A titularidade do centro privado Afundación da Coruña, solicita o cambio de domicilio por traslado de instalacións, desde a súa sede actual na rúa Ribadavia, número 4, da Coruña, á nova sede situada na rúa Juana Capdevielle, número 2, da Coruña.
Logo de tramitar o expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Autorización
Autorizar o cambio de domicilio por traslado de instalacións sen alterar as ensinanzas para as que está autorizado. O centro queda configurado como se sinala a continuación:
Denominación xenérica: centro privado (CPR).
Denominación específica: Afundación.
Código do centro: 15005270.
Domicilio: rúa Juana Capdevielle, número 2.
Localidade: A Coruña.
Concello: A Coruña.
Provincia: A Coruña.
Titular: Fundación Galicia Obra Social.
Composición resultante:
• CS Administración e finanzas (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).
• CS Asistencia á dirección (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).
• CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).
• CS Desenvolvemento de aplicacións web (2 unidades para 30 alumnos/as cada unha).
Artigo 2. Inicio da actividade
Para poñer en funcionamento as ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.
Artigo 3. Inscrición no Rexistro de Centros
Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 4. Modificación da autorización
O centro queda obrigado a cumprir a normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.
Disposición derradeira primeira. Recursos
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orden entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2026
Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
