Mediante a Orde do 7 de agosto de 2026 (DOG núm. 155, do 18 de agosto) convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante no organismo autónomo Instituto Galego de Estatística que se detalla no anexo desta orde.
De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e nos artigos 26 e 27 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
DISPÓN:
Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no organismo autónomo Instituto Galego de Estatística, anunciada pola Orde do 7 de agosto de 2026 (DOG núm. 155, do 18 de agosto).
Segundo. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, á persoa que se relaciona no anexo desta orde.
Terceiro. O cesamento no actual destino da persoa que obtivo a praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes, de conformidade co establecido no artigo 8.1 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico.
O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, teña concedidos a persoa designada. Nos supostos de incapacidade temporal, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.
Cuarto. A xefatura de persoal do centro onde cause baixa a persoa funcionaria, así como a daquel en que obteña destino, efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.
Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente un recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2026
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes
P.D. (Orde do 31.7.2026; DOG núm. 145, do 4 de agosto)
Juan Carlos Reboredo Nogueira
Director do Instituto Galego de Estatística
ANEXO
Apelidos e nome: del Río Viqueira, Mª Isabel.
NRP: ******9135 A2083.
Subgrupo: A1.
Corpo/escala: corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de estatísticos.
Denominación do posto: secretario/a xeral.
Código do posto: PX.O11.00.001.15770.001.
Nivel: 30.
Dependencia: Instituto Galego de Estatística.
Localidade: Santiago de Compostela.
*O NRP amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.
