A Orde do 29 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Galicia Suma Talento: Emprégate, de incentivos á contratación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (DOG núm. 27, do 10 de febreiro de 2026), establece no seu artigo 4 o crédito orzamentario que financia os incentivos á contratación por conta allea.
Así mesmo, establece no seu artigo 4.5 que poderá ampliarse a contía máxima deste crédito para esta convocatoria. O incremento do crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito, da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, de acordo co establecido no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 30.2 do seu regulamento de desenvolvemento.
Así pois, como existen outras dotacións que poden ser utilizadas para os mesmos fins, como consecuencia da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo a créditos incluídos no mesmo programa, cómpre ampliar o importe do crédito destinado ás axudas á contratación por conta allea do colectivo de persoas mozas, que poderán ser concedidas ao abeiro da orde que se cita nesta disposición, coa finalidade de que estas cheguen ao maior número de entidades beneficiarias posible.
Por todo o exposto e no uso das facultades que me foron conferidas,
DISPOÑO:
Artigo 1
Amplíase o importe total das axudas establecidas na Orde do 29 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Galicia Suma Talento: Emprégate, de incentivos á contratación na empresa ordinaria, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (DOG núm. 27, do 10 de febreiro de 2026), que se van conceder ao abeiro desta orde de convocatoria, na seguinte contía e aplicación orzamentaria, que figura dotada nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026:
14.02.322C.470.3, no código de proxecto 2016 00308, na contía de 1.093.291,64 €.
Artigo 2
Estas modificacións non afectan o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.
Disposición derradeira única
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2026
José González Vázquez
Conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración
