A titularidade do centro privado estranxeiro (CPREX) Coruña British School, solicita a modificación da autorización para ampliación de ensinanzas e achega un certificado de acreditación do British Council, en que consta que reúne os requisitos para impartir as ensinanzas a alumnado desde Nursery (de 3 a 4 anos) a Year 13 (de 17 a 18 anos) para 825 alumnos/as, do currículo nacional de Inglaterra. Tamén solicita o cambio de domicilio por traslado de instalacións, desde a súa sede actual na rúa Roma, nº 1, A Coruña, á nova sede situada na rúa Torneiros, Sésamo, s/n, Culleredo.
Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Real decreto 806/1993, do 28 de maio, sobre réxime de centros docentes estranxeiros en España, así como no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Modificación da autorización
Modificar a autorización para impartir Year 13 (de 17 a 18 anos) e autorizar o cambio de domicilio por traslado de instalacións. O centro queda configurado como se sinala a seguir:
Denominación xenérica: centro privado estranxeiro (CPREX).
Denominación específica: Coruña British School.
Código do centro: 15032984.
Titular: O Castro British School A Coruña, S.L.
Domicilio: rúa Torneiros, Sésamo, s/n.
Localidade: Culleredo.
Concello: Culleredo.
Código postal: 15199.
Provincia: A Coruña.
Ensinanzas que se autorizan do sistema educativo do Reino Unido a alumnado español e estranxeiro, para un total de 825 alumnos/as:
• Nursery (de 3 a 4 anos) a Year 6 (de 10 a 11 anos), ata o 28 de abril de 2029, para 400 alumnos/as.
• Year 7 (de 11 a 12 anos) a Year 9 (de 13 a 14 anos), ata o 12 de xuño de 2027, para 165 alumnos/as.
• Year 10 (de 14 a 15 anos) a Year 11 (15 a 16 anos), ata o 28 de abril de 2029, para 110 alumnos/as.
• Year 12 (de 16 a 17 anos) a Year 13 (17 a 18 anos), ata o 29 de setembro de 2026, para 150 alumnos/as.
Artigo 2. Ensinanzas de lingua e cultura
O centro deberá complementar as ensinanzas autorizadas, de niveles equivalentes aos obrigatorios do sistema educativo español con ensinanzas de lingua española e de lingua galega, que deberán impartirse co mesmo deseño e horario establecidos nos correspondentes decretos da Comunidade Autónoma de Galicia.
Así mesmo, a cultura española deberá desenvolver os contidos esenciais da correspondente área de coñecemento, recollidos na norma reguladora das ensinanzas.
Artigo 3. Requisitos do profesorado
O profesorado que imparta as ensinanzas mencionadas no artigo 2 deberá reunir os requisitos de titulación requiridos pola lexislación española para o nivel educativo, e terá os dereitos e as obrigas que determina o artigo 12 do Real decreto 806/1993, do 28 de maio, sobre réxime de centros docentes estranxeiros en España.
O Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta estas materias.
Artigo 4. Validez da autorización
A autorización a que fai referencia o artigo 1 desta orde terá validez ata a próxima inspección por parte do British Council, que terá lugar non máis tarde das seguintes datas: de Nursery a Year 6, o 28 de abril de 2029; de Year 7 a Year 9, o 12 de xuño de 2027; de Year 10 a Year 11, o 28 de abril de 2029, e de Year 12 a Year 13, o 29 de setembro de 2026.
Artigo 5. Inscrición no Rexistro
Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 6. Obrigas do centro
O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e sometido á inspección educativa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, de conformidade co establecido no artigo 9 do Real decreto 806/1993, do 28 de maio, así como a solicitar unha nova autorización e inscrición no caso de que se produza calquera variación nos elementos e circunstancias que dan lugar a esta autorización.
Disposición derradeira primeira. Recursos
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2026
Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
