DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Martes, 29 de setembro de 2026 Páx. 50642

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, polo que se aproba inicialmente e se somete a información pública o proxecto de expropiación forzosa dos terreos, dos bens e dos dereitos necesarios para a execución do parque empresarial de Coristanco (A Coruña).

Asunto: proxecto de expropiación dos terreos, dos bens e dos dereitos afectados necesarios para a execución do Plan estruturante de ordenación do solo empresarial do parque empresarial de Coristanco-A Coruña.

Concello: Coristanco.

Promotor: Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.

Administración expropiante: Consellería de Economía e Industria-Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial.

Antecedentes:

Primeiro. O ámbito da ampliación do parque empresarial de Coristanco encóntrase delimitado nas actuacións recollidas no Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia (en diante, PSOAEG), aprobado definitivamente por acordo do Consello da Xunta de Galicia do 30 de abril de 2014 (DOG núm. 101, do 28 de maio).

Para o desenvolvemento deste ámbito foi tramitado o correspondente Plan estruturante de ordenación do solo empresarial (en diante, PEOSE) do parque empresarial de Coristanco, que é o instrumento de ordenación do territorio para planificar e ordenar as actuacións de creación de solo empresarial e ten por obxecto o desenvolvemento das actuacións de promoción pública previstas no PSOAEG.

A Xunta de Galicia, a través de Xestión do Solo de Galicia, S.A. (en diante, Xestur) promove esta actuación.

Segundo. O Plan estruturante de ordenación de solo empresarial (PEOSE) aprobouse ao abeiro da Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia. O Consello da Xunta de Galicia mediante Decreto 19/2026, do 23 de febreiro, aprobou definitivamente o Plan estruturante de ordenación do solo empresarial (PEOSE) do parque empresarial de Coristanco (A Coruña) (DOG núm. 49, do 13 de marzo).

Segundo o disposto no artigo 41.1.a) da Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia, a aprobación dos plans estruturantes de ordenación do solo empresarial, implica a declaración de utilidade pública ou interese social e a necesidade de ocupación dos bens e adquisición de dereitos afectados, para fins de expropiación, de ocupación temporal ou de imposición ou modificación de servidumes.

Terceiro. De acordo coa normativa urbanística autonómica, un dos sistemas de actuación directos é a expropiación, tal e como se recolle no artigo 111 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, por medio do cal se obtén a titularidade de todos os bens e os dereitos incluídos no polígono. As determinacións xerais están recollidas no artigo 117 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Para a execución do parque empresarial de Coristanco é necesaria a expropiación forzosa, ao non dispoñer o promotor da actuación da titularidade do total da superficie de terreo incluído dentro do ámbito. A beneficiaria da expropiación é a sociedade mercantil pública Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.

Cuarto. Con data do 11.8.2026 tivo entrada no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, con destino á Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, o proxecto de expropiación redactado por Proyestegal, S.L., para a súa aprobación inicial.

Quinto. Con data do 13.8.2026 foron nomeados tanto o perito da Administración como o representante da Administración para este expediente expropiatorio.

O perito nomeado pola Administración expropiante, Ramón Martínez Gómez, valora o total do prezo xusto expropiatorio deste proxecto na cantidade de cincocentos mil novecentos cincuenta e sete euros con noventa e un céntimos (500.957,91 €).

Sexto. O proxecto de expropiación foi informado favorablemente polo Servizo de Planificación e Ordenación do Solo Empresarial.

Consideracións legais:

Primeira. O procedemento do expediente expropiatorio para a execución do Plan estruturante de ordenación do solo empresarial (PEOSE), do parque empresarial de Coristanco, iníciase, en virtude da aprobación definitiva do referido PEOSE, e de conformidade co establecido no artigo 43 da Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia, e cos artigos 117.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 290.2 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, que establecen que a expropiación se aplicará por polígonos completos e abranguerá todos os bens e dereitos neles incluídos.

Segunda. Na expropiación actúa a Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia como Administración expropiante. De acordo co artigo 20.g) do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, corresponde á Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial a adquisición de solo por calquera título, mesmo por expropiación forzosa, dos terreos destinados á formación de reservas de solo, preparación de soares, dotacións e equipamento, para o desenvolvemento e a xestión da política de solo empresarial.

Terceira. Trátase dunha expropiación por razón de ordenación territorial e urbanística e, como tal, regulada no Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana; e na Lei 3/2022, do 18 de outubro, de áreas empresariais de Galicia; a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia; e o seu regulamento aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

Cuarta. O expediente formúlase polo procedemento de taxación conxunta e de acordo co disposto nos artigos 42 e seguintes do Real decreto lexislativo 7/2015; os artigos 117 e 118 da Lei 2/2016; e 290 e seguintes do Decreto 143/2016.

Quinta. Para os efectos de fixación do prezo xusto, o seu pagamento ás persoas titulares de dereitos e a ocupación dos predios afectados confeccionouse o oportuno proxecto de expropiación, de acordo coa normativa previamente citada. Este proxecto tramitarase polo procedemento de taxación conxunta e ten por obxecto a expropiación pola Consellería de Economía e Industria dos terreos, dos bens e dos dereitos necesarios para a execución do PEOSE do parque empresarial de Coristanco, tendo a condición de beneficiaria Xestur.

Sexta. O proxecto de expropiación contén a documentación do artigo 118.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia; e do artigo 292 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016.

De conformidade co previsto no Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de solo e rehabilitación urbana, e a Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar inicialmente o Proxecto de expropiación forzosa polo procedemento de taxación conxunta, dos terreos, dos bens e dos dereitos afectados polo Plan estruturante de ordenación do solo empresarial do parque empresarial de Coristanco.

Segundo. Someter a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación na provincia, o citado proxecto de expropiación forzosa, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e as reclamacións que xulguen convenientes, en particular, no que atinxe á titularidade, bens ou valoración dos seus respectivos dereitos.

Así mesmo, darase audiencia ao Concello de Coristanco e notificaráselles ao Ministerio Fiscal e á Delegación Provincial do Ministerio de Economía e Facenda e, para os efectos previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase no taboleiro de edictos únicos do Boletín Oficial del Estado.

Igualmente, o expediente estará exposto polo prazo dun mes á disposición das persoas interesadas no Concello de Coristanco, nas oficinas da Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial no complexo administrativo de San Caetano, edificio 5, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, ademais de na páxina web da Consellería, https://economia.xunta.gal

Durante o antedito prazo, todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas dirixidas á Dirección Xeral de Estratexia industrial e solo empresarial, nos lugares establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Terceiro. Notificar individualmente as valoración ás persoas que aparecen como titulares de terreos, de bens e de dereitos no expediente, mediante traslado literal da correspondente folla de prezo xusto e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formular alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de notificación.

Incorpórase como anexo a relación inicial de bens, de dereitos e de titulares.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2026

Margarita Ardao Rodríguez
Directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

ANEXO I

Relación inicial de bens, dereitos e titulares

Nº de orde

Referencia catastral

Titulares

Superficie total (m²)

Superficie afectada (m²)

1

15029A037001690000DO

Fariña Gundín, Jesusa

680,00

680,00

2

15029A037001700000DF

Martínez Garda, Placeres

562,00

562,00

3

15029A037001710000DM

Martínez Garda, María Dolores

2.068,00

2.068,00

4

15029A037001680000DM

Varela Mato, Nicolás (herdeiros de)

10.943,00

10.943,00

5

15029A037001740000DR

Costa Nieto, Manuel

1.754,00

1.754,00

6

15029A037001750000DD

Herdeiros de Mato Calvo, Pedro

1.641,00

1.641,00

7

15029A037001760000DX

Velo Porteiro, María del Carmen

1.556,00

1.556,00

8

15029A037001770000DI

Porteiro Sanjurjo, José (herdeiros de)

734,00

734,00

9

15029A037001780000DJ

En investigación

749,00

749,00

10

15029A037001790000DE

Varela Canedo, María

Riós Varela, María del Carmen

1.557,00

1.557,00

11

15029A037001800000DI

Taibo Pombo, José

1.500,00

1.500,00

12

15029A037001810000DJ

Pereira Gómez, María del Carmen

1.379,00

1.379,00

13

15029A037001820000DE

Martínez Garda, María Dolores

1.481,00

1.481,00

14

15029A037001830000DS

Reino Costa, Angélica (herdeiros de)

3.557,00

2.995,00

14-1

15029A037003780000DW

En investigación

1.348,00

1.348,00

15

15029A037001730000DK

Rodríguez Castro, Jesús

Rei Seoane, Carmen

8.728,00

8.728,00

16

15029A037001670000DF

Vilanova Taibo, Dolores

1.023,00

1.023,00

17

15029A037001660000DT

Rei Costa, Sabina Mercedes

2.075,00

2.075,00

18

15029A037001620000DG

Varela Mato, Nicolás (herdeiros de)

5.677,00

5.677,00

19

15029A037003300000DM

Seoane Caamaño, Jesús

1.131,00

1.131,00

20

15029A037001610000DY

Tasende Martínez, María del Pilar

1.294,00

1.294,00

21

15029A037001600000DB

Amarelle Casas, José Antonio

2.007,00

2.007,00

22

15029A037001580000DY

Taibo Trigo, José Antonio

3.985,00

3.985,00

23

15029A037001570000DB

Varela Canedo, María

Ríos Varela, María del Carmen

Ríos Varela, Serafín

6.375,00

6.375,00

24

15029A037001560000DA

Fariña Andrade, José Ramón

6.291,00

6.291,00

25

15029A037001650000DL

Rodríguez Porteiro, Jesusa (herdeiros de)

2.508,00

2.508,00

26

15029A037001640000DP

Rei Seoane, Carmen

457,00

457,00

27

15029A037001630000DQ

Rodríguez Castro, Jesús

Rei Seoane, Carmen

3.385,00

3.385,00

28

15029A037001530000DU

Taibo Trigo, José Antonio

6.987,00

6.987,00

29

15029A037001520000DZ

Lorenzo Sánchez, Eliseo

3.414,00

3.414,00

30

15029A037001510000DS

Amarelle Casas, José Antonio

3.088,00

3.088,00

31

15029A037001500000DE

Pérez Vilanova, María

2.777,00

2.777,00

32

15029A037001490000DZ

Rey Fuentes, Víctor (herdeiros de)

Seoane Caamaño, Soledad (herdeiros de)

5.101,00

5.101,00

33

15029A037001480000DS

Álvarez Villar, María Isabel

5.123,00

5.123,00

34

15029A037001310000DQ

Lema Vispo, María Delmira (herdeiros de)

1.765,00

1.765,00

35

15029A037001460000DJ

Gundín García, Consuelo (herdeiros de)

1.699,00

1.699,00

36

15029A037001450000DI

Gundín Suárez, Manuel

1.777,00

1.762,00

37

15029A037001390000DR

Martínez Garda, María José

2.797,00

82,00

38

15029A037001380000DK

Fariña Gundín, Jesusa

1.846,00

1.259,00

39

15029A037001370000DO

Martínez Garda, Placeres

1.814,00

1.343,00

40

15029A037001320000DP

Rabuñal Mañana, José María

Martínez Garda, Placeres

3.517,00

3.517,00

41

15029A037001360000DM

Fariña Gundín, Jesusa

1.794,00

1.383,00

42

15029A037001350000DF

Martínez Garda, Placeres

1.811,00

1.376,00

43

15029A037001340000DT

Angeriz, Hermitas

1.614,00

1.248,00

44

15029A037001330000DL

Martínez Garda, Placeres

1.222,00

1.078,00

45

15029A037003320000DK

España Recarey, José

1.130,00

1.130,00

46

15029A037000930000DW

Amarelle Rey, Manuel (herdeiros de)

3.253,00

3.253,00

47

15029A037000920000DH

Fariña Andrade, Manuel

1.041,00

1.041,00

48

15029A037000910000DU

Taibo Trigo, Manuel (herdeiros de)

2.895,00

2.895,00

49

15029A037000900000DZ

Cambón Facal, Jesús Ezequiel

1.538,00

1.538,00

50

15029A037000890000DH

Gundín Suárez, Mercedes

583,00

583,00

51

15029A037000880000DU

Trigo Tasende, Carmen (herdeiros de)

629,00

629,00

52

15029A037000870000DZ

Cancela Lema, Manuel

1.020,00

1.020,00

53

15029A037000860000DS

Trigo Lavandeira, Marisol

1.981,00

1.981,00

54

15029A037003490000DY

Trigo Lavandeira, María Rocío

1.611,00

1.611,00

55

15029A037000850000DE

Lema Sanjurjo, José

Trigo Lavandeira, María Rocío

1.293,00

1.293,00

56

15029A037000840000DJ

Pérez Rodríguez, Emma

602,00

602,00

57

15029A037000830000DI

Cancela Lema, Manuel

712,00

712,00

58

15029A037000820000DX

Rodríguez Fariña, Manuel (herdeiros de)

Sánchez Varela, Carmen (herdeiros de)

2.407,00

2.407,00

59

15029A037000810000DD

Gundín Suárez, Mercedes

3.083,00

174,00

60

15029A037000800000DR

Pérez Rodríguez, Emilio Valentín (herdeiros de)

1.264,00

1.048,00

61

15029A037000790000DX

Cancela Lema, Manuel

1.571,00

1.565,00

62

15029A037000780000DD

Taibo Trigo, José Antonio

903,00

903,00

63

15029A037000770000DR

Tasende Díaz, Mercedes

734,00

734,00

64

15029A037000760000DK

Taibo Trigo, Josefa (herdeiros de)

2.854,00

2.854,00

65

15029A037000750000DO

Fariña Gundín, Jesusa

615,00

615,00

66

15029A037000740000DM

Pérez Fernández, José Manuel

555,00

555,00

67

15029A037000730000DF

Varela Abeledo, Juan José

Álvarez Facal, Narcisa

Caamaño Varela, Jesús

Caamaño Varela, María Dolores

Facal Rey, Beatriz

Facal Rey, María de la Visitación

Facal Varela, Gerardo

Facal Varela, Manuel

Facal Varela, María Celia

Grille Facal, Mónica María

Seoane Grille, Ángel Manuel

Seoane Grille, María Jesús

Varela Cambeiro, Ana María

Varela Cambeiro, Antonio Fernando

Varela Cambeiro, Irma Montserrat

Varela Cambeiro, María del Mar

Varela Vázquez, Francisco Javier

Varela Vázquez, Juan Carlos

Varela Vázquez, Manuel Jesús

2.889,00

2.889,00

68

15029A037000720000DT

España Recarey, José

1.064,00

1.064,00

69

15029A037000660000DQ

Andrade Recarey, José

3.978,00

3.978,00

70

15029A037000650000DG

Varela Abeledo, Juan José

Álvarez Facal, Narcisa

Caamaño Varela, Jesús

Caamaño Varela, María Dolores

Facal Rey, Beatriz

Facal Rey, María de la Visitación

Facal Varela, Gerardo

Facal Varela, Manuel

Facal Varela, María Celia

Grille Facal, Mónica María

Seoane Grille, Ángel Manuel

Seoane Grille, María Jesús

Varela Cambeiro, Ana María

Varela Cambeiro, Antonio Fernando

Varela Cambeiro, Irma Montserrat

Varela Cambeiro, María del Mar

Varela Vázquez, Francisco Javier

Varela Vázquez, Juan Carlos

Varela Vázquez, Manuel Jesús

818,00

620,00

71

15029A037000710000DL

Tasende Díaz, Mercedes

15.456,00

1.671,00

74

15029A037000680000DL

Varela Bastón, Baldomero (herdeiros de)

3.411,00

3.411,00

76

15029A037000670000DP

Concello de Coristanco

2.242,00

1.491,00

77

15029A037002000000DF

Costa Nieto, María

235,00

235,00

78

15029A01900426

Concello de Coristanco

4.561,00

1.174,00

79

3031409NH2833S

Suárez Calvelo, Gonzalo

1.525,00

55,00