DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Luns, 21 de setembro de 2026 Páx. 49628

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se publica a Resolución do 28 de agosto de 2026 que pon fin ao procedemento de concesión das subvencións da provincia da Coruña, convocadas mediante a Orde do 11 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento SI437A).

O 28 de maio de 2026 publícase no Diario Oficial de Galicia número 98 a Orde do 11 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres e pola que se convocan para o ano 2026 (código de procedemento SI437A).

A través da citada orde establécense as bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2026, das axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás federacións constituídas por estas, coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo e de potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través das seguintes liñas:

a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar os gastos correntes que orixine o mantemento e o funcionamento das asociacións de mulleres e das súas federacións.

b) Liña 2: prevención e atención da violencia de xénero no ámbito do tecido asociativo de mulleres, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mulleres en situación de vulnerabilidade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Para o financiamento das axudas previstas nesta convocatoria destínase crédito por un importe total de trescentos corenta e tres mil cento sesenta e seis euros con sesenta e un céntimos (343.166,61 €) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026 con cargo ás aplicacións orzamentarias seguintes:

Liña

Aplicación

Cód. proxecto

Importe

Liña 1

08.07.313B.480.0

2016 00020

180.000,00 €

Liña 2

08.07.313D.480.2

2025 00050

163.166,61 €

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da citada orde –concretamente no Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Igualdade, segundo a sede social das asociacións solicitantes– pola unidade administrativa tramitadora e encargada da instrución do procedemento, así como as emendas feitas pola unidade de Igualdade do devandito departamento territorial, e tras comprobar que todas cumprían cos requisitos establecidos e coa documentación necesaria, estas foron remitidas á Comisión de Valoración, órgano que foi creado no artigo 13.2.

O referido órgano instrutor, tras a baremación e á vista do informe realizado pola Comisión de Valoración, formulou a proposta de resolución que, de acordo co que establece o artigo 15.1, elevou ao órgano competente, a persoa titular do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Igualdade, quen, en virtude da competencia delegada na disposición adicional única para resolver os procedementos de concesión, emite a correspondente Resolución o 28 de agosto de 2026.

Segundo o artigo 15.3, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos que a notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 28 de agosto de 2026, do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Igualdade, ditada no seu ámbito provincial, ao abeiro da Orde do 11 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres e pola que se convocan para o ano 2026 (código de procedemento SI437A), a cal se xunta a esta resolución como anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 28 de agosto de 2026, do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Igualdade pon fin á vía administrativa e que contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Non se pode interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que se resolva expresamente ou ata que se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

A Coruña, 2 de setembro de 2026

María Blanco Aller
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Resolución do 28 de agosto de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, que pon fin ao procedemento de concesión das subvencións na provincia da Coruña, convocadas mediante a Orde do 11 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e pola que se convocan para o ano 2026 (código de procedemento SI437A)

Antecedentes:

Primeiro. O 28 de maio de 2026 publícase no Diario Oficial de Galicia a Orde do 11 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres e pola que se convocan para o ano 2026 (código de procedemento SI437A).

Segundo. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar no ano 2026 axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás federacións constituídas por estas, coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo e de potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través das seguintes liñas:

a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar os gastos correntes que orixine o mantemento e o funcionamento das asociacións de mulleres e das súas federacións.

b) Liña 2: prevención e atención da violencia de xénero no ámbito do tecido asociativo de mulleres, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mulleres en situación de vulnerabilidade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Terceiro. De acordo co establecido no artigo 1.3 das bases reguladoras, o procedemento para a concesión das subvencións recollidas nesta orde tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co sinalado no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cuarto. Consonte o establecido no artigo 13.4 das bases reguladoras, unha vez avaliadas as solicitudes no ámbito provincial da Coruña seguindo os criterios establecidos no artigo 14, a Comisión de Valoración emitiu un informe segundo o cal a unidade de Igualdade do Departamento Territorial da Coruña, como órgano instrutor, formulou a proposta de resolución ante o órgano competente para resolver, na cal se inclúe a proposta de concesión de subvencións segundo a orde de puntuación obtida polas solicitudes e polo importe da axuda correspondente ata esgotar o crédito dispoñible. Así mesmo, propón os expedientes aos que se lles denegan estas axudas por desistencia expresa, por non cumpriren os requisitos recollidos na convocatoria ou por non achegaren a documentación requirida no prazo establecido, conforme ao disposto no artigo 68.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Quinto. Segundo o que recolle o artigo 15.1, tras a proposta da resolución á persoa titular do Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Igualdade, esta resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade.

Sexto. De conformidade co artigo 15.3 das bases reguladoras, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e conforme ao previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a resolución destas subvencións será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos que a notificación. Nesta publicación especificaranse a data da convocatoria, a entidade beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como as solicitudes desestimadas, coa indicación sucinta dos motivos da desestimación.

Por todo o anterior, tras o informe de baremación e a proposta da unidade de Igualdade do Departamento Territorial da Coruña como órgano instrutor, unha vez fiscalizado o gasto de conformidade coa Intervención Delegada, a directora do devandito departamento territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Igualdade, en virtude da competencia delegada na disposición adicional única para resolver os procedementos de concesión,

RESOLVE:

Primeiro. Concederlles as subvencións para o financiamento do programa SI437A ás asociacións con sede social na provincia da Coruña que se relacionan no anexo I, como consecuencia da aplicación dos criterios e pautas de valoración establecidas no artigo 14 das bases reguladoras e segundo o establecido no artigo 5.3, pola contía e para o desenvolvemento da actuación que figuran no anexo.

Segundo. Excluír e declarar desistidas as solicitudes que se relacionan no anexo II indicando a causa específica, xa sexa por desistencia expresa, por non cumpriren o requisito de emenda e/ou achega dos documentos preceptivos no prazo establecido, de acordo co disposto no artigo 12.1 das bases reguladoras, ou ben por non cumpriren algún dos requisitos establecidos nas referidas bases.

Terceiro. Informar as asociacións de mulleres e as federacións constituídas por estas, beneficiarias das subvencións con sede social na provincia da Coruña que figuran no anexo I desta resolución, do seguinte:

a) As axudas da liña 1 están financiadas con fondos propios libres da Comunidade Autónoma de Galicia e as axudas da liña 2 con fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

b) De acordo co establecido no artigo 3 das bases reguladoras, estas axudas son compatibles con outras subvencións, axudas e ingresos, ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou entidade pública ou privada.

O importe da subvención concedida non poderá superar en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas, o custo da actuación ou actividade que vai desenvolver a entidade solicitante nin o importe total do correspondente concepto de gasto.

No caso de que o conxunto das axudas supere o custo das actividades ou gastos subvencionables, esta axuda reducirase na cantidade necesaria ata cumprir co establecido anteriormente.

c) As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como coas condicións e obrigas establecidas no artigo 20 das bases reguladoras e demais que se requiran segundo a normativa de aplicación.

d) No artigo 22 das bases reguladoras establécense os criterios de gradación dos posibles incumprimentos que determinan, se é o caso, a perda do dereito ao cobramento da subvención, a minoración da cantidade concedida ou, de ser o caso, o reintegro total ou parcial da axuda percibida.

e) Unha vez publicada a resolución de concesión da subvención, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez días a súa aceptación e comprometerse a executar o programa, medida ou actuación subvencionada nas condicións establecidas na convocatoria. De non comunicalo no prazo indicado, esta entenderase tacitamente aceptada.

f) De acordo co establecido no artigo 19 das bases reguladoras, o importe da subvención farase efectivo nun pagamento único, logo de acreditar que se realizou a actuación ou actividade e que se presentou a documentación xustificativa.

g) Para poderen ser tidos en conta, os gastos deben estar xerados no período comprendido entre o 1 de outubro de 2025 e o 30 de setembro de 2026, para os gastos da liña 1, e entre o 1 de decembro de 2025 e o 30 de novembro de 2026, para a liña 2, e han de estar efectivamente pagados, como máximo, na data de finalización do prazo de xustificación, o 16 de outubro de 2026 para a liña 1 e o 11 de decembro de 2026 para a liña 2.

h) As entidades beneficiarias deberán presentar a documentación xustificativa establecida no artigo 18 coa data límite do 16 de outubro de 2026 para a liña 1 e do 11 de decembro de 2026 para a liña 2.

Cuarto. Notificarlles ás persoas interesadas esta resolución, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que se resolva expresamente ou ata que se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2026. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (Disposición adicional única da Orde do 11.5.2026; DOG núm. 98, do 28.5.2026). María Blanco Aller, directora territorial da Coruña da Consellería de Política Social e Igualdade.

ANEXO I

Concesións

Número de expediente

Nome asociación/federación

NIF

Liña e denominación do programa

Custo total da actuación (€)

Subvención solicitada (€)

Importe
subvención (€)

Total puntos

Liña 1

SI437A-2026-00000026-01

Asociación de Familias Monomarentais de Galicia (FAGAMOS)

G05324314

Liña 1

6.800,00

5.000,00

5.000,00

75

SI437A-2026-00000003-01

Asociación Punto Delas-Secretaría das Mulleres

G70370119

Liña 1

6.213,61

4.970,89

4.970,89

72,5

SI437A-2026-00000007-01

Federación de Asociacións de Mulleres Rurais de Galicia

G70101647

Liña 1

6.840,00

5.000,00

5.000,00

71

SI437A-2026-00000006-01

Asociación de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios

G15049034

Liña 1

7.600,00

5.000,00

5.000,00

70,5

SI437A-2026-00000008-01

Asociación para a Promoción e Integración das Mulleres
Galegas do Rural (AGRA)

G15656762

Liña 1

6.840,00

5.000,00

5.000,00

69,5

SI437A-2026-00000012-01

Asociación de Mulleres Rurais e Consumidoras A Maristela de Sobrado dos Monxes

G15766918

Liña 1

5.904,80

5.000,00

5.000,00

69

SI437A-2026-00000019-01

Asociación de Executivas de Galicia

G70301916

Liña 1

8.770,95

5.000,00

5.000,00

69

SI437A-2026-00000002-01

Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia

G70223417

Liña 1

5.601,72

5.000,00

5.000,00

66

SI437A-2026-00000011-01

Asociación de Mulleres Rurais de Santiso (AMURUSA)

G15901176

Liña 1

4.960,18

4.464,16

4.464,16

65,5

SI437A-2026-00000015-01

Acción Familiar Ferrol

G15745466

Liña 1

5.610,00

4.992,90

4.815,94

62,5

SI437A-2026-00000009-01

Asociación de Mulleres Rurais Ceres de Carballo

G15923113

Liña 1

6.840,00

5.000,00

5.000,00

62,2

SI437A-2026-00000004-01

Asociación Labregas

G15945686

Liña 1

5.300,00

4.240,00

4.240,00

60,5

SI437A-2026-00000001-01

Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao

G15969868

Liña 1

5.000,00

5.000,00

3.963,67

57

SI437A-2026-00000005-01

Asociación de Mulleres Rurais de Galicia

G70453584

Liña 1

5.560,00

5.000,00

3.944,97

51

SI437A-2026-00000016-01

Asociación de Mulleres Rurais Carballeira

G15870777

Liña 1

968,49

871,64

810,76

43,6

SI437A-2026-00000010-01

Asociación Profesional de Redeiras de Cariño

G15889603

Liña 1

4.000,00

4.000,00

2.392,23

41

SI437A-2026-00000020-01

Asociación de Mulleres Landeiresa

G70258314

Liña 1

225,69

203,12

203,12

38,4

SI437A-2026-00000024-01

Asociación Feminista Buserana

G15734023

Liña 1

260,00

234,00

234,00

36,1

SI437A-2026-00000018-01

Asociación de Redeiras Virxe do Carmen

G15889991

Liña 1

2.700,00

2.700,00

1.307,30

29,8

Liña 2

SI437A-2026-00000013-01

Patronato Concepción Arenal

G15030372

B. Ellas 10

7.000,00

6.000,00

6.000,00

60,6

SI437A-2026-00000017-01

Asociación de Movilidad Humana para la Colaboración y el Desarrollo

G70464334

Rede segura mulleres que acompañan, preveñen e transforman

6.000,00

6.000,00

6.000,00

60

ANEXO II

Solicitudes excluídas e desistidas

Número de expediente

Liña

Nome asociación/federación

NIF

Causas de denegación

SI437A-2026-00000014-01

Liña 1

Acción Familiar Ferrol

G15745466

Desistencia expresa da solicitude

SI437A-2026-00000021-01

Liña 2

Asociación Mirabal

G70312954

Desistencia por non contestar correctamente o requirimento no prazo establecido (artigo 12)

SI437A-2026-00000022-01

Liña 2

Asociación para el Empoderamiento de Personas Vulnerables y/o en Riesgo de Exclusión

G70573514

Desistencia por non contestar correctamente o requirimento no prazo establecido (artigo 12)

SI437A-2026-00000023-01

Liña 1

Asociación Profesional de Mujeres Lesbianas Lesworking

G16538407

Incumprimento requisito recollido no artigo 4.1.a)

SI437A-2026-00000025-01

Liña 2

Asociación Visibles

G70601570

Desistencia por non contestar correctamente o requirimento no prazo establecido (artigo 12)