Por este anuncio faise público que o 11 de setembro de 2026 se ditou resolución do seguinte teor literal:
«Resolución do concelleiro delegado de Servizos Sociais e Medio Ambiente:
Notificación aos titulares descoñecidos, con enderezo descoñecido ou notificación infrutuosa, para lembrar o cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e a retirada de especies arbóreas.
Esta concellaría, no exercicio das súas funcións e facendo uso das facultades que lle confiren a lexislación vixente e a Resolución do 23 de xaneiro de 2024, emite a seguinte
RESOLUCIÓN:
De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que se ignora o lugar de notificación ou cando, tentada esta, non se poida realizar a notificación da comunicación por causas non imputables a esta administración, ponse de manifesto o incumprimento, por parte das persoas responsables que a continuación se indican, da súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:
|
Data da acta de inspección |
Ref. catastral |
Localización/polígono/parcela |
Persoa responsable |
|
2.6.2026 |
36055A04100613 |
Baldráns (Santiago), Tui, Pontevedra 041 00613 |
Descoñecida |
|
8.6.2026 |
36055A00300381 |
Ribadelouro (Santa Comba), Tui, Pontevedra 003 00381 |
José Lorenzo Rodríguez |
|
8.6.2026 |
36055A00300380 |
Ribadelouro (Santa Comba), Tui, Pontevedra 003 00380 |
Clara Martínez Calo |
|
8.6.2026 |
36055A00300368 |
Ribadelouro (Santa Comba), Tui, Pontevedra 003 00368 |
José Fernández Fernández |
|
8.6.2026 |
36055A00300367 |
Ribadelouro (Santa Comba), Tui, Pontevedra 003 00367 |
María Fernández Fernández |
|
8.6.2026 |
36055A00300366 |
Ribadelouro (Santa Comba), Tui, Pontevedra 003 00366 |
María Rodríguez Alonso |
|
8.6.2026 |
36055A00300362 |
Ribadelouro (Santa Comba), Tui, Pontevedra 003 00362 |
Primitiva Alonso |
|
8.6.2026 |
36055A00300360 |
Ribadelouro (Santa Comba), Tui, Pontevedra 030 00360 |
Descoñecida |
|
8.6.2026 |
36055A00300359 |
Ribadelouro (Santa Comba), Tui, Pontevedra 003 00359 |
Descoñecida |
|
8.6.2026 |
36055A00300357 |
Ribadelouro (Santa Comba), Tui, Pontevedra 003 00357 |
Descoñecida |
|
8.6.2026 |
36055A00300353 |
Ribadelouro (Santa Comba), Tui, Pontevedra 003 00353 |
Benito Míguez |
|
8.6.2026 |
36055A00300351 |
Ribadelouro (Santa Comba), Tui, Pontevedra 003 00351 |
José González Lemos |
|
8.6.2026 |
36055A00300342 |
Ribadelouro (Santa Comba), Tui, Pontevedra 003 00342 |
María del Carmen Alonso Martínez |
|
8.6.2026 |
36055A00300341 |
Ribadelouro (Santa Comba), Tui, Pontevedra 003 00341 |
Claudina Urceira Freiría |
|
8.6.2026 |
36055A00310337 |
Ribadelouro (Santa Comba), Tui, Pontevedra 003 10337 |
Luis Antonio Romero |
|
8.6.2026 |
36055A00300066 |
Ribadelouro (Santa Comba), Tui, Pontevedra 003 00066 |
Hermino López López |
|
9.6.2026 |
36055A00300372 |
Ribadelouro (Santa Comba), Tui, Pontevedra 003 00372 |
Descoñecida |
|
9.6.2026 |
36055A00300365 |
Ribadelouro (Santa Comba), Tui, Pontevedra 003 00365 |
Darío Freiría Lemos |
|
9.6.2026 |
36055A00300356 |
Ribadelouro (Santa Comba), Tui, Pontevedra 003 00356 |
Manuel Pereira González |
|
9.06.2026 |
36055A00300352 |
Ribadelouro (Santa Comba), Tui, Pontevedra 003 00352 |
María González Lemos |
|
9.6.2026 |
36055A00300068 |
Ribadelouro (Santa Comba), Tui, Pontevedra 003 00068 |
Descoñecida |
|
9.6.2026 |
36055A00300070 |
Ribadelouro (Santa Comba), Tui, Pontevedra 003 00070 |
Hros. Erminda González Lemos |
|
16.6.2026 |
36055A03500531 |
Baldráns (Santiago), Tui, Pontevedra 035 00531 |
Descoñecida |
|
16.6.2026 |
36055A03500517 |
Baldráns (Santiago), Tui, Pontevedra 035 00517 |
Ana Vogler Estévez |
|
30.6.2026 |
36055A04600212 |
Rebordáns (San Bartolomeu), Tui, Pontevedra 046 00212 |
Julián Iglesias |
|
9.7.2026 |
36055A03100448 |
Guillarei (San Mamede), Tui, Pontevedra 031 00448 |
Descoñecida |
|
9.7.2026 |
36055A03100318 |
Guillarei (San Mamede), Tui, Pontevedra 031 00318 |
Descoñecida |
|
9.7.2026 |
36055A03100323 |
Guillarei (San Mamede), Tui, Pontevedra 031 00323 |
Carlos Fernández Álvarez |
|
9.7.2026 |
36055A03100324 |
Guillarei (San Mamede), Tui, Pontevedra 031 00324 |
Saturnino Álvarez |
|
10.7.2026 |
36055A03100321 |
Guillarei (San Mamede), Tui, Pontevedra 031 00321 |
Descoñecida |
|
28.7.2026 |
36055A00400142 |
Ribadelouro (Santa Comba), Tui, Pontevedra 004 00142 |
Descoñecida |
|
5.8.2026 |
36055A03700423 |
Caldelas de Miño (San Martiño), Tui, Pontevedra 037 00423 |
Descoñecida |
|
5.8.2026 |
36055A07100056 |
Randufe (Santa María da Guía), Tui, Pontevedra 071 00056 |
Descoñecida |
|
5.8.2026 |
36055A03900554 |
Caldelas de Miño (San Martiño), Tui, Pontevedra 037 00423 |
Corina Suárez Ubiña |
|
19.8.2026 |
36055A05700419 |
Randufe (San María da Guía), Tui, Pontevedra 057 00419 |
Descoñecida |
|
19.8.2026 |
36055A05700334 |
Randufe (San María da Guía), Tui, Pontevedra 057 00334 |
Teresa Baz Fernández |
|
19.8.2026 |
36055A05700329 |
Randufe (San María da Guía), Tui, Pontevedra 057 00329 |
Hros. José Martínez González |
|
27.8.2026 |
36055A06800036 |
Malvas (Santiago), Tui, Pontevedra 068 00036 |
Descoñecida |
|
27.8.2026 |
36055A06800037 |
Malvas (Santiago), Tui, Pontevedra 068 00037 |
Vixilante de tractores de Tui |
|
17.8.2026 |
36055A00900121 |
Ribadelouro (Santa Comba), Tui, Pontevedra 009 00121 |
José Lorenzo López |
|
17.8.2026 |
36055A00900125 |
Ribadelouro (Santa Comba), Tui, Pontevedra 009 00125 |
Hros. Belarmino González Lorenzo |
|
17.8.2026 |
36055A00900050 |
Ribadelouro (Santa Comba), Tui, Pontevedra 009 00050 |
María del Carmen Rodríguez González |
|
17.8.2026 |
36055A00900119 |
Ribadelouro (Santa Comba), Tui, Pontevedra 009 00125 |
Descoñecida |
|
17.8.2026 |
36055A00900047 |
Ribadelouro (Santa Comba), Tui, Pontevedra 009 00047 |
María Concepción Guisande González |
|
26.8.2026 |
36055A06800034 |
Malvas (Santiago), Tui, Pontevedra 068 00034 |
Santiago Pérez Cerviño |
1º. En virtude do que antecede, comunícaselles que na acta de inspección de referencia se comprobou que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispoñen dun prazo máximo de quince (15) días naturais para o cumprimento voluntario e para xestionar a biomasa nas parcelas citadas, que se iniciará desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Lémbraselles ás persoas que resulten responsables consonte o artigo 21.ter que deben proceder á execución da xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas de xestión da biomasa, incluída, de ser o caso, a retirada de especies arbóreas, antes de que remate o mes de maio de cada ano. Ademais, no caso de persistiren no incumprimento, a obriga de xestión para os anos seguintes deberá estar completada antes do primeiro día de abril.
2º. Comunicar a obriga de poñer en coñecemento do Concello o inicio e a realización dos traballos de xestión. En ausencia da indicada comunicación, a Administración poderá considerar os traballos como non realizados mentres non conste proba en contrario.
3º. Advertirlles que, en caso de persistencia no incumprimento transcorrido o dito prazo, se poderán impoñer multas coercitivas reiteradas cada tres (3) meses, cuxa contía será de 900 euros por hectáreas de superficie de parcela non xestionada, ou a parte proporcional se a área for inferior, mentres persista o incumprimento, ou se poderá proceder á execución subsidiaria a través da realización, por parte da Administración, das actuacións materiais necesarias, con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas neste aspecto. En todo caso, a contía mínima que se vai impoñer por multa coercitiva será de 100 euros, con independencia das hectáreas que integren a superficie da parcela non xestionada, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da dita Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión da biomasa e de retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen o consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de mereceren a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.
4º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o inicio das actuacións materiais necesarias por parte da Aministración poderase verificar en calquera momento transcorrido o prazo máximo concedido, dentro dos catro anos posteriores, atendidas as súas posibilidades materiais e orzamentarias de actuación, sempre que se manteña o incumprimento. Procederase á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción desde o momento en que se verifique o incumprimento da obriga de xestión da biomasa nos prazos sinalados no artigo 22 da Lei 3/2007, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. A liquidación definitiva aprobarase unha vez finalizados os traballos de execución subsidiaria por parte da Administración actuante que desenvolva as actuacións materiais de execución subsidiaria, e serálle notificada á persoa responsable para o seu pagamento.
Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa:
|
Nº de expediente |
Ref. catastral |
ha afectadas por execución subsidiaria |
Estimación prezo por ha |
Liquidación provisional |
|
2026/36055A04100613 |
36055A04100613 |
0,013 |
874,91 € |
11,41 € |
|
2026/36055A00300381 |
36055A00300381 |
0,028 |
3545,82 € |
98,25 € |
|
2026/36055A00300380 |
36055A00300380 |
0,027 |
3545,82 € |
95,25 € |
|
2026/36055A00300368 |
36055A00300368 |
0,080 |
3545,82 € |
283,63 € |
|
2026/36055A00300367 |
36055A00300367 |
0,035 |
3545,82 € |
124,12 € |
|
2026/36055A00300366 |
36055A00300366 |
0,018 |
3545,82 € |
65,45 € |
|
2026/36055A00300362 |
36055A00300362 |
0,007 |
3545,82 € |
26,49 € |
|
2026/36055A00300360 |
36055A00300360 |
0,005 |
3545,82 € |
16,70 € |
|
2026/36055A00300359 |
36055A00300359 |
0,005 |
3545,82 € |
16,66 € |
|
2026/36055A00300357 |
36055A00300357 |
0,004 |
3545,82 € |
15,22 € |
|
2026/36055A00300353 |
36055A00300353 |
0,009 |
3545,82 € |
31,84 € |
|
2026/36055A00300351 |
36055A00300351 |
0,007 |
3545,82 € |
25,37 € |
|
2026/36055A00300342 |
36055A00300342 |
0,057 |
3545,82 € |
203,54 € |
|
2026/36055A00300341 |
36055A00300341 |
0,018 |
3545,82 € |
64,18 € |
|
2026/36055A00310337 |
36055A00310337 |
0,003 |
3545,82 € |
11,44 € |
|
2026/36055A00300066 |
36055A00300066 |
0,034 |
3545,82 € |
120,58 € |
|
2026/36055A00300372 |
36055A00300372 |
0,020 |
3545,82 € |
70,25 € |
|
2026/36055A00300365 |
36055A00300365 |
0,040 |
3545,82 € |
142,38 € |
|
2026/36055A00300356 |
36055A00300356 |
0,005 |
3545,82 € |
17,51 € |
|
2026/36055A00300352 |
36055A00300352 |
0,005 |
3545,82 € |
17,90 € |
|
2026/36055A00300068 |
36055A00300068 |
0,075 |
3545,82 € |
264,79 € |
|
2026/36055A00300070 |
36055A00300070 |
0,031 |
3545,82 € |
110,87 € |
|
2026/ 36055A03500531 |
36055A03500531 |
0,056 |
3545,82 € |
558,31 € |
|
2026/36055A03500517 |
36055A03500517 |
0,033 |
874,91 € |
28,89 € |
|
2026/36055A04600212 |
36055A04600212 |
0,071 |
874,91 € |
61,71 € |
|
2026/36054A03100448 |
36055A03100448 |
0,044 |
3545,82 € |
156,95 € |
|
2026/36055A03100318 |
36055A03100318 |
0,046 |
3545,82 € |
164,12 € |
|
2026/36055A03100323 |
36055A03100323 |
0,012 |
3545,82 € |
41,60 € |
|
2026/36055A03100324 |
36055A03100324 |
0,011 |
3545,82 € |
41,71 € |
|
2026/36055A03100321 |
36055A03100321 |
0,025 |
3545,82 € |
87,63 € |
|
2026/36055A00400142 |
36055A00400142 |
0,038 |
874,91 € |
33,03 € |
|
2026/36055A03700423 |
36055A03700423 |
0,209 |
3545,82 € |
742,25 € |
|
2026/36055A07100056 |
36055A07100056 |
0,098 |
3545,82 € |
348,76 € |
|
2026/36055A03900554 |
36055A03900554 |
0,032 |
874,91 € |
28,38 € |
|
2026/36055A05700419 |
36055A05700419 |
0,063 |
3545,82 € |
223,20 € |
|
2026/36055A05700334 |
36055A05700334 |
0,114 |
3545,82 € |
405,08 € |
|
2026/36055A05700329 |
36055A05700329 |
0,081 |
3545,82 € |
285,85 € |
|
2026/36055A06800036 |
36055A06800036 |
0,043 |
3545,82 € |
153,71 € |
|
2026/36055A06800037 |
36055A06800037 |
0,057 |
3545,82 € |
203,25 € |
|
2026/36055A00900121 |
36055A00900121 |
0,066 |
3545,82 € |
234,11 € |
|
2026/36055A00900125 |
36055A00900125 |
0,019 |
3545,82 € |
67,03 € |
|
2026/36055A00900050 |
36055A00900050 |
0,044 |
3545,82 € |
157,64 € |
|
2026/36055A00900119 |
36055A00900119 |
0,031 |
3545,82 € |
111,05 € |
|
2026/36055A00900047 |
36055A00900047 |
0,024 |
3545,82 € |
84,06 € |
|
2026/36055A06800034 |
36055A06800034 |
0,126 |
3545,82 € |
445,32 € |
5º. A falta de cumprimento das obrigas indicadas é constitutiva de infracción administrativa, polo que dará lugar ao comezo do procedemento sancionador que corresponda, no cal se poderán adoptar medidas de carácter provisional, consistentes en traballos preventivos de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas co obxectivo de evitar os incendios forestais e o comiso das indicadas especies, segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007.
Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):
1. Será competente para incoar o procedemento sancionador, para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal, a persoa titular do departamento territorial da consellería con competencias na materia de incendios forestais por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.
No caso das infraccións recollidas no artigo 50.2, números 1), 2) e 3), serán competentes para incoar o procedemento sancionador os servizos de inspección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística correspondentes por razón do territorio, de acordo coa súa estrutura orgánica.
2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados co disposto no número 1 na materia de incendios forestais:
a. A persoa titular do departamento territorial da consellería competente na materia de incendios forestais, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.
b. O órgano competente na materia de incendios forestais, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.
c. A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia na materia de incendios forestais, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.
d. No caso das infraccións recollidas no artigo 50.2, números 1), 2) e 3), será competente a persoa titular da dirección da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.
3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, será competencia do correspondente Concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves ou moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.
4. No caso das infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, a adhesión á Axencia para a Protección da Legalidade Urbanística producirá a atribución a esta das competencias sancionadoras dos municipios integrados, de acordo co que se estableza nos correspondentes convenios de adhesión. Estas competencias exerceranse por delegación, de acordo co establecido na lexislación aplicable á Axencia.
b) Cualificación da infracción: infracción leve (artigo 51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.
c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se pode impoñer no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).
d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.
6º. No caso de persistir no incumprimento, as obrigas de xestión para os anos seguintes deberá estar completada antes do primeiro día de abril.
7º. O texto íntegro da comunicación estará á disposición das persoas destinatarias na sede electrónica do Concello de Tui.
8º. Informar de que contra este acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, se poderán interpoñer os seguintes recursos en aplicación dos artigos 123 e 124 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro, artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e Lei orgánica 1/2025, do 2 de xaneiro, de medidas en materia de eficiencia do Servizo Público de Xustiza:
• Potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou o acordo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao desta notificación.
• Contencioso-Administrativo, ante a Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, se non se interpuxo o de reposición. Se se interpuxo este último, o prazo de dous meses empezará a contar desde o día seguinte ao da notificación da resolución do recurso de reposición, se esta for expresa. Se a resolución non for expresa, o prazo para interpor o recurso contencioso-administrativo será de seis meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza a desestimación por silencio administrativo.
• Calquera outro que xulgue conveniente baixo a súa responsabilidade.
9º. Dar traslado desta resolución ao Pleno corporativo na vindeira sesión que teña lugar».
Tui, 11 de setembro de 2026
O alcalde
P.D. (Acordo do 23.1.2024)
Ismael Diz Garrido
Concelleiro de Servizos Sociais e de Medio Ambiente
