De conformidade co disposto no artigo 17 da Ordenanza municipal reguladora da xestión da limpeza e protección do ambiente do Concello de Cerdedo Cotobade, no caso de que a persoa responsable sexa descoñecida ou non posúa un domicilio de notificación coñecido, ou a notificación a esta non se puidese facer efectiva, actuarase segundo o artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O Concello levará a cabo a notificación mediante a súa publicación no Boletín Oficial del Estado, no da Comunidade Autónoma e no taboleiro de anuncios do Concello (físico e sede electrónica).
|
Expediente |
Referencia catastral (polígono/parcela) |
Lugar/parroquia |
Persoa responsable |
Prazo de execución |
|
1819/2026 |
36011A008002340000JI |
Pedre/Pedre |
Descoñecida |
15 días |
|
1820/2026 |
36011A008002420000JU |
Pedre/Pedre |
Descoñecida |
15 días |
|
1821/2026 |
36011A008002430000JH |
Pedre/Pedre |
Descoñecida |
15 días |
|
1822/2026 |
36011A008060180000JO |
Pedre/Pedre |
Descoñecida |
15 días |
|
1897/2026 |
36012A004009360000ZJ |
Barbeitos/San Xurxo de Sacos |
Descoñecida |
15 días |
|
1685/2026 |
36012A004012370000ZE |
O Outeiro/San Xurxo de Sacos |
Descoñecida |
15 días |
|
1955/2026 |
36012A054005240000ZI |
Insuela/Loureiro |
Descoñecida |
15 días |
|
1867/2026 |
36011A034017880000JK |
Framil/Parada |
Descoñecida |
15 días |
|
1545/2025 |
36011A022005530001KT |
Castro do Medio/Castro |
Descoñecida |
15 días |
1. En virtude do que antecede, comunícaselle que no expediente referenciado consta o informe municipal no que se constata que na referida parcela se incumpre o establecido nos artigos 13 e 14 da Ordenanza municipal reguladora de xestión da limpeza e protección do ambiente.
O prazo para xestionar voluntariamente a biomasa na parcela citada comezará a contar ao día seguinte da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado.
2. Comunícase, así mesmo, a obriga de poñer en coñecemento do Concello o inicio e a realización dos traballos de xestión. En ausencia da indicada comunicación, a Administración poderá considerar os traballos como non realizados mentres non conste proba en contrario.
3. En caso de persistir no incumprimento logo de que transcorra o devandito prazo, o Concello poderá impoñer multas coercitivas reiteradas cada tres meses, cuxa contía será de 900,00 euros por hectárea de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área fose inferior, mentres persista o incumprimento ou ben proceder á execución subsidiaria a través de que a Administración realice as actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto. En todo caso, a contía mínima que se vai impoñer por multa coercitiva será de 100,00 euros, con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.
4. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para realizar os traballos de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais establecidos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, a espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.
No caso de proceder á execución subsidiaria, a Administración poderá iniciar as actuacións materiais necesarias en calquera momento logo de que transcorra o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento.
5. No caso de proceder á execución subsidiaria, o Concello liquidará provisionalmente os custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez que se rematen os traballos, de ser o caso. A liquidación definitiva aprobarase unha vez que a Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria finalice os traballos de execución subsidiaria e seralle notificada á persoa responsable para o seu pagamento.
Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa establécese na seguinte cantidade:
|
Expediente |
Referencia catastral (polígono/parcela) |
Superficie afectada |
Liquidación provisional |
|
1819/2026 |
36011A008002340000JI |
224 m² |
138,08 € |
|
1820/2026 |
36011A008002420000JU |
39 m² |
106,63 € |
|
1821/2026 |
36011A008002430000JH |
108 m² |
118,36 € |
|
1822/2026 |
36011A008060180000JO |
110,71 m² |
110,7 € |
|
1897/2026 |
36012A004009360000ZJ |
116,12 m² |
116,12 € |
|
1685/2026 |
36012A004012370000ZE |
165,45 m² |
165,45 € |
|
1955/2026 |
36012A054005240000ZI |
201,83 m² |
201,83 € |
|
1867/2026 |
36011A034017880000JK |
236,1 m² |
236,1 € |
|
1545/2025 |
36011A022005530001KT |
287,51 m² |
287,57 € |
6. No caso de persistir no incumprimento, e logo de que transcorra o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título IV da Ordenanza municipal reguladora de xestión da limpeza e protección do ambiente:
A incoación do procedemento sancionador para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable será competencia do Concello de Cerdedo Cotobade. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións á Ordenanza municipal corresponderalle á persoa titular da Alcaldía.
Cualificación da infracción: infracción leve (artigo 24 da Ordenanza municipal), sen prexuízo do establecido para as faltas graves.
Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impoñer no caso de infracción leve: 600,00 €. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 1.500,00 euros (artigo 25 da Ordenanza municipal).
7. O texto íntegro da comunicación estará á disposición das persoas destinatarias na sede electrónica do Concello de Cerdedo Cotobade.
Cerdedo Cotobade, 10 de setembro de 2026
Jorge Cubela López
Alcalde
