DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Venres, 2 de outubro de 2026 Páx. 51182

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Cultura, pola que se publica a Resolución do 21 de setembro de 2026 de concesión de axudas convocadas ao abeiro da Orde do 21 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para o libro galego, dirixidas á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT221C).

No Diario Oficial de Galicia número 84, do 7 de maio de 2026, publicouse a Orde da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, do 21 de abril de 2026, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para o libro galego, dirixidas á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT221C).

De conformidade co artigo 17 da dita orde, o órgano competente para resolver é a persoa titular da Dirección Xeral de Cultura, por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e por proposta do órgano instrutor, segundo o previsto no artigo 16.

Así mesmo, o artigo 19 da orde da convocatoria establece que se publicará no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a correspondente resolución deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Polo exposto, tras a presentación das solicitudes, unha vez finalizada a instrución e a fiscalización, e ditada o día 21 de setembro a resolución que finaliza o procedemento,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 21 de setembro de concesión das axudas convocadas ao abeiro da Orde da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, do 21 de abril de 2026, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para o libro galego, dirixidas á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT221C), que se xunta como anexo desta resolución.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 21 de setembro de 2026, que finaliza este procedemento, esgota a vía administrativa e que contra ela se poderá interpor potestativamente un recurso de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Esta resolución tamén poderá ser impugnada directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o órgano contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2026

Anxo M. Lorenzo Suárez
Director xeral de Cultura

ANEXO

Resolución do 21 de setembro de 2026 de concesión de axudas convocadas ao abeiro da Orde do 21 de abril de 2026 que establece as bases reguladoras para a concesión das axudas para o libro galego, dirixidas á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT221C)

Vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro, órgano instrutor, da concesión das axudas solicitadas ao abeiro da Orde do 21 de abril de 2026 que establece as bases reguladoras para a concesión das axudas para o libro galego, dirixidas á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, e de acordo cos seguintes

Antecedentes de feito:

1. O 7 de maio de 2026 publicouse no DOG núm. 84 a Orde do 21 de abril de 2026 que establece as bases reguladoras para a concesión das axudas para o libro galego, dirixidas á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT221C).

2. A finalidade da dita orde é subvencionar os custos da tradución das diferentes obras literarias en formato papel ou dixital para apoiar o libro galego e o mercado literario galego no que se refire á tradución para o galego de obras publicadas e xa comercializadas orixinariamente noutras linguas.

3. Unha vez que o órgano instrutor comprobou que as solicitudes se axustaron aos requisitos establecidos nas bases reguladoras, foron avaliadas pola Comisión de Avaliación tendo en conta os criterios de adxudicación, para finalmente proceder á repartición económica do orzamento previsto, de acordo coa seguinte fundamentación xurídica.

Fundamentos xurídicos:

1. O artigo 2 da orde recolle os seguintes requisitos que é necesario cumprir para a obtención das subvencións:

– As obras literarias subvencionables, obxecto da tradución, deben pertencer aos seguintes xéneros: narrativa, poesía, ensaio, divulgación científica, banda deseñada, teatro ou literatura infantil e xuvenil.

– Só serán obxecto de subvención as obras cando se trate dunha primeira tradución ou pasasen máis de 20 anos desde a última tradución.

– A editora debe estar en posesión dos dereitos de edición para a publicación da obra traducida obxecto de subvención.

– A tradución da obra para a cal se solicita a subvención deberá ter data de publicación a partir do 1 de xaneiro de 2026.

– Só se subvencionará a tradución dun mesmo título.

– Cada editora poderá presentar solicitude para a tradución dun máximo de 15 obras.

– Non se concederán en ningún caso máis de cinco axudas por editora a obras en que conste o mesmo tradutor ou tradutora.

2. Considéranse custos subvencionables os honorarios profesionais da persoa que realice a tradución sempre que se paguen entre o 1 de xaneiro de 2026 e o 30 de setembro de 2027.

3. O artigo 4 da dita orde dispón que poderán ser beneficiarias das subvencións aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten a súa condición de editoras, para o cal deberán estar dadas de alta, antes do 1 de xaneiro de 2026, na epígrafe 476.1, edición de libros, do imposto de actividades económicas.

4. O artigo 13 da orde de convocatoria establece o procedemento para a concesión das subvencións en réxime de concorrencia competitiva en concordancia co disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Correspóndelle á Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro a instrución do dito procedemento e a formulación da proposta de resolución, despois de que as solicitudes sexan valoradas pola Comisión de Avaliación a que fai referencia o artigo 13, número 3, da orde de convocatoria.

5. As solicitudes que se axusten aos requisitos establecidos na orde de convocatoria valoraranse de acordo cos seguintes criterios de adxudicación establecidos no seu artigo 14:

5.1. Interese literario da proposta presentada: máximo 45 puntos.

a) Valoración da obra: máximo 30 puntos.

b) Valoración da persoa autora: máximo 15 puntos.

5.2. Dificultade da tradución: máximo 10 puntos.

5.3. Catálogo da editorial: máximo 15 puntos.

Valoraranse as obras literarias publicadas en galego polas editoras, excluídas as reimpresións, entre os anos 2023 e 2025 (incluídos), do seguinte xeito:

– Menos de 10: 10 puntos.

– De 10 a 20: 12 puntos.

– Máis de 20: 15 puntos.

5.4. Traxectoria profesional da persoa tradutora: máximo 30 puntos.

a) Experiencia: máximo 16 puntos.

Obra literaria traducida: un punto cada dúas obras traducidas (máximo 15 puntos).

Outra experiencia profesional como tradutor/a en ámbito diferente ao literario: 1 punto.

b) Formación: máximo 5 puntos.

– Titulado/grao en Tradución: 5 puntos.

– Licenciatura/grao en Filoloxía Galega: 3 puntos.

No caso de estar en posesión de grao e licenciatura, terase en conta só o grao.

c) Premios específicos de tradución obtidos (máximo 9 puntos):

– Ámbito autonómico, 1 punto por premio, máximo 3 puntos.

– Ámbito nacional, 2 puntos por premio, máximo 6 puntos.

– Ámbito internacional, 3 puntos por premio, máximo 9 puntos.

6. Aplicados os criterios de valoración, elaborarase unha listaxe coas puntuacións outorgadas e procederase a distribuír o orzamento de acordo co disposto nos artigos 13 e 16 e co límite do artigo 5 da orde de convocatoria, do seguinte xeito:

a) Establécese o seguinte prezo por páxina, en función da dificultade da tradución, de acordo co disposto no artigo 14, número 2, da orde de convocatoria:

– Especial dificultade: 25 euros por páxina, ata o 100 % do custo da tradución, sempre que acaden a puntuación mínima de 50 puntos e tendo en conta os límites orzamentarios dos artigos 5 e 16 da dita orde.

– Sen especial dificultade: entre un mínimo de 12 euros e un máximo de 20 euros por páxina. Neste caso, repartirase o orzamento proporcionalmente en función da puntuación obtida no artigo 14 desta orde, ata o 100 % do custo da tradución, sempre que acaden a puntuación mínima de 50 puntos e haxa dispoñibilidade orzamentaria. No caso de que, debido ao número de solicitudes admitidas e á dispoñibilidade orzamentaria, non sexa posible subvencionar a totalidade do importe mínimo establecido, a contía da subvención que se conceda reducirase proporcionalmente.

b) No caso de non coincidir o número de páxinas da obra orixinal indicado pola entidade solicitante co cotexado pola Comisión de Avaliación, procederase a facer a correspondente modificación.

c) A cantidade final adxudicada será a resultante da repartición do orzamento existente entre a totalidade das solicitudes correctamente recibidas, tendo en conta para o cálculo da axuda o prezo por páxina e os límites do artigo 5 e os deste artigo.

d) O importe máximo de subvención por obra será de seis mil euros (6.000 €), agás as traducións de obras de máis de 600.000 caracteres, para as cales o máximo será de dez mil euros (10.000 €).

e) A puntuación mínima para obter a axuda é de 50 puntos.

f) A contía correspondente á primeira anualidade é do 45 % do total adxudicado como axuda e o 55 % restante corresponde á segunda anualidade.

g) Ningún proxecto poderá recibir unha axuda que exceda o seu custo total.

h) Se, como consecuencia da repartición, a cantidade resultante é un número cuxo primeiro decimal é 5 ou superior, redondearase ao enteiro superior máis próximo. Se o primeiro decimal é inferior a 5, manterase o mesmo número enteiro.

7. O artigo 16.3 da orde de convocatoria establece que, realizada a repartición, o órgano instrutor elaborará a proposta de resolución que elevará á persoa titular da Dirección Xeral de Cultura, quen resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Tendo en conta todo o anteriormente exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Aceptar a proposta de resolución e concederlles ás editoras e aos seus proxectos de tradución que se relacionan no anexo I os importes das axudas correspondentes a cada un, con cargo á aplicación orzamentaria 13.03.432A.770.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.

Segundo. A efectividade desta resolución está condicionada a que a entidade beneficiaria a acepte.

Terceiro. Non concederlles as axudas solicitadas ás editoras e aos seus proxectos de tradución que non cumpren os requisitos establecidos nos artigos da orde de convocatoria e que figuran no anexo II.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor o recurso potestativo de reposición, ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben poderá impugnarse directamente a través do recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde a mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En todo caso, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que resolva expresamente ou se produza o rexeitamento presunto do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2026. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude. P.D. (Orde do 21.4.2026; DOG núm. 84, do 7 de maio). Anxo Manuel Lorenzo Suárez, director xeral de Cultura.

ANEXO I

Beneficiarios

Título do proxecto

Editorial

Puntos

Contía concedida

1ª anualidade (2026)

2ª anualidade (2027)

The Life and Adventures of Santa Claus

Fausto Deseño Asociados, S.L.

65

1.241,00 €

558,45 €

682,55 €

Anna Karénina

Rinoceronte Editora, S.L.

71

5.000,00 €

2.250,00 €

2.750,00 €

Bel Ami

Rinoceronte Editora, S.L.

81

6.740,00 €

3.033,00 €

3.707,00 €

Laments for the living

Rinoceronte Editora, S.L.

71

2.113,00 €

950,85 €

1.162,15 €

The Magic Barrel

Rinoceronte Editora, S.L.

71

3.487,00 €

1.569,15 €

1.917,85 €

A ciascuno il suo

Rinoceronte Editora, S.L.

71

1.948,00 €

876,60 €

1.071,40 €

Blood Meridian

Rinoceronte Editora, S.L.

73

6.256,00 €

2.815,20 €

3.440,80 €

To Kill a Mockingbird

Rinoceronte Editora, S.L.

76

5.701,00 €

2.565,45 €

3.135,55 €

Maud Martha

Rinoceronte Editora, S.L.

80

1.394,00 €

627,30 €

766,70 €

Grimwood 1

Rinoceronte Editora, S.L.

63

1.176,00 €

529,20 €

646,80 €

Grimwood 2: Let the Fur the Fly

Rinoceronte Editora, S.L.

63

1.332,00 €

599,40 €

732,60 €

The Wave

Rinoceronte Editora, S.L.

58

1.746,00 €

785,70 €

960,30 €

Black Beauty

Rinoceronte Editora, S.L.

75

2.710,00 €

1.219,50 €

1.490,50 €

The Willoughbys

Rinoceronte Editora, S.L.

75

1.276,00 €

574,20 €

701,80 €

O meu amigo Kim Jong-Un

Rinoceronte Editora, S.L.

69

1.168,00 €

525,60 €

642,40 €

On writing

Editorial Guiverny, S.L.

52

2.661,00 €

1.197,45 €

1.463,55 €

Sempre falaron por nosoutras

Hércules de Ediciones, S.L.

55

862,00 €

387,90 €

474,10 €

Ace: what asexuality reveals about desire...

Maos innovación social, Coop. Galega

66

3.479,00 €

1.565,55 €

1.913,45 €

Maneiras de ollar

Kalandraka Editora, S.L.

65

828,00 €

372,60 €

455,40 €

O lobo estepario

Alejandro Francisco Tobar Salazar

67

3.239,00 €

1.457,55 €

1.781,45 €

O problema humano

Alejandro Francisco Tobar Salazar

74

4.755,00 €

2.139,75 €

2.615,25 €

Torre á beira do río

Alejandro Francisco Tobar Salazar

73

1.890,00 €

850,50 €

1.039,50 €

Doce arrolo

Alejandro Francisco Tobar Salazar

74

2.008,00 €

903,60 €

1.104,40 €

Antony and Cleopara

Edicións Laiovento, S.L.

76

1.405,00 €

632,25 €

772,75 €

The Ghetto and Other Poems

Edicións Laiovento, S.L.

61

630,00 €

283,50 €

346,50 €

Querida morte rachada (Sevgili Arsız Ölüm)

Edicións Laiovento, S.L.

51

1.423,00 €

640,35 €

782,65 €

A colcha-Toba Teq Sing

Edicións Laiovento, S.L.

72

1.440,00 €

648,00 €

792,00 €

Ghost Stories

Carlos González Meijide

54

3.396,00 €

1.528,20 €

1.867,80 €

Land

Carlos González Meijide

64

3.970,00 €

1.786,50 €

2.183,50 €

Every One Still Here

Carlos González Meijide

64

1.361,00 €

612,45 €

748,55 €

A terceira luz/ foster

Carlos González Meijide

64

664,00 €

298,80 €

365,20 €

Klen tröst och fyra andra berättelser om peng

Carlos González Meijide

55

2.042,00 €

918,90 €

1.123,10 €

Transcription

Carlos González Meijide

60

1.168,00 €

525,60 €

642,40 €

Puerto escondido

Edicións do Cumio, S.A.

61

3.019,00 €

1.358,55 €

1.660,45 €

La Cámara de las maravillas

Edicións do Cumio, S.A.

66

2.670,00 €

1.201,50 €

1.468,50 €

Ultreia

Follas Voadoras, S.L.

52

4.431,00 €

1.993,95 €

2.437,05 €

Suseia

Follas Voadoras, S.L.

52

4.505,00 €

2.027,25 €

2.477,75 €

Os fabuladores

Follas Voadoras, S.L.

52

2.335,00 €

1.050,75 €

1.284,25 €

Comerás Flores

Follas Voadoras, S.L.

52

1.504,00 €

676,80 €

827,20 €

Peixes

Follas Voadoras, S.L.

72

1.306,00 €

587,70 €

718,30 €

O ruletista

Follas Voadoras, S.L.

52

294,00 €

132,30 €

161,70 €

O estraño caso do Dr. Jekyll e Mr. Hyde

Follas Voadoras, S.L.

82

1.155,00 €

519,75 €

635,25 €

A gata e outros relatos

Follas Voadoras, S.L.

51

1.612,00 €

725,40 €

886,60 €

Nosaltres, qui

Raquel Senra Fernández

73

1.000,00 €

450,00 €

550,00 €

The left hand of darkness

Asociación Boadicea Editora

72

3.247,00 €

1.461,15 €

1.785,85 €

Jingo

Asociación Boadicea Editora

67

3.790,00 €

1.705,50 €

2.084,50 €

The fifth elephant

Asociación Boadicea Editora

67

3.875,00 €

1.743,75 €

2.131,25 €

Equal rites

Asociación Boadicea Editora

67

2.433,00 €

1.094,85 €

1.338,15 €

De Mazas à Jérusalem

José Alejandro Gómez Rozados

53

1.074,00 €

483,30 €

590,70 €

Little Masterpieces (Pequenas obras mestras)

Editorial Galaxia

78

1.472,00 €

662,40 €

809,60 €

Beichte eisnes morders (Confesión dun asasino)

Editorial Galaxia

79

2.391,00 €

1.075,95 €

1.315,05 €

Marie-claire

Cuarto de inverno, S. Coop. Galega

54

1.134,00 €

510,30 €

623,70 €

Jacob's Room

Irmás Cartoné, S.L.

80

2.203,00 €

991,35 €

1.211,65 €

Nothing to Pay

Irmás Cartoné, S.L.

56

2.155,00 €

969,75 €

1.185,25 €

Lady Chatterley's Lover

Irmás Cartoné, S.L.

80

4.424,00 €

1.990,80 €

2.433,20 €

The Diary of a Provincial Lady

Irmás Cartoné, S.L.

56

1.684,00 €

757,80 €

926,20 €

Gamalandalfa

Fundación Vicente Risco

54

1.028,00 €

462,60 €

565,40 €

Forza inimiga

Daniel Chapela Durán

50

2.968,00 €

1.335,60 €

1.632,40 €

Clarissa

Daniel Chapela Durán

54

2.607,00 €

1.173,15 €

1.433,85 €

Follas de herba

Daniel Chapela Durán

83

6.000,00 €

2.700,00 €

3.300,00 €

Walden

Daniel Chapela Durán

60

3.173,00 €

1.427,85 €

1.745,15 €

ANEXO II

Proxectos excluídos

Título do proxecto

Editorial

Total de puntos

Motivo de exclusión

Caderno de ruídos

Kalandraka Editora, S.L.

--

Incumprir o artigo 1 da Orde do 21 de abril de 2026 respecto ao obxecto da subvención, dado que a tradución que solicita corresponde a unha obra non publicada e comercializada noutras linguas na data en que remata o prazo de presentación de solicitudes.

Big Kiss, Bye-Bye

Carlos González Meijide

44

Non acadar a puntuación mínima exixida (50 puntos) de acordo co disposto no artigo 16.1.e) da Orde do 21 de abril de 2026.

Blue Light Hours

Carlos González Meijide

39

Non acadar a puntuación mínima exixida (50 puntos) de acordo co disposto no artigo 16.1.e) da Orde do 21 de abril de 2026.

Life of M

Carlos González Meijide

--

Incumprir o artigo 1 da Orde do 21 de abril de 2026 respecto ao obxecto da subvención, dado que a tradución que solicita corresponde a unha obra non publicada e comercializada noutras linguas na data en que remata o prazo de presentación de solicitudes.

Tres mulleres

Follas Voadoras, S.L.

--

Desistencia de acordo co disposto no artigo 94.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Principios de estratigrafía arqueolóxica

Tempos arqueólogos, S.L.

36

Non acadar a puntuación mínima exixida (50 puntos) de acordo co disposto no artigo 16.1.e) da Orde do 21 de abril de 2026.

E chegou a tormenta

José Alejandro Gómez Rozados

30

Non acadar a puntuación mínima exixida (50 puntos) de acordo co disposto no artigo 16.1.e) da Orde do 21 de abril de 2026.

A folga xeral

José Alejandro Gómez Rozados

45

Non acadar a puntuación mínima exixida (50 puntos) de acordo co disposto no artigo 16.1.e) da Orde do 21 de abril de 2026.

A fuga de Kropotkin

José Alejandro Gómez Rozados

45

Non acadar a puntuación mínima exixida (50 puntos) de acordo co disposto no artigo 16.1.e) da Orde do 21 de abril de 2026.

Crónica dunha viaxe de seis semanas

Daniel Chapela Durán

45

Non acadar a puntuación mínima exixida (50 puntos) de acordo co disposto no artigo 16.1.e) da Orde do 21 de abril de 2026.

Un drama na rúa de Rivoli

Daniel Chapela Durán

45

Non acadar a puntuación mínima exixida (50 puntos) de acordo co disposto no artigo 16.1.e) da Orde do 21 de abril de 2026.

Cartas parisienses

Daniel Chapela Durán

45

Non acadar a puntuación mínima exixida (50 puntos) de acordo co disposto no artigo 16.1.e) da Orde do 21 de abril de 2026.