modificar o acordo sétimo do Acordo nº 13 da Comisión Bilateral, do 11 de maio de 2023, e engadir un novo acordo noveno en que se autoriza unha prórroga nos prazos establecidos para a execución e xustificación das actuacións.

Sen achega

2.6.2026

Addenda II ao Acordo nº 26 da Comisión Bilateral, do 11 de maio de 2023, relativo aos contornos residenciais de rehabilitación programada delimitados no municipio da Veiga, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU na Comunidade Autónoma de Galicia. Contornos obxecto desta addenda: aldeas de montaña, aldeas ribeirás do río Xares, aldeas Rede Natura 2000.

Modificar o acordo sétimo do Acordo nº 26 da Comisión Bilateral, do 11 de maio de 2023, e engadir un novo acordo noveno en que se autoriza unha prórroga nos prazos establecidos para a execución e xustificación das actuacións.

Sen achega

2.6.2026

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Laza para o acceso ao Fondo de Cooperación cos concellos para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.

Definir os termos da colaboración e os compromisos mutuos das partes asinantes, de cara ao financiamento con cargo ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. Obxecto: adquisición de inmoble na Praza da Picota e posterior rehabilitación, nº 6, lugar da Picota.

80.000,00 €

3.6.2026

Addenda I ao Acordo nº 15 da Comisión Bilateral, do 11 de maio de 2023, relativo aos contornos residenciais de rehabilitación programada delimitados no municipio de Santiago de Compostela, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU na Comunidade Autónoma de Galicia. Contornos obxecto deste acordo: Núcleo Histórico de Santiago de Compostela, promocións públicas do Ministerio de Vivenda do século XX.

Modificar o acordo sétimo do Acordo nº 15 da Comisión Bilateral, do 11 de maio de 2023, e engadir un novo acordo noveno en que se autoriza unha prórroga nos prazos establecidos para a execución e xustificación das actuacións.

Sen achega

4.6.2026

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello do Porto do Son para o acceso ao Fondo de Cooperación cos concellos para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.

Definir os termos da colaboración e os compromisos mutuos das partes asinantes, de cara ao financiamento con cargo ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. Obxecto: adquisición de inmoble para a súa posterior rehabilitación (rúa Felipe II, nº 26).

201.560,00 €

4.6.2026

Addenda I ao Acordo nº 36 da Comisión Bilateral, do 28 de xuño de 2023, relativo aos contornos residenciais de rehabilitación programada delimitados no municipio de Pontevedra, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU na Comunidade Autónoma de Galicia. Contornos obxecto deste acordo: Conxunto Histórico de Pontevedra, núcleo de Estribela.

Modificar o acordo sétimo do Acordo nº 36 da Comisión Bilateral, do 28 de xuño de 2023, e engadir un novo acordo noveno en que se autoriza unha prórroga nos prazos establecidos para a execución e xustificación das actuacións.

Sen achega

8.6.2026

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Outeiro de Rei para o acceso ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.

Definir os termos da colaboración e os compromisos mutuos das partes asinantes, de cara ao financiamento con cargo ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. Obxecto: construción do Centro de Día, 2º fase, rúa Manuel María, s/n.

154.989,72 €

8.6.2026

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello da Baña para o acceso ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.

Definir os termos da colaboración e os compromisos mutuos das partes asinantes, de cara ao financiamento con cargo ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. Obxecto: mellora das vías límite municipal a Vilacova (Troitosende).

293.611,10 €

9.6.2026

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Forcarei para o acceso ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.

Definir os termos da colaboración e os compromisos mutuos das partes asinantes, de cara ao financiamento con cargo ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. Obxecto: rehabilitación de 10 vivendas escolares municipais.

426.908,68 €

9.6.2026

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Forcarei para o acceso ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.

Definir os termos da colaboración e os compromisos mutuos das partes asinantes, de cara ao financiamento con cargo ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. Obxecto: mellora de camiños rurais en Alende e Muras.

31.902,39 €

9.6.2026

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Sober para o acceso ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.

Definir os termos da colaboración e os compromisos mutuos das partes asinantes, de cara ao financiamento con cargo ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. Obxecto: rehabilitación de edificación tradicional en Portizó.

213.844,00 €

10.6.2026

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello do Porriño para o acceso ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.

Definir os termos da colaboración e os compromisos mutuos das partes asinantes, de cara ao financiamento con cargo ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. Obxecto: urbanización da rúa Fernández Areal e vía e PPR-5.

737.557,68 €

10.6.2026

Addenda I ao Acordo nº 27 da Comisión Bilateral, do 11 de maio de 2023, relativo ao contorno residencial de rehabilitación programada do núcleo de Vilar de Santos, no municipio de Vilar de Santos, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU na Comunidade Autónoma de Galicia.

Modificar o acordo sétimo do Acordo nº 27 da Comisión Bilateral, do 11 de maio de 2023, e engadir un novo acordo noveno en que se autoriza unha prórroga nos prazos establecidos para a execución e xustificación das actuacións.

Sen achega

11.6.2026

Addenda I ao Acordo nº 35 da Comisión Bilateral, do 22 de xuño de 2023, relativo aos contornos residenciais de rehabilitación programada delimitados no municipio de Ferrol, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU na Comunidade Autónoma de Galicia. Contornos obxecto deste acordo: A Magdalena-Ferrol Vello, A Graña, Esteiro Vello, Recimil.

Modificar o acordo sétimo do Acordo nº 35 da Comisión Bilateral, do 22 de xuño de 2023, e engadir un novo acordo noveno en que se autoriza unha prórroga nos prazos establecidos para a execución e xustificación das actuacións.

Sen achega

12.6.2026

Addenda I ao Acordo nº II da Comisión Bilateral, do 11 de maio de 2023, relativo ao contorno residencial de rehabilitación programada do conxunto histórico de Corcubión no municipio de Corcubión, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU na Comunidade Autónoma de Galicia.

Modificar o acordo sétimo do Acordo nº 11 da Comisión Bilateral, do 11 de maio de 2023, e engadir un novo acordo noveno en que se autoriza unha prórroga nos prazos establecidos para a execución e xustificación das actuacións.

Sen achega

12.6.2026

Addenda I ao Acordo nº 23 da Comisión Bilateral, do 11 de maio de 2023, relativo ao contorno residencial de rehabilitación programada do núcleo antigo de Cortegada, no municipio de Cortegada, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU na Comunidade Autónoma de Galicia.

Modificar o acordo sétimo do Acordo nº 23 da Comisión Bilateral, do 11 de maio de 2023, e engadir un novo acordo noveno en que se autoriza unha prórroga nos prazos establecidos para a execución e xustificación das actuacións.

Sen achega

12.6.2026

Addenda I ao Acordo nº 10 da Comisión Bilateral, do 11 de maio de 2023, relativo ao contorno residencial de rehabilitación programada do conxunto histórico de Betanzos e a súa zona de protección, no municipio de Betanzos, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU na Comunidade Autónoma de Galicia.

Modificar o acordo sétimo do Acordo nº 10 da Comisión Bilateral, do 11 de maio de 2023, e engadir un novo acordo noveno en que se autoriza unha prórroga nos prazos establecidos para a execución e xustificación das actuacións.

Sen achega

15.6.2026

Addenda I ao Acordo nº 18 da Comisión Bilateral, do 11 de maio de 2023, relativo ao contorno residencial de rehabilitación programada do conxunto histórico e zonas de respecto, no municipio de Monforte de Lemos, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU na Comunidade Autónoma de Galicia.

Modificar o acordo sétimo do Acordo nº 18 da Comisión Bilateral, do 11 de maio de 2023, e engadir un novo acordo noveno en que se autoriza unha prórroga nos prazos establecidos para a execución e xustificación das actuacións.

Sen achega

15.6.2026

Addenda I ao Acordo nº 34 da Comisión Bilateral, do 22 de xuño de 2023, relativo ao contorno residencial de rehabilitación programada do núcleo histórico de Lugo, fase XVII, no municipio de Lugo, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU na Comunidade Autónoma de Galicia.

Modificar o acordo sétimo do Acordo nº 34 da Comisión Bilateral, do 22 de xuño de 2023, e engadir un novo acordo noveno en que se autoriza unha prórroga nos prazos establecidos para a execución e xustificación das actuacións.

Sen achega

16.6.2026

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello da Laracha para o acceso ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.

Definir os termos da colaboración e os compromisos mutuos das partes asinantes, de cara ao financiamento con cargo ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. Obxecto: humanización e infraestrutura do contorno do CEIP Otero Pedrayo.

114.525,83 €

17.6.2026

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Ribadeo para a xestión dun centro de rexeneración urbana de interese autonómico.

Precisar os obxectivos, o financiamento e o funcionamento do centro Rexurbe de Ribadeo, así como os mecanismos de actuación conxunta e coordinada para facilitar o cumprimento e a execución das diferentes actuacións, dos plans e dos programas en materia de rehabilitación edificatoria e de rexeneración e renovación urbanas.

122.586,38 €

17.6.2026

Addenda I ao Acordo nº 32 da Comisión Bilateral, do 11 de maio de 2023, relativo ao contorno residencial de rehabilitación programada de Torneiros, no municipio do Porriño, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU na Comunidade Autónoma de Galicia.

Modificar o acordo sétimo do Acordo nº 32 da Comisión Bilateral, do 11 de maio de 2023, e engadir un novo acordo noveno en que se autoriza unha prórroga nos prazos establecidos para a execución e xustificación das actuacións.

Sen achega

19.6.2026

Addenda II ao Acordo nº 28 da Comisión Bilateral, do 11 de maio de 2023, relativo ao contorno residencial de rehabilitación programada do Núcleo Vello e barrio da Banda do Río Lameira, no municipio de Marín, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU na Comunidade Autónoma de Galicia.

Modificar o acordo sétimo do Acordo nº 28 da Comisión Bilateral, do 11 de maio de 2023, e engadir un novo acordo noveno en que se autoriza unha prórroga nos prazos establecidos para a execución e xustificación das actuacións.

Sen achega

23.6.2026

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Outes para o acceso ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.

Definir os termos da colaboración e os compromisos mutuos das partes asinantes, de cara ao financiamento con cargo ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. Obxecto: adquisición de terreos para posterior rexeneración urbana na avenida de San Campio.

100.000,00 €

30.6.2026

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Parada de Sil para o acceso ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.

Definir os termos da colaboración e os compromisos mutuos das partes asinantes, de cara ao financiamento con cargo ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. Obxecto: rehabilitación de edificación para unha vivenda de uso social na Hedrada.

90.000,00 €

6.7.2026

Convenio marco entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo, a Sociedade de Vivenda Pública de Galicia e Banco de Sabadell, S.A. para o financiamento da promoción, construción e compra de vivendas de promoción pública.

Establecer as condicións do financiamento da promoción, construción, así como da compra, mediante subrogación, das vivendas protexidas de promoción pública, nas seguintes modalidades de financiamento: a) Préstamos para a construción ou promoción directa por parte do IGVS ou de Vipugal, b) Subrogación deses préstamos a favor de persoas adquirentes.

Sen achega

13.7.2026

Addenda II ao Acordo nº 23 da Comisión Bilateral, do 11 de maio de 2023, relativo ao contorno residencial de rehabilitación programada do núcleo antigo de Cortegada, no municipio de Cortegada, en relación coa execución dos programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU na Comunidade Autónoma de Galicia.

Modificar o Acordo primeiro, o segundo e o terceiro do Acordo nº 23 da Comisión Bilateral, do 11 de maio de 2023.

Sen achega

16.7.2026

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Consello da Avogacía Galega para prestar un servizo de asesoramento e orientación xurídica en materia de vivenda.

Regular a colaboración entre o IGVS e o CAG co fin de crear as canles de información necesarias para posibilitar que as persoas físicas propietarias ou usufrutuarias de vivendas que sexan ocupadas ilegalmente saiban como actuar nestas situacións e para asesorar as persoas en situación de desamparo para que non perdan a súa vivenda habitual e, se é o caso, informalas dos programas existentes en materia de acceso á vivenda a que poidan acollerse.

72.900,00 €

18.7.2026

Convenio marco entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo, a Sociedade de Vivenda Pública de Galicia e Banco Santander, S.A. para o financiamento da promoción, construción e compra de vivendas de promoción pública.

Establecer as condicións do financiamento da promoción, construción, así como da compra, mediante subrogación, das vivendas protexidas de promoción pública, nas seguintes modalidades de financiamento: a) Préstamos para a construción ou promoción directa por parte do IGVS ou de Vipugal, b) Subrogación deses préstamos a favor de persoas adquirentes.

Sen achega

23.7.2026

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Cerdedo-Cotobade para o acceso ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.

Definir os termos da colaboración e os compromisos mutuos das partes asinantes, de cara ao financiamento con cargo ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. Obxecto: proxecto básico e de execución de bochinche, habilitación de zona das Pozas e recuperación.

42.768,29 €

14.8.2026

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Cerdedo-Cotobade para o acceso ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.

Definir os termos da colaboración e os compromisos mutuos das partes asinantes, de cara ao financiamento con cargo ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. Obxecto: adquisición de inmoble en Parada, nº 4 (Parada), para a súa rehabilitación coa finalidade de destinala a alugueiro social.

22.572,05 €

14.8.2026

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Cerdedo-Cotobade para o acceso ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.

Definir os termos da colaboración e os compromisos mutuos das partes asinantes, de cara ao financiamento con cargo ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes. Obxecto: adquisición de inmoble en Parada, nº 7 (Parada), para a súa rehabilitación coa finalidade de destinala a alugueiro social.

8.570,42

14.8.2026