DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Luns, 21 de setembro de 2026 Páx. 49653

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2026, do Departamento Territorial de Vigo, pola que se publica a Resolución do 31 de agosto de 2026 que pon fin ao procedemento de concesión das subvencións da provincia de Pontevedra convocadas mediante a Orde do 11 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento SI437A).

O 28 de maio de 2026 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 98 a Orde do 11 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento SI437A).

A través da dita orde establécense as bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2026, das axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás federacións constituídas por estas, coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través das seguintes liñas:

a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar os gastos correntes que orixinen o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e das súas federacións.

b) Liña 2: prevención e atención da violencia de xénero no ámbito do tecido asociativo de mulleres, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mulleres en situación de vulnerabilidade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Para o financiamento das axudas previstas nesta convocatoria destínase un crédito polo importe total de trescentos corenta e tres mil cento sesenta e seis euros con sesenta e un céntimos (343.166,61 €) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, con cargo ás aplicacións orzamentarias seguintes:

Liña

Aplicación

Cód. proxecto

Importe

Liña 1

08.07.313B.480.0

2016 00020

180.000,00 €

Liña 2

08.07.313D.480.2

2025 00050

163.166,61 €

Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde, concretamente no Departamento Territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade, segundo a sede social das asociacións solicitantes, pola unidade administrativa tramitadora e encargada da instrución do procedemento, así como as emendas feitas, neste caso pola unidade de igualdade do dito departamento territorial, unha vez comprobado que todas cumprían cos requisitos establecidos e coa documentación necesaria, foron remitidas á Comisión de Valoración, órgano creado no artigo 13.2.

O dito órgano instrutor, tras a baremación e á vista do informe realizado pola Comisión de Valoración, formulou a proposta de resolución que, como establece o artigo 15.1, elevou ao órgano competente, a persoa titular do Departamento Territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade, que, en virtude da competencia delegada na disposición adicional única para resolver os procedementos de concesión, emitiu a correspondente Resolución o 31 de agosto de 2026.

Segundo o artigo 15.3, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 31 de agosto de 2026, do Departamento Territorial de Vigo, ditada no seu ámbito provincial ao abeiro da Orde do 11 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento SI437A), e que se xunta a esta resolución no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 31 de agosto de 2026, do Departamento Territorial de Vigo, pon fin á vía administrativa e que contra ela poderá interpoñerse un recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente un recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Non se pode interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Vigo, 2 de setembro de 2026

Mª Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Resolución do 31 de agosto de 2026, do Departamento Territorial de Vigo, que pon fin ao procedemento de concesión das subvencións na provincia de Pontevedra convocadas mediante a Orde do 11 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento SI437A)

Antecedentes:

Primeiro. O 28 de maio de 2026 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 11 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento SI437A).

Segundo. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar no ano 2026 axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás federacións constituídas por estas, coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través das seguintes liñas: liña 1, para a consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar os gastos correntes que orixinen o mantemento e o funcionamento das asociacións de mulleres e das súas federacións, e liña 2, para a prevención e atención da violencia de xénero no ámbito do tecido asociativo de mulleres, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mulleres en situación de vulnerabilidade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Terceiro. De acordo co establecido no artigo 1.3 das bases reguladoras, o procedemento para a concesión das subvencións recollidas nesta orde tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co sinalado no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cuarto. De acordo co establecido no artigo 13.4 das bases reguladoras, avaliadas as solicitudes no ámbito provincial de Pontevedra, seguindo os criterios establecidos no artigo 14, a Comisión de Valoración emitiu un informe segundo o cal a unidade de igualdade do Departamento Territorial de Vigo, órgano instrutor, formulou a proposta de resolución ao órgano competente para resolver e na cal se inclúe a proposta de concesión de subvencións segundo a orde de puntuación obtida polas solicitudes e polo importe da axuda correspondente ata esgotar o crédito dispoñible. Así mesmo, propón os expedientes aos que se lle denegan estas axudas por desistencia expresa, por non cumpriren os requisitos establecidos na convocatoria, ou por non achegaren a documentación requirida no prazo establecido, segundo o establecido no artigo 68.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Quinto. De acordo co establecido no artigo 15.1, tras a proposta da resolución, a persoa titular do Departamento Territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade.

Sexto. Segundo o artigo 15.3 das bases reguladoras, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a resolución destas subvencións será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación. Nesta publicación especificaranse a data da convocatoria, a entidade beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como as solicitudes desestimadas, con expresión sucinta dos motivos da desestimación.

Por todo o anterior, tras o informe de baremación e a proposta emitida pola unidade de igualdade do Departamento Territorial de Vigo como órgano instrutor, unha vez fiscalizado o gasto de conformidade coa Intervención Delegada, a directora do Departamento Territorial de Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade, en virtude da competencia delegada na disposición adicional única para resolver os procedementos de concesión,

RESOLVE:

Primeiro. Concederlles as subvencións para o financiamento do programa SI437A ás asociacións con sede social na provincia de Pontevedra que se relacionan no anexo I, como consecuencia da aplicación dos criterios e pautas de valoración establecidas no artigo 14 das bases reguladoras e segundo o establecido no artigo 5.3 pola contía e para o desenvolvemento da actuación que figuran no anexo.

Segundo. Excluír e declarar desistidas as solicitudes que se relacionan no anexo II, con indicación da causa específica, por desistencia expresa, por non cumpriren o requisito de emenda e/ou achega dos documentos preceptivos no prazo establecido, segundo o disposto no artigo 12.1 das bases reguladoras, ou ben por non cumpriren algún dos requisitos establecidos nas referidas bases.

Terceiro. Informar as asociacións de mulleres e as federacións constituídas por estas beneficiarias das subvencións con sede social na provincia de Pontevedra, que figuran no anexo I desta resolución, do seguinte:

a) As axudas da liña 1 están financiadas con fondos propios libres da Comunidade Autónoma de Galicia e as axudas da liña 2 están financiadas con fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

b) De acordo co establecido no artigo 3 das bases reguladoras, estas axudas son compatibles con outras subvencións, axudas e ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou entidade pública ou privada.

O importe da subvención concedida non poderá superar en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas, o custo da actuación ou actividade que vaia desenvolver a entidade solicitante, nin o importe total do correspondente concepto de gasto.

No caso de que o conxunto das axudas supere o custo das actividades ou gastos subvencionables, esta axuda reducirase na cantidade necesaria ata cumprir o establecido anteriormente.

c) As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, os requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como coas condicións e obrigas establecidas no artigo 20 das bases reguladoras e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación.

d) No artigo 22 das bases reguladoras establécense os criterios de gradación dos posibles incumprimentos que determinan, de ser o caso, a perda do dereito ao cobramento da subvención, a minoración da cantidade concedida ou, de ser o caso, o reintegro total ou parcial da axuda percibida.

e) Unha vez publicada a resolución de concesión da subvención, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez (10) días a súa aceptación e comprometerse a executar o programa, medida ou actuación subvencionada no prazo e nas condicións establecidas na convocatoria. No caso de non comunicalo no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.

f) De acordo co establecido no artigo 19 das bases reguladoras, o importe da subvención farase efectivo nun pagamento único, logo da acreditación da realización da actuación ou actividade e da presentación da documentación xustificativa.

g) Para poderen ser tidos en conta, os gastos deben estar xerados no período comprendido entre o 1 de outubro de 2025 e o 30 de setembro de 2026, para os gastos da liña 1, e entre o 1 de decembro de 2025 e o 30 de novembro de 2026, para a liña 2, e estaren efectivamente pagados, como máximo, na data de finalización do prazo de xustificación, o 16 de outubro de 2026 para a liña 1 e o 11 de decembro para a liña 2.

h) As entidades beneficiarias deberán presentar a documentación xustificativa establecida no artigo 18 coa data límite do 16 de outubro de 2026 para a liña 1, e do 11 de decembro para a liña 2.

Cuarto. Notificarlles ás persoas interesadas esta resolución, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse un recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou directamente un recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2026. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (Disposición adicional única da Orde do 11.5.2026; DOG núm. 98, do 28 de maio). Mª Ángeles Rouco Fernández, directora territorial de Vigo.

ANEXO I

Concesións

Núm. de expediente

Nome da asociación/federación

NIF

Liña e denominación do programa

Custo total da actuación (€)

Subvención solicitada (€)

Importe
subvención (€)

Total puntos

Liña 1

SI437A-2026-00000009-05

Asociación Diagnosticadas de Cancro de Mama e Xinecolóxico

G36380301

Liña 1

6.250,00

5.000,00

5.000,00

74

SI437A-2026-00000004-05

Asociación Mulleres Rurais e Culturais Santa Mariña

G36386175

Liña 1

1.903,15

1.712,84

1.712,84

69

SI437A-2026-00000015-05

Asociación Mulleres Pedra da Vella

G36837433

Liña 1

11.500,00

5.000,00

5.000,00

68

SI437A-2026-00000005-05

Asociación de Empresarias de Galicia

G27826999

Liña 1

7.611,10

5.000,00

5.000,00

67

SI437A-2026-00000010-05

Federación pola Igualdade das Mulleres da Provincia de Pontevedra

G94200326

Liña 1

6.000,00

5.000,00

5.000,00

66

SI437A-2026-00000003-05

Asociación de Mulleres Progresistas

G36657336

Liña 1

17.102,50

4.000,00

4.000,00

66

SI437A-2026-00000001-05

Asociación de Amas de Casa O Noso Lar

G36015485

Liña 1

3.450,00

3.450,00

3.085,10

63

SI437A-2026-00000006-05

Asociación de Mulleres en Igualdade de Tui

G94194701

Liña 1

5.000,00

5.000,00

4.028,60

58

SI437A-2026-00000013-05

Mulleres Salgadas-Asociación Galega de Mulleres do Mar

G70518972

Liña 1

7.066,55

5.000,00

5.000,00

58

SI437A-2026-00000017-05

Asociación Nós Mesmas

G27718907

Liña 1

6.815,84

5.000,00

4.626,28

49,3

SI437A-2026-00000007-05

Asociación de Mulleres Rurais Tudenses

G26688358

Liña 1

5.000,00

5.000,00

3.346,79

47,5

ANEXO II

Solicitudes excluídas e desistidas

Núm. de expediente

Liña

Nome asociación / federación

NIF

Causas da denegación

SI437A-2026-00000002-05

Liña 1

Asociación Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo

G36928646

Desistencia por non contestar correctamente o requirimento no prazo establecido (artigo 12)

SI437A-2026-00000008-05

Liña 1

A Morada Nosa, Sociedade Cooperativa Galega

F67875781

Denegación por non ser entidade beneficiaria (artigo 4.1)

SI437A-2026-00000011-05

Liña 1

Asociación de Mulleres Rurais Entre Mulleres

G75632000

Desistencia por non contestar o requirimento no prazo establecido (artigo 12)

SI437A-2026-00000012-05

Liña 2

Asociación pola Igualdade e a Coeducación

G94088549

Accións non subvencionables (artigo 5.2)

SI437A-2026-00000014-05

Liña 1

Asociación Cultural Lar de Sopas

G56818164

Incumprimento do requisito recollido no artigo 4.1.b)

SI437A-2026-00000016-05

Liña 1

Asociación Círculo Yoga

G24769499

Incumprimento do requisito recollido no artigo 4.1.d)

SI437A-2026-00000018-05

Liña 1

Asociación Mulleres Rurais Santa Isabel

G36568137

Desistencia por non contestar o requirimento no prazo establecido (artigo 12)

SI437A-2026-00000019-05

Liña 1

Asociación de Amas de Casa y Consumidores

Rías Baixas

G36020691

Incumprimento do requisito recollido no artigo 4.1.d)