BDNS (Identif.): 931811.
De acordo co disposto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria, cuxo texto completo se pode atopar na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/931811
Primeiro. Persoas beneficiarias
Alumnado que está matriculado/a en estudos de grao en centros propios do Campus de Ourense ou da Escola de Enfermaría de Ourense no curso 2026/27.
Segundo. Obxecto
Esta convocatoria está prevista no Plan estratéxico de subvencións da Universidade de Vigo como acción destinada ao cumprimento do obxectivo 26, «Captar estudantado con talento e garantir o acceso universal á educación pública universitaria», a través da compensación do custo económico que supón a realización de estudos universitarios oficiais de grao para o alumnado empadroado en concellos rurais de Galicia, distantes do campus universitario e con dificultades de conexión a través de medios de transporte habituais.
Terceiro. Bases reguladoras
Resolución reitoral pola que se convocan bolsas de desprazamento Ourense rural-grao para o estudantado do Campus de Ourense para o curso 2026/27.
Cuarto. Contía
A contía total do crédito destinado a estas bolsas será de trinta e cinco mil oitocentos euros (35.800,00 €).
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Desde o 28 de setembro ata o 9 de outubro de 2026.
Vigo, 25 de setembro de 2026
A reitora da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 2.7.2026; DOG do 8 de xullo)
María Montserrat Cruz González
Vicerreitora do Campus de Ourense
