DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Martes, 22 de setembro de 2026 Páx. 49931

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 31 de agosto de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, de redacción das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Cee (expediente IN407A 2025/014-1).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA POT806 substitución de apoios 969Q31QI//28-33 e 968I68WH//28-34, no concello de Cee (expediente IN407A 2025/014-1), pola Resolución deste departamento territorial, do 19 de abril de 2026, a favor da entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo na avenida de Arteixo, 171, 15008 A Coruña.

Este departamento territorial, de conformidade co artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e co 56 do seu regulamento, do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 27 de outubro de 2026 para a redacción das actas previas á ocupación, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se exporá xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Cee, deducida da que se someteu a información pública no DOG do 26.2.2026, no BOP do 9.2.2026 e no xornal La Voz de Galicia do 11.2.2026, acto ao cal deberán concorrer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectados, ás cales se lles efectuará notificación individual e se lles sinalarán os horarios de toma de datos sobre o terreo e posterior levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa do concello.

Así mesmo, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, publicarase un anuncio desta convocatoria no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 31 de agosto de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña