A titularidade do centro privado Ilerna da Coruña solicita a autorización de apertura e funcionamento para impartir o ciclo formativo de grao superior (CS) Administración e finanzas, o CS Desenvolvemento de aplicacións web e o CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma.
Logo de tramitar o expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Autorización de ensinanzas
Autorizar a apertura e o funcionamento do centro privado que se sinala a continuación:
Denominación xenérica: centro privado (CPR).
Denominación específica: Ilerna.
Código do centro: 15033368.
Domicilio: avenida Finisterre, número 315-317.
Localidade: A Coruña.
Concello: A Coruña.
Código postal: 15008.
Provincia: A Coruña.
Titular: Ilerna On Line, S.L.
Ensinanzas que se autorizan:
• Réxime ordinario, modalidade presencial.
• CS Administración e finanzas (2 unidades para 30 postos escolares/unidade).
• CS Desenvolvemento de aplicacións web (2 unidades para 20 postos escolares/unidade).
• CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma (2 unidades para 20 postos escolares/unidade).
Artigo 2. Inicio da actividade
Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, o Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.
Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros
Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 4. Revisión da autorización
O centro queda obrigado a cumprir a normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.
Disposición derradeira primeira. Recursos
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2026
Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional
