DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Luns, 21 de setembro de 2026 Páx. 49661

III. Outras disposicións

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2026, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre de 2026.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece que cada consellería ou entidade terá que remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, nos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios subscritos, referida ao cuadrimestre anterior, para os efectos de cumprir coas obrigas legais fixadas.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento á dita obriga,

RESOLVO:

Darlle publicidade á relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas durante o segundo cuadrimestre do ano 2026, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2026

Yago Borrajo Sánchez
Secretario xeral técnico da Consellería de Vivenda
e Planificación de Infraestruturas

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Vivenda
e Planificación de Infraestruturas no segundo cuadrimestre de 2026

Título

Obxecto

Data de sinatura

Achega económica da Consellería

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Boqueixón, para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Boqueixón, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora de itinerarios peonís en Lestedo, fase I

6.5.2026

322.351,42 €

Addenda núm. 5 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Betanzos, para o financiamento da redacción da revisión do Plan especial de protección e ordenación do núcleo histórico (PEPOCH)

Modificación da cláusula segunda. Compromisos da Xunta

6.5.2026

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Coirós, para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Coirós, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización de espazos públicos no núcleo rural histórico-tradicional e común dos Loureiros-Xora

7.5.2026

103.666,36 €

Addenda núm. 5 e prórroga do convenio de colaboración entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Corcubión, para o financiamento da redacción da revisión do Plan especial de protección e ordenación do núcleo histórico (PEPOCH)

Modificación da cláusula segunda. Compromisos da Xunta. Modificación da cláusula décimo primeira. Vixencia do convenio e prórroga

11.5.2026

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Arbo, para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Arbo, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización da rúa Vázquez Estévez, fase I

13.5.2026

318.949,44 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Oroso, para a realización das obras de acondicionamento e mellora do contorno do Camiño Inglés no paseo do Carboeiro

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a Axencia de Turismo de Galicia e o Concello de Oroso, que permitan acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no acondicionamento e mellora do entorno do Camiño Inglés no Paseo do Carboeiro, fase I

14.5.2026

840.814,90 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello do Campo Lameiro, para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello do Campo Lameiro, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na urbanización do contorno do Centro de Estancia do Campo Lameiro

19.6.2026

260.993,96 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Ourense, para o financiamento da redacción do Plan xeral de ordenación municipal

Establecer as bases da colaboración e da cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Ourense, para o financiamento da documentación complementaria necesaria para que o Plan xeral de ordenación municipal de Ourense acade a súa aprobación definitiva

22.6.2026

182.564,66 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello da Bola, para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello da Bola, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización do contorno de Santa Baia de Berredo

25.6.2026

182.359,76 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello do Porriño, para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello do Porriño, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora urbana, paisaxística e de accesibilidade do parque Alcalde Ordóñez

25.6.2026

339.736,70 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de San Xoán de Río, para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de San Xoán de Río, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización da praza Pedro Fernández

3.7.2026

120.502,95 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Xunqueira de Ambía, para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Xunqueira de Ambía, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes no acondicionamento da canella Jorge Alberto Ferreiro e da praza da Eiriña

9.7.2026

189.871,82 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello da Laracha, para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello da Laracha, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na humanización e infraestruturas do contorno do CEIP Otero Pedrayo

15.7.2026

327.945,40 €

Convenio de colaboración entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Narón, para o financiamento da reelaboración do catálogo do Plan xeral de ordenación municipal

Establecer as bases da colaboración e cooperación técnica e económica entre a Xunta de Galicia e o Concello de Narón, para o financiamento da reelaboración do Catálogo de bens arquitectónicos e etnográficos do PXOM

18.7.2026

17.968,50 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Fisterra, para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Fisterra, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora e pavimentación da praza do Campo

27.7.2026

23.977,60 €

Acordo de cooperación subscrito entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Bande, para a realización de obras en materia de urbanismo

Establecer as bases de colaboración e cooperación técnica e económica entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Bande, que permite acometer e incorporar ao patrimonio público municipal as obras consistentes na mellora do acceso ao Mercado do Xurés

29.7.2026

187.635,62 €

Addenda núm. 2 ao convenio de colaboración entre a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas e o Concello de Ferrol, para o financiamento do Proxecto de rehabilitación urbana da cidade

Modificación da cláusula primeira e modificación do anexo I

14.8.2026

Non supón incremento económico sobre o convenio inicial