No Diario Oficial de Galicia número 82, do 5 de maio de 2026, publicouse a Orde da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude do 20 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para o libro galego, dirixidas á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT221D).
De conformidade co artigo 17 da antedita orde, o órgano competente para resolver é a persoa titular da Dirección Xeral de Cultura, por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e por proposta do órgano instrutor, segundo o previsto no artigo 16.
Así mesmo, o artigo 19 da orde da convocatoria, establece que se publicará no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a correspondente resolución deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.
Polo exposto, tras a presentación das solicitudes, unha vez finalizada a instrución e a fiscalización, é ditada o día 18 de setembro a resolución que finaliza o procedemento,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 18 de setembro de 2025, de concesión das axudas convocadas ao abeiro da Orde da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude do 20 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para o libro galego, dirixidas á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT221D), que se xunta como anexo desta resolución.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 18 de setembro de 2026, que finaliza este procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor potestativamente un recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Esta resolución tamén poderá ser impugnada directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o órgano contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2026
Anxo M. Lorenzo Suárez
Director xeral de Cultura
ANEXO
Resolución do 18 de setembro de 2026 de concesión de axudas convocadas ao abeiro da Orde do 20 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para o libro galego, dirixidas á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT221D)
Vista a proposta de resolución da Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro, órgano instrutor, da concesión das axudas solicitadas ao abeiro da Orde do 20 de abril de 2026 que establece as bases reguladoras para a concesión das axudas para o libro galego, dirixidas á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego, e de acordo cos seguintes
Antecedentes de feito:
1. O artigo 2 da orde recolle os seguintes requisitos que é necesario cumprir para a obtención das subvencións:
– As obras literarias subvencionables, obxecto da tradución, deben pertencer aos seguintes xéneros: narrativa, poesía, ensaio, divulgación científica, cómic, teatro ou literatura infantil e xuvenil.
– Só serán obxecto de subvención as obras das que se trate dunha primeira tradución ou teñan pasado máis de 20 anos desde a última tradución.
– A editora debe estar en posesión dos dereitos de edición para a publicación da obra traducida obxecto de subvención.
– A tradución da obra para a que se solicita a subvención deberá ter data de publicación a partir do 1 de xaneiro de 2026.
– Só se subvencionará a tradución dun mesmo título.
– Cada editora poderá presentar solicitude para a tradución dun máximo de 15 obras.
– En ningún caso se concederán máis de cinco axudas por editora a obras nas que conste a mesma persoa tradutora.
2. Considéranse custos subvencionables os honorarios profesionais da persoa que realice a tradución sempre que se paguen entre o 1 de xaneiro de 2026 e o 30 de setembro de 2027.
3. O artigo 4 da orde de convocatoria dispón que poderán ser beneficiarias das subvencións aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten a súa condición de editoras, para o cal deberán estar dadas de alta antes do 1 de xaneiro de 2026 na epígrafe 476.1, edición de libros, do imposto de actividades económicas.
4. O artigo 13 da dita orde establece o procedemento para a concesión das subvencións en réxime de concorrencia competitiva en concordancia co disposto no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Correspóndelle á Subdirección Xeral de Bibliotecas e do Libro a instrución do dito procedemento e a formulación da proposta de resolución, despois de que as solicitudes sexan avaliadas pola Comisión de Avaliación, a que se fai referencia no seu artigo 13, punto 3.
5. As solicitudes que se axusten aos requisitos establecidos na convocatoria valoraranse de acordo cos seguintes criterios establecidos no artigo 14 da orde de convocatoria:
5.1. Interese literario da proposta presentada: máximo 40 puntos.
a) Valoración da obra: máximo 25 puntos.
b) Valoración da persoa autora: máximo 15 puntos.
5.2. Dificultade da tradución: máximo 10 puntos.
5. 3. Catálogo da editorial: máximo 20 puntos.
Valoraranse o número de obras literarias, publicadas e comercializadas polas editoras fóra de Galicia, excluídas as reimpresións, entre os anos 2023 e 2025 (ambos incluídos), do seguinte xeito:
– Menos de 5: 10 puntos.
– De 5 a 15: 15 puntos.
– Máis de 15: 20 puntos.
5.4. Traxectoria profesional da persoa tradutora: máximo 30 puntos.
a) Experiencia: máximo 16 puntos.
– Obra literaria traducida: un punto cada dúas obras traducidas (máximo 15 puntos).
– Outra experiencia profesional como tradutor/a en ámbito diferente ao literario: 1 punto.
b) Formación: máximo 5 puntos.
– Titulado/grao en tradución: 5 puntos.
c) Premios específicos de tradución obtidos (máximo 9 puntos):
– Ámbito autonómico, 1 punto por premio, máximo 3 puntos.
– Ámbito nacional, 2 puntos por premio, máximo 6 puntos.
– Ámbito internacional, 3 puntos por premio, máximo 9 puntos.
6. Aplicados os criterios de valoración, elaborarase unha listaxe coas puntuacións outorgadas e procederase a distribuír o orzamento de acordo co disposto nos artigos 13 e 16 e co límite do artigo 5 da orde de convocatoria, do seguinte xeito:
a) Establécese o seguinte prezo por páxina, en función da dificultade da tradución, de acordo co disposto no artigo 14, punto 2, da orde de convocatoria:
– Especial dificultade: 25 euros por páxina, ata o 100 % do custo da tradución, sempre que acaden a puntuación mínima de 50 puntos e tendo en conta os límites orzamentarios dos artigos 5 e 16 da dita orde.
– Sen especial dificultade: entre un mínimo de 12 euros e un máximo de 20 euros por páxina. Neste caso, repartirase o orzamento proporcionalmente en función da puntuación obtida no artigo 14 desta orde, ata 100 % do custo da tradución, sempre que acaden a puntuación mínima de 50 puntos e haxa dispoñibilidade orzamentaria. No caso de que, debido ao número de solicitudes admitidas e a dispoñibilidade orzamentaria, non sexa posible subvencionar a totalidade do importe mínimo establecido, a contía da subvención que se conceda reducirase proporcionalmente.
b) No caso de non coincidir o número de páxinas da obra orixinal indicado pola entidade solicitante co cotexado pola Comisión de Avaliación, farase a correspondente modificación.
c) A cantidade final adxudicada será a resultante da repartición do orzamento existente, entre a totalidade das solicitudes correctamente recibidas, tendo en conta para o cálculo da axuda o prezo por páxina e os límites do artigo 5 e os deste artigo.
d) O importe máximo de subvención por obra será de seis mil euros (6.000,00 €), agás as traducións de obras de máis de 600.000 caracteres, para as que o máximo será de dez mil euros (10.000,00 €).
e) A puntuación mínima para obter a axuda é de 50 puntos.
f) A contía correspondente á primeira anualidade é do 45 % do total adxudicado como axuda e o 55 % restante corresponde á segunda anualidade.
g) Ningún proxecto poderá recibir unha axuda que exceda o seu custo total.
h) Se, como consecuencia da repartición, a cantidade resultante é un número cuxo primeiro decimal é 5 ou superior, redondearase ao enteiro superior máis próximo. Se o primeiro decimal é inferior a 5, manterase o mesmo número enteiro.
7. O artigo 16.3 da orde de convocatoria establece que, realizada a repartición do orzamento, o órgano instrutor elevará a proposta de resolución á persoa titular da Dirección Xeral de Cultura, quen resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
Polo exposto,
RESOLVO:
Primeiro. Aceptar a proposta de resolución e conceder as editoras e aos seus proxectos de tradución que se relacionan no anexo I, cos importes das axudas correspondentes a cada un, con cargo á aplicación orzamentaria 13.03.432A.770.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026.
Segundo. A efectividade desta resolución está condicionada a que a entidade beneficiaria a acepte.
Terceiro. Non conceder as axudas solicitadas ás editoras e aos seus proxectos de tradución que non cumpren os requisitos establecidos nos artigos da orde de convocatoria e que figuran no anexo II.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as interesadas poderán interpoñer o recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; ou ben impugnarse directamente a través do recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde a mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En todo caso, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza o rexeitamento presunto do recurso de reposición.
Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2026. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude. P.D. (Orde do 20 de abril de 2026; DOG núm. 82, do 5 de maio). Anxo Manuel Lorenzo Suárez, director xeral de Cultura.
ANEXO I
|
Título proxecto |
Editorial |
Puntos |
Contía concedida |
Correspondente á 1ª anualidade (2026) |
Correspondente á 2ª anualidade (2027) |
|
A sombra dos pavillóns |
Editorial Guiverny, S.L. |
64 |
550,00 € |
247,50 € |
302,50 € |
|
O asasino estrábico |
Editorial Guiverny, S.L. |
59 |
250,00 € |
112,50 € |
137,50 € |
|
Punto de araña |
Verlag C.H.Beck GmbH & Co. KG |
54 |
2.200,00 € |
990,00 € |
1.210,00 € |
|
Memorias dun neno labrego |
Minato no Hito, S.L. |
70 |
1.720,00 € |
774,00 € |
946,00 € |
|
Illa de sangue |
Merlín comunicación, S.L. |
61 |
1.178,52 € |
530,33 € |
648,19 € |
|
A ponte |
Instituto para el Desarrollo Educativo y Cultural, S.L. |
50 |
880,00 € |
396,00 € |
484,00 € |
|
Contos de Asieumedre |
Instituto para el Desarrollo Educativo y Cultural, S.L. |
50 |
900,00 € |
405,00 € |
495,00 € |
|
Mareiras |
Instituto para el Desarrollo Educativo y Cultural, S.L. |
50 |
960,00 € |
432,00 € |
528,00 € |
|
Minia |
Instituto para el Desarrollo Educativo y Cultural, S.L. |
50 |
420,00 € |
189,00 € |
231,00 € |
|
Diario 1921 |
Textus Associazione Culturale |
69 |
7.320,00 € |
3.294,00 € |
4.026,00 € |
|
Narrativa completa Alfonso Rodríguez |
Textus Associazione Culturale |
57 |
4.600,00 € |
2.070,00 € |
2.530,00 € |
|
Os biosbardos |
Textus Associazione Culturale |
69 |
1.300,00 € |
585,00 € |
715,00 € |
|
Xente ao lonxe |
Textus Associazione Culturale |
57 |
5.060,00 € |
2.277,00 € |
2.783,00 € |
|
Poesía reunida |
Textus Associazione Culturale |
79 |
6.000,00 € |
2.700,00 € |
3.300,00 € |
|
Bretaña, |
Textus Associazione Culturale |
57 |
7.000,00 € |
3.150,00 € |
3.850,00 € |
ANEXO II
Proxectos excluídos
|
Título proxecto |
Editorial |
Total de puntos |
Motivo de exclusión |
|
Sobrevives? |
Hohe Publisher |
Desistencia por non emendar o requirimento efectuado segundo o artigo 12 da Orde do 20 de abril de 2026 e o artigo 68 da Lei 39/2015. |
|
|
A parte fácil |
Mateus Oliveira Melo (selo Laika Ediçoes) |
46 |
Non acadar a puntuación mínima (50 puntos) de acordo co disposto no artigo 16.1.e) da Orde do 20 de abril de 2026 (DOG núm. 82, do 5 de maio de 2026). |
