Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), publícase no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,
DISPOÑO:
Artigo único. Dar publicidade dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) no segundo cuadrimestre do ano 2026, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2026
María Deza Martínez
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega
de Infraestruturas no segundo cuadrimestre de 2026
|
Convenio |
Data sinatura |
Importe achegado pola AXI (€) |
|
Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Bueu para a urbanización da rúa Pazos Fontela. Fase 1 |
21.7.2026 |
1.668.495,44 |
|
Addenda nº 2 ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Redondela para a mellora da seguridade viaria e reordenación da PO-363 entre Redondela e a praia de Cesantes |
30.6.2026 |
Axuste anualidades sen incremento do importe inicial do convenio |
