En cumprimento do establecido nos artigos 27 e 28 do Decreto 111/2015, do 6 de agosto, polo que se aproba o Regulamento de organización e de funcionamento do Consello de Comunidades Galegas, coa conformidade do presidente da Xunta de Galicia,
RESOLVO:
Facer pública a convocatoria ordinaria da reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, que terá lugar o día 10 de novembro de 2026 en Río de Xaneiro.
Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2026
Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración
