O 9 de setembro de 2026 a directora territorial de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador núm. 20260144VS-PO contra a persoa titular do DNI 35444673V.
Tras intentar a notificación deste acordo de inicio consonte o artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non puido efectuarse, polo que mediante este anuncio notifícaselle á persoa titular do DNI 35444673V o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, para o seu coñecemento.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que lle asiste, ao amparo do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a presentar alegacións ante este departamento territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, lembrándolle o seu dereito para consultar o expediente, depositado nas dependencias deste departamento, sito en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, avenida María Victoria Moreno, núm. 43, 1º andar, e obter, de ser o caso, copia deste, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da dita lei.
Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do devandito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamiento preciso acerca da responsabilidade imputada, de acordo co artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.
Advírteselle de que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.
Este anuncio expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no TEU do BOE.
Pontevedra, 18 de setembro de 2026
María Dolores Bazán Arcay
Directora territorial de Pontevedra
ANEXO
Número de expediente: 20260144VS-PO.
DNI da persoa denunciada: 35444673V.
Último enderezo coñecido: Insua (Sta. Marina P.), Rebordelo, 14, 36826 Ponte Caldelas, Pontevedra.
Feito imputado: suposta infracción do previsto no artigo 15 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, modificada pola Lei 3/2026, do 30 de marzo, pola que se establecen medidas de prevención e protección integral contra a violencia no Sistema de saúde de Galicia.
Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 41.ter da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, modificada pola Lei 3/2026, do 30 de marzo, pola que se establecen medidas de prevención e protección integral contra a violencia no Sistema de saúde de Galicia: «a) A falta de respecto ou insulto ás autoridades sanitarias e aos seus axentes e ás profesionais ou aos profesionais a que se refire o segundo parágrafo do punto 23 do artigo 3, ben como a quebra da relación de confianza durante o exercicio das súas funcións ou con ocasión destas, cando non constituír un infracción grave ou moi grave, sen prexuízo das consecuencias ou efectos procedentes desde o punto de vista penal e deontolóxico».
Sanción proposta: trescentos euros (300,00 €).
