Con data do 28 de maio de 2026 publícase no Diario Oficial de Galicia número 98 a Orde do 11 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento SI437A).
A través da dita orde establécense as bases reguladoras e a convocatoria, para o ano 2026, das axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás federacións constituídas por estas, coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través das seguintes liñas:
a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar os gastos correntes que orixine o mantemento e o funcionamento das asociacións de mulleres e das súas federacións.
b) Liña 2: prevención e atención da violencia de xénero no ámbito do tecido asociativo de mulleres, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mulleres en situación de vulnerabilidade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Para o financiamento das axudas previstas nesta convocatoria destínase crédito por un importe total de trescentos corenta e tres mil cento sesenta e seis euros con sesenta e un céntimos (343.166,61 €) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026 con cargo ás aplicacións orzamentarias seguintes:
|
Liña |
Aplicación |
Cód. de proxecto |
Importe |
|
Liña 1 |
08.07.313B.480.0 |
2016 00020 |
180.000,00 € |
|
Liña 2 |
08.07.313D.480.2 |
2025 00050 |
163.166,61 € |
Unha vez revisadas as solicitudes presentadas ao abeiro da dita orde, concretamente no Departamento Territorial de Ourense, da Consellería de Política Social e Igualdade, segundo a sede social das asociacións solicitantes, pola unidade administrativa tramitadora e encargada da instrución do procedemento, así como as emendas feitas, neste caso pola unidade de igualdade do dito departamento territorial, unha vez comprobado que todas cumprían cos requisitos establecidos e coa documentación necesaria, estas foron remitidas á Comisión de Valoración, órgano creado no artigo 13.2.
O dito órgano instrutor, tras a baremación e á vista do informe realizado pola Comisión de Valoración, formulou a proposta de resolución, que, como establece o artigo 15.1, elevou ao órgano competente, á persoa titular do Departamento Territorial de Ourense, da Consellería de Política Social e Igualdade, que, en virtude da competencia delegada na disposición adicional única para resolver os procedementos de concesión, emite a correspondente resolución con data do 2 de setembro de 2026.
Segundo o artigo 15.3, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as resolucións destas subvencións serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, as cales producirán os mesmos efectos da notificación.
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 2 de setembro de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, da Consellería de Política Social e Igualdade, ditada no seu ámbito provincial ao abeiro da Orde do 11 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento SI437A), e que se xunta a esta resolución no anexo.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 2 de setembro de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, da Consellería de Política Social e Igualdade, pon fin á vía administrativa e que contra ela poderá interpoñerse o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou a resolución, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Non se pode interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Ourense, 2 de setembro de 2026
Santiago Álvarez González
Director territorial de Ourense
ANEXO
Resolución do 2 de setembro de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, que pon fin ao procedemento de concesión das subvencións na provincia de Ourense convocadas mediante a Orde do 11 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento SI437A)
Antecedentes:
Primeiro. Con data do 28 de maio de 2026 publícase no Diario Oficial de Galicia a Orde do 11 de maio de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento SI437A).
Segundo. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e convocar no ano 2026 axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás federacións constituídas por estas, coa finalidade de fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través das seguintes liñas: liña 1, para a consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar os gastos correntes que orixine o mantemento e o funcionamento das asociacións de mulleres e das súas federacións e liña 2, para a prevención e a atención da violencia de xénero no ámbito do tecido asociativo de mulleres, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mulleres en situación de vulnerabilidade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Terceiro. De acordo co establecido no artigo 1.3 das bases reguladoras, o procedemento para a concesión das subvencións recollidas nesta orde tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, de acordo co sinalado no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Cuarto. De acordo co establecido no artigo 13.4 das bases reguladoras, avaliadas as solicitudes no ámbito provincial de Ourense, seguindo os criterios establecidos no artigo 14, a Comisión de Valoración emitiu un informe segundo o cal a unidade de igualdade do Departamento Territorial de Ourense, órgano instrutor, formulou a proposta de resolución ao órgano competente para resolver e na que se inclúe a proposta de concesión de subvencións segundo a orde de puntuación obtida polas solicitudes e polo importe da axuda correspondente ata esgotar o crédito dispoñible. Así mesmo, propón os expedientes aos que se lle denegan estas axudas por desistencia expresa, por non cumpriren os requisitos establecidos na convocatoria, ou por non achegaren a documentación requirida no prazo establecido, segundo o establecido no artigo 68.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Quinto. De acordo co establecido no artigo 15.1, tras a proposta da resolución á persoa titular do Departamento Territorial de Ourense, da Consellería de Política Social e Igualdade, resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e Igualdade.
Sexto. Segundo o artigo 15.3 das bases reguladoras, por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a resolución destas subvencións será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, a cal producirá os mesmos efectos da notificación. Nesta publicación especificaranse a data da convocatoria, a entidade beneficiaria, a cantidade concedida e a finalidade da subvención outorgada, así como as solicitudes desestimadas, con expresión sucinta dos motivos da desestimación.
Por todo o anterior, tras o informe de baremación e a proposta emitida pola unidade de igualdade do Departamento Territorial de Ourense como órgano instrutor, unha vez fiscalizado o gasto de conformidade coa Intervención Delegada, o director do dito Departamento Territorial de Ourense, da Consellería de Política Social e Igualdade, en virtude da competencia delegada na disposición adicional única para resolver os procedementos de concesión,
RESOLVE:
Primeiro. Concederlles as subvencións para o financiamento do programa SI437A ás asociacións con sede social na provincia de Ourense que se relacionan no anexo I, como consecuencia da aplicación dos criterios e das pautas de valoración establecidas no artigo 14 das bases reguladoras e segundo o establecido no artigo 5.3 pola contía e para o desenvolvemento da actuación que figuran no anexo.
Segundo. Excluír e declarar desistidas as solicitudes que se relacionan no anexo II, con indicación da causa específica, por desistencia expresa, por non cumpriren o requisito de emenda e/ou achega dos documentos preceptivos no prazo establecido, segundo o disposto no artigo 12.1 das bases reguladoras, ou ben por non cumpriren algún dos requisitos establecidos nas referidas bases.
Terceiro. Informar as asociacións de mulleres e as federacións constituídas por estas beneficiarias das subvencións con sede social na provincia de Ourense que figuran no anexo I desta resolución do seguinte:
a) As axudas da liña 1 están financiadas con fondos propios libres da Comunidade Autónoma de Galicia e as axudas da liña 2 están financiadas con fondos finalistas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
b) De acordo co establecido no artigo 3 das bases reguladoras: estas axudas son compatibles con outras subvencións, axudas e ingresos, ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra Administración ou entidades públicas ou privadas.
O importe da subvención concedida non poderá superar en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas, o custo da actuación ou actividade que vai desenvolver a entidade solicitante, nin o importe total do correspondente concepto de gasto.
No caso de que o conxunto das axudas supere o custo das actividades ou gastos subvencionables, esta axuda reducirase na cantidade necesaria ata acadar o cumprimento do establecido anteriormente.
c) As entidades beneficiarias deberán cumprir, en todo caso, cos requisitos e obrigas exixidos nos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como coas condicións e coas obrigas establecidas no artigo 20 das bases reguladoras e demais que resulten exixibles segundo a normativa de aplicación.
d) No artigo 22 das bases reguladoras establécense os criterios de gradación dos posibles incumprimentos que determinan, se é o caso, a perda do dereito ao cobramento da subvención, a minoración da cantidade concedida ou, de ser o caso, o reintegro total ou parcial da axuda percibida.
e) Unha vez publicada a resolución de concesión da subvención, a entidade beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez (10) días a súa aceptación e comprometerse a executar o programa, medida ou actuación subvencionada no prazo e nas condicións establecidas na convocatoria. No caso de non comunicalo no prazo indicado, entenderase tacitamente aceptada.
f) De acordo co establecido no artigo 19 das bases reguladoras, o importe da subvención farase efectivo nun pagamento único, logo da acreditación da realización da actuación ou actividade e da presentación da documentación xustificativa.
g) Para poderen ser tidos en conta, os gastos deben estar xerados no período comprendido entre o 1 de outubro de 2025 e o 30 de setembro de 2026, para os gastos da liña 1, e entre o 1 de decembro de 2025 e o 30 de novembro de 2026, para a liña 2, e estaren efectivamente pagados, como máximo, na data de finalización do prazo de xustificación, o 16 de outubro 2026 para a liña 1 e 11 de decembro para a liña 2.
h) As entidades beneficiarias deberán presentar a documentación xustificativa establecida no artigo 18 coa data límite do 16 de outubro de 2026 para a liña 1, e 11 de decembro para a liña 2.
Cuarto. Notificarlles ás persoas interesadas esta resolución, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.
Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2026. A conselleira de Política Social e Igualdade. P.D. (Disposición adicional única da Orde do 11.5.2026; DOG núm. 98, do 28 de maio). Santiago Álvarez González. Director territorial de Ourense da Consellería de Política Social e Igualdade.
ANEXO I
Concesións
|
Nº de expediente |
Nome da |
NIF |
Liña e denominación do programa |
Custo total da actuación (€) |
Subvención solicitada (€) |
Importe da |
Total puntos |
|
Liña 1 |
|||||||
|
SI437A-2026-00000013-03 |
Asociación escola rural de saúde da Limia |
G32426025 |
Liña 1 |
6.760,00 |
5.000,00 |
5.000,00 |
77 |
|
SI437A-2026-00000003-03 |
Federación provincial de mulleres rurais de Ourense |
G32237869 |
Liña 1 |
4.986,41 |
4.986,41 |
4.795,47 |
70 |
|
SI437A-2026-00000022-03 |
Asociación amigos da cultura e do ocio Aires Nosos |
G32369696 |
Liña 1 |
5.600,00 |
5.000,00 |
4.989,64 |
65 |
|
SI437A-2026-00000010-03 |
Afammer Ourense |
G32302432 |
Liña 1 |
2.010,00 |
1.800,00 |
1.800,00 |
64 |
|
SI437A-2026-00000018-03 |
Asociación de mulleres rurais de Arnoia |
G32181703 |
Liña 1 |
4.085,00 |
4.085,00 |
3.525,06 |
61,5 |
|
SI437A-2026-00000023-03 |
Asociación de mulleres rurais Cruceiro Gordo |
G32471971 |
Liña 1 |
675,05 |
675,05 |
675,05 |
60 |
|
SI437A-2026-00000019-03 |
Asociación de mulleres rurais de Castrelo de Miño |
G44797348 |
Liña 1 |
1.065,00 |
1.065,00 |
1.057,66 |
57,5 |
|
SI437A-2026-00000025-03 |
Asociación de mulleres rurais e Consumo Tres de Maio |
G32213704 |
Liña 1 |
858,31 |
858,31 |
857,61 |
53,4 |
|
SI437A-2026-00000002-03 |
Asociación de viúvas |
G32014334 |
Liña 1 |
5.000,00 |
5.000,00 |
3.638,99 |
52 |
|
SI437A-2026-00000032-03 |
Asociación de mulleres Algueirada de Manzaneda |
G32354227 |
Liña 1 |
5.000,00 |
5.000,00 |
3.638,99 |
52 |
|
SI437A-2026-00000014-03 |
Asociación de mulleres rurais do Outeiro do Forte |
G22485064 |
Liña 1 |
365,00 |
365,00 |
365,00 |
50,5 |
|
SI437A-2026-00000008-03 |
Asociación de mulleres rurais Monterrei |
G32368227 |
Liña 1 |
529,94 |
529,94 |
529,94 |
49,2 |
|
SI437A-2026-00000020-03 |
Asociación de mulleres rurais Termais de Cortegada |
G26578260 |
Liña 1 |
705,19 |
705,19 |
705,19 |
48,6 |
|
SI437A-2026-00000021-03 |
Asociación mulleres rurais de San Miguel Espinoso |
G32292435 |
Liña 1 |
435,21 |
435,21 |
435,21 |
48,2 |
|
SI437A-2026-00000005-03 |
Asociación de mulleres rurais As Libélulas de Guimarei |
G27567585 |
Liña 1 |
237,92 |
237,92 |
237,92 |
47 |
|
SI437A-2026-00000031-03 |
Asociación de mulleres rurais San Pedro |
G32375909 |
Liña 1 |
250,00 |
250,00 |
250,00 |
46,7 |
|
SI437A-2026-00000006-03 |
Asociación de mulleres rurais Santa Eulalia de Montes |
G32378911 |
Liña 1 |
513,00 |
513,00 |
513,00 |
44 |
|
SI437A-2026-00000037-03 |
Asociación Participacción |
G32477127 |
Liña 1 |
2.673,00 |
2.673,00 |
1.550,26 |
37,1 |
|
SI437A-2026-00000004-03 |
Santa María de Tamagos |
G32362741 |
Liña 1 |
1.500,00 |
1.500,00 |
905,22 |
33 |
|
SI437A-2026-00000001-03 |
Asociación Larume. |
G72568454 |
Liña 1 |
3.436,89 |
3.436,89 |
1.244,33 |
22 |
|
SI437A-2026-00000043-03 |
Asociación de empresarias e profesionais da provincia de Ourense |
G32104663 |
Liña 1 |
7.000,00 |
5.000,00 |
2.071,45 |
19,9 |
|
Liña 2 |
|||||||
|
SI437A-2026-00000028-03 |
Asociación de mulleres rurais Os Picotiños |
G32303877 |
Programa Tecendo Igualdade en Esgos |
3.950,32 |
2.923,24 |
2.923,24 |
87 |
|
SI437A-2026-00000024-03 |
Asociación de mulleres rurais Santa Isabel |
G32176083 |
Sabor a coidados: conversas arredor da mesa |
3.000,00 |
2.700,00 |
2.700,00 |
84 |
|
SI437A-2026-00000009-03 |
Asociación de mulleres rurais Pais do Riós |
G32284747 |
O teatro como instrumento para a prevención da violencia de xénero. Corporalizando |
3.000,00 |
2.250,00 |
2.250,00 |
82 |
|
SI437A-2026-00000029-03 |
Asociación de mulleres rurais Entre Nós |
G32233512 |
Rede Violeta: programa de participación e prevención da violencia de xénero para mulleres do rural |
4.550,00 |
4.550,00 |
4.550,00 |
80 |
|
SI437A-2026-00000039-03 |
Asociación de mulleres rurais Xestas e Toxos |
G32245342 |
Rede Violeta: programa de participación e prevención da violencia de xénero para mulleres do rural |
5.000,00 |
5.000,00 |
5.000,00 |
80 |
|
SI437A-2026-00000034-03 |
Asociación de mulleres rurais O Cruceiro |
G32258881 |
Rede Violeta: programa de participación e prevención da violencia de xénero para mulleres do rural |
2.487,00 |
2.487,00 |
2.487,00 |
80 |
|
SI437A-2026-00000040-03 |
Asociación cultural |
G32345274 |
Mulleres de raíz |
3.150,00 |
3.150,00 |
3.150,00 |
78 |
|
SI437A-2026-00000015-03 |
Asociación San Salvador |
G32292807 |
Rede Violeta: programa de participación e prevención da violencia de xénero para mulleres do rural |
1.850,00 |
1.850,00 |
1.850,00 |
72,6 |
|
SI437A-2026-00000038-03 |
Asociación de mulleres Arracada |
G32305377 |
Rede Violeta: programa de participación e prevención da violencia de xénero para mulleres do rural |
2.198,69 |
2.198,69 |
2.198,69 |
69,4 |
|
SI437A-2026-00000035-03 |
Asociación de mulleres rurais Fonte do Ouro |
G32480675 |
Rede Violeta: programa de participación e prevención da violencia de xénero para mulleres do rural |
4.550,00 |
4.550,00 |
4.550,00 |
69 |
|
SI437A-2026-00000033-03 |
Asociación centro de animación rural mulleres |
G32218612 |
Rede Violeta: programa de participación e prevención da violencia de xénero para mulleres do rural |
2.950,00 |
2.197,75 |
2.197,75 |
67,8 |
|
SI437A-2026-00000036-03 |
Asociación de mulleres rurais Pegureiras |
G32500357 |
Rede Violeta: programa de participación e prevención da violencia de xénero para mulleres do rural |
1.150,00 |
861,35 |
861,35 |
65,8 |
|
SI437A-2026-00000027-03 |
Asociación de mulleres rurais O Colibrí |
G75547497 |
Rede Violeta: programa de participación e prevención da violencia de xénero para mulleres do rural |
2.000,00 |
2.000,00 |
2.000,00 |
63,4 |
|
SI437A-2026-00000016-03 |
Asociación de mulleres rurais Fonte do Sapo |
G32387698 |
Rede Violeta: programa de participación e prevención da violencia de xénero para mulleres do rural |
800,00 |
800,00 |
800,00 |
63 |
|
SI437A-2026-00000030-03 |
Asociación de mulleres rurais As Candelas |
G32298168 |
Rede Violeta: programa benestar, participación e prevención da violencia de xénero para mulleres do rural |
1.750,00 |
1.750,00 |
1.750,00 |
53,4 |
ANEXO II
Solicitudes excluídas e desistidas
|
Nº de expediente |
Liña |
Nome asociación/federación |
NIF |
Causas da denegación |
|
SI437A-2026-00000007-03 |
Liña 2 |
Asociación de mulleres rurais e de Consumo 25 de Xullo |
G32282949 |
Desistencia expresa da solicitude |
|
SI437A-2026-00000011-03 |
Liña 2 |
Asociación de mulleres rurais O Patio de Melo |
G32411670 |
Desistencia expresa da solicitude |
|
SI437A-2026-00000012-03 |
Liña 2 |
Asociación de mulleres rurais Límicas |
G32501066 |
Desistencia expresa da solicitude |
|
SI437A-2026-00000017-03 |
Liña 2 |
Asociación de mulleres rurais Toural |
G32399792 |
Desistencia expresa da solicitude |
|
SI437A-2026-00000026-03 |
Liña 2 |
Asociación de mulleres rurais Feces de Abaixo As Raiotas |
G32502353 |
Desistencia expresa da solicitude |
|
SI437A-2026-00000041-03 |
Liña 2 |
Asociación de mulleres rurais As Temoeiras |
G32367542 |
Desistencia expresa da solicitude |
|
SI437A-2026-00000042-03 |
Liña 2 |
Asociación de mulleres rurais As Xeitosiñas |
G32288953 |
Desistencia expresa da solicitude |
