BDNS (Identif.): 885616.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/885616
Primeiro. Ampliación do crédito orzamentario
Amplíase o importe total das axudas establecidas na Orde do 29 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Galicia Suma Talento: Emprégate, de incentivos á contratación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (DOG núm. 27, do 10 de febreiro de 2026), que se van conceder ao abeiro desta orde de convocatoria, na seguinte contía e aplicación orzamentaria, que figura dotada nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026:
14.02.322C.470.3, no código de proxecto 2016 00308, na contía de 1.093.291,64 €.
Segundo. Prazo de presentación de solicitudes
Estas modificacións non afectan o prazo establecido na referida orde para presentar as solicitudes.
Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2026
José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración
