BDNS (Identif.): 894507.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da redistribución de créditos da orde de convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/894507
Primeiro. Redistribución de créditos
1. Redistribuír os créditos para o financiamento das axudas previstas na Orde do 11 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a concesión de subvencións para a contratación de persoal técnico para a realización de actividades de orientación laboral no exercicio 2026, minorando 242.896,69 euros na aplicación orzamentaria 14.03.322A.460.4 e incrementando correlativamente o mesmo importe na aplicación 14.03.322A.481.1.
2. Esta modificación non implicará a apertura dun novo prazo para a presentación de solicitudes.
Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2026
José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración
