No Diario Oficial de Galicia número 99, do 29 de maio de 2026, publícase a Orde da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, do 15 de maio de 2026, pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o ano 2026 (código de procedemento PL500E).
De conformidade co artigo 18 da dita orde, a resolución será ditada pola persoa titular da Secretaría Xeral da Lingua, por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, logo da proposta do órgano instrutor, segundo o previsto na disposición adicional, delegación de atribucións.
O artigo 18 sinala tamén que esta resolución se publicará no Diario Oficial de Galicia, se exporá na web da Secretaría Xeral da Lingua e se lles notificará ás correspondentes universidades de destino.
Así mesmo, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións do procedemento, por seren de concorrencia competitiva, serán obxecto de publicación, que producirá os efectos de notificación.
Polo exposto, tras a presentación das solicitudes, unha vez finalizada a instrución e a fiscalización, e logo de ditar o día 16 de setembro de 2026 a resolución que finaliza o procedemento,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 16 de setembro de 2026 de concesión de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas, convocadas mediante a Orde do 15 de maio de 2026 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o ano 2026 (código de procedemento PL500E), que se xunta como anexo desta resolución.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 16 de setembro de 2026, que finaliza este procedemento, esgota a vía administrativa e que contra ela se poderá interpor potestativamente un recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Esta resolución tamén poderá ser impugnada directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza, o órgano contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2026
Valentín García Gómez
Secretario xeral da Lingua
ANEXO
RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2026 pola que se adxudican bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas, convocadas mediante a Orde do 15 de maio de 2026 pola que se aproban as bases e se anuncia a convocatoria pública de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas para o ano 2026 (código de procedemento PL500E)
A Orde do 15 de maio de 2026 (DOG núm. 99, do 29 de maio) establece as bases e anuncia a convocatoria –en réxime de concorrencia competitiva e con sometemento aos principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, mérito e capacidade– de bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos localizados noutras tantas universidades de fóra de Galicia.
Logo de ver a proposta de resolución definitiva remitida pola subdirectora xeral de Política Lingüística en cumprimento do establecido no artigo 18.2 da dita orde, acompañada das actas da Comisión de Valoración constituída ao abeiro do artigo 16.5 da mesma orde, este secretario xeral, no uso das facultades que lle son expresamente delegadas en virtude da disposición adicional única da Orde do 15 de maio de 2026,
DISPÓN:
Adxudicarlles ás persoas relacionadas no anexo I as bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas dos centros de estudos galegos localizados nas universidades que se especifican, coas condicións establecidas na orde da convocatoria e durante o período que se indica.
Contra esta resolución, que lle pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 a 125 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, un recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, que se contarán a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2026. O Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude. P.D. (Orde do 28 de xuño de 2024). Valentín García Gómez, secretario xeral da Lingua.
ANEXO I
Adxudicación das bolsas de formación
|
Destino |
Apelidos e nome |
NIF |
Período |
|
Universidade do Algarve (Portugal) |
Pena Franco, Inés |
***0581** |
Desde o 1.10.2026 ata o 30.9.029 |
|
Universitat Autònoma de Barcelona (España) |
Regueiro Barreiro, Iván |
***5841** |
Desde o 1.10.2026 ata o 30.9.2029 |
|
Universitat de Barcelona (España) |
Coego Muñoz, Sara |
***7886** |
Desde o 1.10.2026 ata o 30.9.2029 |
|
Universidad de Extremadura (España) |
Martínez Sotuela, Christian |
***0406** |
Desde o 1.10.2026 ata o 30.9.2029 |
|
Universidade Nova de Lisboa (Portugal) |
Framil de Amorín, Isaura |
***1468** |
Desde o 1.10.2026 ata o 30.9.2029 |
|
Universidade do Estado do Rio de Janeiro (O Brasil) |
Gamallo Valladares, Andrea |
***8968** |
Desde o 1.1.2027 ata o 31.12.2029 |
|
Sveučilište u Zadru (Croacia) |
Rodríguez Campo, Joel |
***8734** |
Desde o 1.10.2026 ata o 30.9.2029 |
