O tribunal designado para cualificar as probas dirixidas á obtención e renovación do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril, convocadas mediante a Resolución do 5 de maio de 2026, da Dirección Xeral de Mobilidade (DOG núm. 94, do 22 de maio), acordou, de conformidade co disposto na base novena da mencionada resolución:
Primeiro. As probas correspondentes á obtención do certificado de conselleiro de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e por ferrocarril terán lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), na rúa de Madrid, 2-4, As Fontiñas, Santiago de Compostela.
Os ditos exercicios realizaranse o vindeiro día 27 de outubro de 2026 nos horarios e nas aulas que a seguir se sinalan:
Probas obtención certificado
|
Clase |
Obtención |
Aula |
Horario |
|
ADR |
Obtención |
Aula 2 |
Das 8.30 ás 10.30 horas |
|
Clase 2 |
Obtención |
Salón de actos |
Das 10.45 ás 12.45 horas |
|
Clase 3 e máis |
Obtención |
Salón de actos |
Das 13.00 ás 15.00 horas |
|
Materias líquidas |
Obtención |
Salón de actos |
Das 16.00 ás 18.00 horas |
|
Clase 7 |
Obtención |
Salón de actos |
Das 8.30 ás 10.30 horas |
|
RID |
Obtención |
Salón de actos |
Das 16.00 ás 18.00 horas |
|
Clase 3 RID |
Obtención |
Salón de actos |
Das 10.45 ás 12.45 horas |
|
Materias líquidas RID |
Obtención |
Salón de actos |
Das 13.00 ás 15.00 horas |
Segundo. Para os efectos de proceder á realización dos correspondentes chamamentos, os aspirantes deberán presentarse ás probas 15 minutos antes do comezo de cada exercicio.
Terceiro. As persoas interesadas serán convocados para cada exercicio en chamamento único e resultará excluído/a da súa realización quen non compareza.
Cuarto. Os aspirantes excluídos por non compareceren no momento do chamamento non terán dereito a que se lles devolvan os importes aboados en concepto de dereitos de exame.
Quinto. Os aspirantes terán que se presentar ás probas provistos do orixinal do seu documento nacional de identidade ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal. En caso contrario, non se permitirá o acceso ao recinto onde se realicen os exercicios. Tales aspirantes excluídos non terán dereito a que se lles devolvan os importes aboados en concepto de dereitos de exame. Recoméndase, igualmente, que concorran provistos dunha copia da solicitude de admisión e do impreso xustificativo do pagamento das taxas.
Sexto. As persoas aspirantes poderán consultar textos normativos en formato papel para realizaren a parte práctica deste exercicio, sempre que neles non figuren comentarios ou resolución de casos prácticos. Así mesmo, poderán ir provistas de máquina calculadora sen memoria RAM para efectuaren as operacións matemáticas que cumpran. Non se admitirá o emprego de tabletas nin teléfonos móbiles.
Prégase que os aspirantes comparezan ao exame provistos de bolígrafo azul ou negro.
Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2026
Laura González-Dopeso Portela
Presidenta do tribunal
