DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Venres, 25 de setembro de 2026 Páx. 50328

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de setembro de 2026 pola que se amplía o prazo de xustificación da Resolución do 29 de decembro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas á renovación e/ou instalación de ata un máximo de dous sistemas de depuración autónomos en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento AU300B).

O 11 de febreiro de 2026 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 29 de decembro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas á renovación e/ou instalación de ata un máximo de dous sistemas de depuración autónomos en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento AU300B), en diante resolución da convocatoria.

O artigo 24.1 da resolución da convocatoria refírese ao prazo para presentar a xustificación do investimento da subvención, e indica o seguinte:

«1. Os beneficiarios terán de prazo para presentar a xustificación do investimento da subvención concedida ata o 8 de outubro de 2026».

Con posterioridade ao outorgamento das subvencións recibíronse en Augas de Galicia comunicacións de varios dos concellos que foron beneficiarios en que solicitaban a ampliación do prazo de xustificación.

O artigo 45.3 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, establece a posibilidade de que o órgano concedente das subvencións outorgue, salvo precepto en contra contido nas bases reguladoras, unha ampliación do prazo establecido para presentar a xustificación, que non excederá a metade deste e sempre que con iso non se prexudiquen dereitos de terceiros.

Por outra banda, remítese ao disposto con carácter xeral no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en que se indica que a ampliación poderá acordarse de oficio ou por instancia de parte antes do vencemento do prazo de que se trate e se as circunstancias así o aconsellasen.

As bases reguladoras non conteñen ningún precepto en contra da ampliación do prazo de xustificación.

A ampliación do prazo non causa prexuízo a terceiros.

Por todo o anterior, sobre a base dos requisitos e condicións previstos na normativa anteriormente citada e tendo en conta todo o exposto,

RESOLVO:

Artigo único. Modificación da Resolución do 29 de decembro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas á renovación e/ou instalación de ata un máximo de dous sistemas de depuración autónomos en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento AU300B)

Modifícase o número 1 do artigo 24 da Resolución do 29 de decembro de 2025 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, destinadas á renovación e/ou instalación de ata un máximo de dous sistemas de depuración autónomos en concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento AU300B), que queda redactado como segue:

«1. Os beneficiarios terán de prazo para presentar a xustificación do investimento da subvención concedida ata o 30 de outubro de 2026».

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución producirá efectos desde o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2026

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Disposición adicional cuarta da
Resolución do 29.12.2025; DOG núm. 28, do 11.2.2026)
Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia