DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Venres, 25 de setembro de 2026 Páx. 50330

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2026 pola que se dá publicidade á Resolución do 7 de setembro de 2026 de concesión da axuda convocada ao abeiro da Resolución do 24 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para a realización de rodaxes audiovisuais en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT207G).

No Diario Oficial de Galicia número 62, do 6 de abril de 2026, publícase a Resolución do 24 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para a realización de rodaxes audiovisuais en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT207G).

De conformidade co artigo 15.2 e coa disposición adicional primeira das bases reguladoras, as resolucións de concesión serán ditadas pola persoa titular da Presidencia do Consello Reitor da Agadic, por delegación do Consello Reitor (D.A do Acordo do 24 de xullo de 2012, DOG núm. 164, do 29 de agosto) e por proposta do órgano instrutor, segundo o previsto no artigo 15.1.

Así mesmo, o artigo 15.9 das bases establece que todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Con todo, as notificacións individuais de concesión de axuda acompañaranse tamén coa publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web http://agadic.gal coa indicación da data da convocatoria, da persoa beneficiaria, da cantidade concedida e da finalidade da axuda outorgada.

Polo exposto, logo da presentación da solicitude que se indica no anexo, unha vez finalizada a instrución e a fiscalización, e ditada o día 7 de setembro de 2026 as resolución de concesión que finaliza o procedemento,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido parcial da Resolución do 7 de setembro de 2026 de concesión da axuda convocada ao abeiro da Resolución do 24 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para a realización de rodaxes audiovisuais en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT207G), que se xuntan como anexo desta resolución. O texto completo da resolución atoparase publicada na páxina web da Agadic https://industriasculturais.xunta.gal/es/subvenciones.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 7 de setembro de 2026, que finaliza este procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa notificación.

Esta resolución tamén poderá ser impugnada directamente ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Terceiro. A devandita resolución será notificada de xeito individual de conformidade co establecido no artigo 15.5 das bases reguladoras.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2026

Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais

ANEXO

Contido parcial da Resolución do 7 de setembro de 2026, de concesión da axuda convocada ao abeiro da Resolución do 24 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para a realización de rodaxes audiovisuais en Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT207G), publicada no DOG núm. 62 do 6 de abril de 2026

1. Relación da persoa beneficiaria, cantidade concedida e finalidade da axuda outorgada:

Expediente

AG/S/2026RA/0006

Tipo de proxecto

Longametraxe de ficción

Título do proxecto

«As Crechas»

Persoa solicitante

As Crechas Filme AIE

NIF

V22567101

Custo total da operación

1.620.000,00 euros

Custo total subvencionable

1.402.000,00 euros

Modalidade da subvención

A fondo perdido

Importe da subvención

350.000,00 euros, distribuídos en dúas anualidades:

Anualidade 2026

10.000,00

Anualidade 2027

340.000,00

Importe con fondos Feder

350.000,00 euros

2. O contido completo da resolución poderase consultar na páxina web:

https://industriasculturais.xunta.gal/es/subvenciones